Anuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
Liña 23:
 
== Ras e sapos ==
Os nomes «ra» e «sapo» referíanse nun principio ós dous tipos de anuros que aparecen na [[Península Ibérica]]: as ras típicas (as do xénero ''[[Ra]]''), e os sapos típicos (os do xénero ''[[Bufo]]''); pero na actualidade úsanse para outros grupos de forma indiscriminada e arbitraria. «Ra» adoita referirse ás especies máis gráciles, de pel húmida e lisa, boas saltadoras, e de hábitos acuáticos. «Sapo» fai referencia ás especies de pel máis seca e rugosa, máis robustas, menos áxiles e que acostuman habitar no chan húmido escavando galerías. Polo tanto, esta distinción entre ras e sapos non é unha discriminación que teña validez [[Taxonomía|taxonómica]].<ref>{{cita libro|autor= Arnold, E. N. e J. A. Burton|capítulo= |páxinas= 275|editorial= Ediciones Omega, S.A.|localiazaciónlugar= Barcelona|ano= 1978|título= Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y de Europa|isbn = 84-282-0488-8|volume= |cita =}}</ref>
 
== Alimentación e reprodución ==