Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11:
[[File:ManuelRivas.jpg|miniatura|Manuel Rivas.]]
 
OA fin da [[Franquismo|ditadura franquista]] e o comezo da [[Transición Española|Transición española]] marcaron esta época, propiciando o nacemento dunha nova etapa e a chegada do aperturismo e a innovación. Un tempo moi marcado pola política e a recuperación das liberdades. Naqueles anos, concretamente a partir de [[1975]], xusto no esmorecer da [[Franquismo|ditadura]], apareceron moitos colectivos poéticos que foron unha inspiración para outras manifestacións culturais da época, ademais de partícipes da recuperación cultural. Podemos mencionar, ademais de Loia, grupos como [[Colectivo Alén|Alén]], [[Cravo Fondo|Cravo Fondo]] e [[Grupo Rompente|Rompente]].
 
Podemos destacar o [[Grupo Rompente]], que gardaba semellanzas con Loia nos seus obxectivos, actitude e posición ideolóxica. Compartían tamén o interese por autores da vangarda, poetas bohemios, teóricos revolucionarios e poetas galegos como [[Manuel Antonio]]. Os dous grupos tiñan diferenzas, mais asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos. Caracterizábanse por crear unha estética propia, dando moita importancia ao aspecto visual, mediante a autoedición das súas publicacións.
Liña 24:
''Loia'' foi o primeiro dos ''fanzines'' e revistas nos que participarían, por exemplo, [[Manuel Rivas]] e [[Xosé Manuel Pereiro]], que despois formarían parte de publicacións como [[La Naval|''La Naval'']], [[Revista Bravú|''Bravú'']] ou [[Luzes de Galiza|''Luzes de Galiza'']]. Varios integrantes do grupo, como [[Manuel Rivas|Rivas]] ou [[Lois Pereiro]], publicaron nesta revista as súas primeiras composicións.
 
Nos anos setenta xurdiu un considerableconsiderábel número de publicacións como vía de difusión dunha produción lírica emerxente, como [[Coordenadas (revista)|''Coordenadas'']] e [[Dorna (revista)|''Dorna'']], acollendo a novas voces dentro da poesía galega. ''Loia'' destaca por ter a súa sede fóra do territorio galego, constituíndose como un referente para a mocidade galega que vivía en Madrid.
 
A pesar da modestia propia deste tipo de publicacións e da escaseza dos seus recursos, o deseño e as artes plásticas tiñan especial importancia en ''Loia'', incluíndo, ademais de composicións literarias, formas como o cómic, a colaxe, o grafito, fotografías, debuxos en branco e negro e ilustracións. Tentaban crear unha mensaxe nova, oposta aos versos sobre fondo branco dos libros de poesía.
 
A respecto dasdo laborestraballo dos principais membros do grupo na revista, o papel de cada un deles estableceuse, en xeral, da seguinte forma. [[Xosé Manuel Pereiro]] e [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]] eran os encargados do deseño. [[Xosé Manuel Pereiro]], ademais, realizaba un importante labor de organización e era o principal responsábel da maquetación. Por outra banda, [[Manuel Rivas]] era semellante a un director, propoñendo as colaboracións, e, xunto con [[Lois Pereiro]], encargábase dado labor poéticapoético.
 
[[File:Lois Pereiro.jpg|miniatura|Lois Pereiro.]]
Liña 47:
* ''[[Enciclopedia Galega Universal]]''. Vigo, Ir indo, 1999-
* Gran Enciclopedia Galega
* Rodríguez Iglesias, F. (ed.): ''Galicia. Literatura''. A Coruña, [[Hércules de Ediciones[[, 2000- (6 vols.)
* Vilavedra, Dolores (coord.): ''Diccionario da Literatura Galega'', Vigo, Galaxia, 1995-2000 (3 vols.)
* Lopo, Antón: ''A palabra exacta: Biografía de Lois Pereiro'', Vigo, Galaxia, 2011