Evolución converxente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m Bot: Cambio o modelo: Cite book
Liña 9:
| texto2 = ''[[Astrophytum]]''| posición_texto2 = centro
}}
A '''evolución converxente''', '''converxencia evolutiva''' ou '''converxencia''' é o tipo de evolución que fai que se orixinen de forma independente características similares en especies de diferentes liñaxes.<ref name="Reece et al">{{citeCita booklibro|last=Reece, J, Meyers, N, Urry, L, Cain, M, Wasserman, S, Minorsky, P, Jackson, R, Cooke, B, |title=Cambell Biology, 9th Edition|publisher=Pearson|isbn=9781442531765|pages=472}}</ref>
 
As ás son un clásico exemplo de evolución converxente. Nos insectos voadores, aves e morcegos evolucionou a capacidade de voar independentemente e desenvolveron ás. Estes animais "converxeron" neste útil trazo ou característica.
Liña 15:
Os antepasados das aves e dos morcegos eran cuadrúpedes terrestres, e en cada un deles evolucionou independentemente o voo batente por medio de adaptacións das súas extremidades anteriores. Aínda que as adaptacións de ambas as extremidades teñen superficialmente "forma de á", teñen unha construción diferente (deixando á parte a súa estrutura xeral de extremidade de vertebrado, que é homóloga). A á de morcego é unha membrana que se estende entre os seus catro dedos ''extremadamente'' alongados e o corpo, mentres que o plano aerodinámico da á das aves está feito de plumas, que están fortemente unidas ao antebrazo (a ulna) e aos ósos fusionados do pulso e man (o carpometacarpo), onde só quedan os restos de dous dedos moi acortados, cada un dos cales leva unha soa pluma. Tanto os morcegos como as aves mantiveron o polegar para funcións especializadas. Xa que logo, aínda que as ás das aves e morcegos son funcionalmente converxentes, non son anatomicamente converxentes en detalle.
 
Os trazos que se orixinan por evolución converxente denomínanse estruturas [[analoxía (bioloxía)|análogas]], a diferenza das estruturas [[homoloxía (bioloxía)|homoólogas]], que teñen unha orixe común, pero non necesariamente a mesma función.<ref name="Reece et al" /> As ás dun [[Pterosauria|pterosauro]] e as dun morcego son exemplos de estruturas análogas, mentres que a á dun morcego, a aleta anterior dunha [[balea]] e o brazo humano son estruturas homólogas, xa que comparten un estado ancestral a pesar de que se utilizan para diferentes funcións. As características similares compartidas entre especies procedentes de diferentes antepasados como resultado de evolución converxente denomínanse '''homoplasias'''.<ref name="Lomolino et al">{{citeCita booklibro|last=Lomolino, M, Riddle, B, Whittaker, R, Brown, J|title=Biogeography, Fourth Edition|publisher=Sinauer Associates, Inc.|isbn=978-0-878-93-494-2|pages=426}}</ref>
O oposto da evolución converxente é a [[evolución diverxente]], na cal especies emparentadas inicialmente similares evolucionan dando lugar a diferentes trazos. A nivel molecular, isto pode ocorrer debido a mutacións aleatorias non relacionadas con cambios adaptativos; ver [[atracción da ramas longas]].
A evolución converxente é similar, pero non igual, ao fenómeno da [[evolución paralela]]. A evolución paralela occorre cando dúas especies independentes pero similares evolucionan na mesma dirección e así adquiren independentemente características similares, por exemplo as ras planeadoras evolucionaron en paralelo con diversos tipos de ras arborícolas.
 
== Causas ==
As semellanzas tamén se poden orixinar se os organismos ocupan [[nicho ecolóxico|nichos ecolóxicos]] similares, é dicir, unha mesma forma de vida.<ref>[http://www.emc.maricopa.edu/faculty/farabee/BIOBK/BioBookglossC.html Online Biology Glossary].</ref> Unha comparación clásica é a da fauna [[marsupial]] de [[Australia]] e a fauna de mamíferos [[placentarios]] do resto do mundo. As dúas liñaxes son [[clado]]s, xa que cada un deles comparte un antepasado común que pertence ao seu propio grupo, e están máis relacionados cos do seu grupo que con calquera outro clado, pero en ambos os clados evolucionaron formas moi similares.<ref name=SCM2005>{{CiteCita booklibro
| last = Conway Morris | first = Simon
| year = 2005
Liña 30:
| publisher = Cambridge University Press
| postscript = <!--None-->
}}</ref> Moitos plans corporais evolucionaron igual independentemente nos dous clados, por exemplo os que vivían como escavadores de túneles orixinaron toupas de placentarios e toupas de marsupiais, ou igual cos esquíos voadores, felinos dentes de sabre (xa extinguidos en ambos os clados) etc.<ref>{{CiteCita booklibro | accessdate = 2009-03-07 | url = http://cas.bellarmine.edu/tietjen/Evolution/convergent_evolution_examples.htm | title = The Spider Lab: The Internet's True Web Page | chapter = Convergent Evolution Examples – Ecological Equivalents | publisher = Bellarmine University Department of Biology | location = Louisville, KY, USA | last = Tietjen | postscript = <!--None--> | first = William J}}</ref>
 
== Distinción coa re-evolución ==
Liña 51:
Cando os descendentes das dúas liñaxes son similares nun desterminado aspecto, a evolución defínese como paralela se os antepasados considerados desas liñaxes eran tamén similares, e como converxente se non o eran.
 
Cando as formas ancestrais non están especificadas ou son descoñecidas, ou o conxunto de trazos considerado non está claramente especificado, a distinción entre evolución converxente e paralela é máis subxectiva. Por exemplo, o caso das formas de mamíferos placentarios e marsupiais é descrita por [[Richard Dawkins]] no seu libro ''[[The Blind Watchmaker]]'' como un caso de evolución converxente,<ref>{{citeCita booklibro| last = Dawkins| first = Richard| authorlink = Richard Dawkins| year= 1986| title = [[The Blind Watchmaker]]| publisher = W. W. Norton & Company, Inc.| isbn = 0-393-31570-3| pages=100–106|ref=harv}}</ref> porque os mamíferos de cada continente tiñan unha historia evolutiva longa antes da extinción dos [[dinosauro]]s na que acumular diferenzas relevantes. [[Stephen Jay Gould]] describe moitos dos mesmos exemplos como evolución paralela empezando desde o antepasado común de todos os marsupiais e placentarios. Moitas semellanzas que evolucionaron poden describirse en concepto como evolución paralela a partir dun antepasado remoto, coa excepción das estruturas bastante diferentes que son utilizadas para unha función similar. Por exemplo, consideremos a especie ''[[Mixotricha paradoxa]]'', un microbio que presenta un sistema de remos que parecen [[cilio]]s e [[corpo basal|corpos basais]] que lembran aos dos [[ciliados]], pero que en realidade son pequenos microorgsanismos [[simbiose|simbiontes]], ou as colas con diferente orientación que teñen os peixes e as baleas. Polo contrario, calquera caso no que dúas liñaxes non evolucionan xuntas ao mesmo tempo no mesmo ecoespazo poderían describirse como evolución converxente nalgún momento no tempo.
 
A definición dun trazo é fundamental para decidir se o cambio se considera diverxente, paralelo ou converxente. Na imaxe superior, pode verse como os aminoácidos [[serina]] e [[treonina]] posúen estruturas similares (ambas teñen unha cadea lateral cun grupo alcohol), e o exemplo indicado como ''"diverxente"'' denominaríase ''"paralelo"'' se os aminoácidos fosen agrupados pola súa semellanza nas cadeas laterais en vez de ser considerados por separado. Outro exemplo é que se os xenes de dúas especies de forma independente quedan restrinxidos á mesma rexión por medio da regulación realizada por certo [[factor de transcrición]], isto pode describirse como un caso de evolución paralela, pero o exame da [[secuencia de ADN]] real probablemente mostrará só cambios diverxentes en posicións de [[par de bases|pares de bases]] individuais, xa que pode engadirse un novo sitio de unión para o factor de transcrición en moitos lugares dentro do xene cun efecto similar.