Amiloplasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
m Bot: Cambio o modelo: Cite book
Liña 1:
[[Ficheiro:Potato - Amyloplasts.jpg|dereita|miniatura|Amiloplastos nunha célula de pataca.]]
[[Ficheiro:Plastids types es.svg|miniatura|dereita|Tipos de plastos]]
Os '''amiloplastos''' son un tipo de [[plasto]]s non pigmentados que se atopa nalgunhas [[célula vexetal|células vexetais]]. Estes [[orgánulo]]s son responsables da fabricación e almacenamento de gránulos [[amidón]], por medio da [[polímero|polimerización]] da [[glicosa]] orixinada na fotosíntese, que chega ao orgánulo procedente dos cloroplastos das partes verdes da planta.<ref name=wise>{{citeCita booklibro|last=Wise|first=Robert|título=The Diversity of Plastid Form and Function|publisher=Springer|date=2007|chapter=1|url=http://www.springerlink.com/index/qp032630631337u6.pdf}}</ref> Os amiloplastos tamén [[hidrólise|hidrolizan]] este amidón de novo en azucre cando a planta precisa enerxía. Son moi abundantes os amiloplastos en tecidos de almacenamento como [[tubérculo]]s, como é o caso da pataca, [[cotiledón]]s das sementes, [[endospermo]] de froitos, e en células dos [[meristemos]] e células da [[pilorriza]] ou [[caliptra]] da raíz asociadas co [[gravitropismo|xeotropismo]] ou [[xeotropismo|gravitropismo]].
 
Os amiloplastos son [[plasto]]s do grupo dos [[leucoplasto]]s (incoloros, sen [[pigmento]]s). Os plastos son un tipo especializado de orgánulos que posúen o seu propio xenoma e pénsase que descenden de [[cianobacterias]], que estableceron unha relación de [[endosimbiose]] cunha [[célula eucariota]].