Benás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Huesca» pola categoría «Concellos da provincia de Huesca».
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 4:
 
 
== Xeografía ==
Localízase a 1.1401140 metros sobre o nivel do mar, xunto ó [[río Ésera]]. É centro neurálxico do [[Val de Benás]], chamado tamén o "Val Escondido", e municipio destacado da comarca, onde sobresae polos seus valores paisaxísticos e naturalistas, dado que aquí se atopa o [[Parque Natural Posets-Maladeta]] e o [[pico Aneto]].
 
No seu termo municipal, que abarca 233,17 km², atópanse os belos pobos de [[Cerler-Sarllé]] e [[Anciles-Ansils]], o primeiro deles tamén famoso polas súas pistas de esquí.
 
A súa poboación é de 2.0252025 habitantes (2004) e o seu xentilicio: benasqués.
 
Filoloxicamente é coñecido por ser o lugar de encontro do [[Lingua catalá|catalán]] e do [[aragonés]] e falarse un dialecto de transición chamado [[patués]].
Liña 15:
Tradicionalmente ten estado moi illada tanto de [[Francia]] como do resto de [[Aragón]] (incluso máis). Pensemos que antes da construción do congosto de ventamillo (en torno a 1916), chegar até [[Graus]] costaba un día de viaxe, que unicamente se podía facer andando ou sobre cabalerías. A viaxe a [[Bagnères de Luchón]] costaba (e segue a costar) máis de 10 horas.
 
== Historia ==
Probablemente fundada polos [[Imperio Romano|romanos]], que construíron os primeiros baños de auga sulfurosa na súa actual situación, aínda que este feito non está documentado. A referencia documental máis antiga, o Rótulo de Benás, data de [[1006]] a [[1018]]. Dende o [[século XI]] pertenceu ó [[Condado de Ribagorza]], parte do [[Reino de Aragón]]. Situado nun alto ó norte da vila, existía dende o [[século XIII]] un castelo que foi mandado demoler por Real Decreto en [[1858]].
 
Liña 22:
Durante a [[Guerra Civil española]], un incendio destruíu boa parte da vila. En [[1939]] o porto de Benás foi testemuña dunha dura travesía de [[Segunda República Española|republicanos]] que fuxían a Francia.
 
A poboación sufriu variacións na historia, alcanzando un máximo en 1870 (1.7501750 habitantes) e un mínimo en 1970 (574 habitantes). Xa no [[século XXI]] se volveu acadar un novo máximo.
 
== Economía ==
Aínda que a economía xirou tradicionalmente en torno á gandería e en menor medida á agricultura e silvicultura, nas últimas décadas estas actividades practicamente desapareceron, pasando a ser o turismo a actividade central.
 
Liña 31:
A creación e expansión da estación de esquí de Cerler, así como o crecente turismo de montaña teñen impulsada a construción de numerosos hoteis, edificios de apartamentos, restaurantes, comercios e demais establecementos relacionados.
 
== Eventos ==
Festas patronais en honor de [[San Marcial]] que se celebran o [[30 de xuño]]. Cerler celébraas o [[10 de agosto]] ([[San Lourenzo]]) e o [[29 de abril]] ([[San Pedro Mártir]]). Anciles faino o [[29 de xuño]] ([[Pedro, papa|San Pedro]]).
 
Liña 38:
Desde [[1981]] celébrase tódolos veráns o Torneo "Open Internacional de Xadrez Vila de Benás"
 
== Vëxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cerler.es Web Benasque Cerler]
 
{{Concellos de Huesca}}