Gales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 28:
| fronteiras =
| costas =
| poboación = 2. 958. 600 (est. [[2005]])
| poboación_posto =
| poboación_densidade =
Liña 74:
País de Gales foi anexionada polo acto de [[1535]] do País de Gales, no reinado de [[Henrique VIII de Inglaterra]], o cal era en parte de ascendencia Galés. A acta de Berwick de [[1746]] establece que todas as leis que se aplicasen a [[Inglaterra]] aplicaríanse automaticamente a País de Gales (e a Berwick, unha cidade situada na fronteira Anglo-Escocesa) a menos que a lei o indicara explicitamente doutra forma.
 
A comezos do [[século XIX]] industrializáronse varias zonas de País de Gales. As minas de carbón do norte atraeron moita man de obra. A metalurxia instalouse nos vales que se atopan ó sur das montañas Brecon Beacons, particularmente arredor da nova cidade de Merthyr Tydfil, coa produción de ferro separándose máis adiante cara o oeste dos hinterlands de Neath e de Swansea onde xa se extraía carbón de antracita. Da década de [[1840]] a explotación de carbón estendeuse ós vales de Aberdare e de Rhondda. Isto levou a un aumento rápido na poboación destas áreas. En [[1801]] sobre 587.000 persoas vivían no País de Gales; antes de [[1901]], a poboación aumentara a 2. 012. 000. As subidas máis significativas ocorreron nos condados industriais - Denbigh, Flint, Monmouth e Glamorgan. Este século presenciou a transición dunha sociedade predominantemente rural (arredor do 80% vivía fóra das áreas urbanas en [[1800]]) a unha sociedade industrializada e urbanizada en grande parte(en [[1911]], soamente o 20% vivía en áreas non-urbanas).
 
=== Renacemento nacionalista ===
Liña 84:
O País de Gales é unha nación de moi variadas paisaxes e de climas similares a doutros territorios lindeiros co [[Océano Atlántico]].
 
A paisaxe do Norte é un mosaico de bosques variados, outeiros, lagoas e vales de ríos que desembocan formando pequenos deltas e baías. Ocupado por uns 650.000 habitantes situados en pequenas cidades coma [[Wrexham]], o norte galés destaca, amais, polo accidentado dalgúns dos seus cantís e por contar cunha grande illa, a [[Illa de Anglesey]]. A zona central está cuberta por pequenos outeiros ondulantes, vales remotos, portos de montaña, bosques (principalmente soutos e carballeiras) e amplas baías con pequenos pobos mariñeiros. Nela aséntanse 250.000 habitantes e tradicionalmente non posuíu un centro de poboación ou unha pequena cidade que fose a cabeza clara da rexión, máis nas últimas décadas a cidade de [[Aberystwyth]] comezou a despuntar na zona central grazas, sobre todo, ao comercio e ás actividades relacionadas coa [[Universidade de Gales]]. O sur de Gales é a zona máis importante do país en todo: é superior ás máis en poboación, extensión, puxanza económica etc... e amais nela atópase a capital do país, [[Cardiff]]. Ocupa o espazo comprendido entre a fronteira con Inglaterra en Bristol até ás praias do condado de Pembrokeshire, pasando polo frondoso val do [[río Wye]] ou pola península [[Gower]]. Conta cunha poboación total que excede os 2. 000. 000 de habitantes asentada en cidades ou pequenas cidades coma [[Cardiff]] (a capital de Gales), [[Swansea]], [[Newport]], [[Llanelli]], [[Carmarthen]], [[Tenby]] e [[Pembroke]] e todas as pequenas e medianas vilas que as rodean.
[[Ficheiro:Pen y Fan from Cribyn.jpg|miniatura|dereita|350px|Montañas de Gales]]
O País de Gales e un país con ricos recursos naturais que as autoridades apostaron por preservar coa creación duns 3 parques nacionais que actualmente ocupan un 20% da superficie total de Gales: O Parque Natural dos [[Brecon Breacons]], o Parque Natural de [[Pembrokeshire Coast Natural Park]] e por último o Parque Natural dos Montes Cambrianos ou [[National Snowdonia Natural Park]]. O primeiro está formado fundamentalmente por espidos outeiros, montes escarpados, mesetas outas, gargantas rochosas e varias fervenzas e lagoas que son famosas en todo o Reino Unido coma a [[Fervenza de Ystradfellte]]. Amais os [[Brecon Breacons]] está salpicado por multidude de castelos e ruínas doutros asentamentos antigos e os seus vales teñen unha ampla tradición literaria. Está considerado polos expertos como o mellor lugar do mundo para a práctica do [[trekking]]. Atópase no suloeste.
Liña 153:
== Datos demográficos ==
=== Datos demográficos para Gales (Censo 2001) ===
* Poboación: 2. 903. 085 (1. 403. 782 homes e 1. 499. 309 mulleres)
 
=== Porcentaxe de poboación segundo o seu lugar de nacemento ===