Batalla de Verdún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 12:
[[Ficheiro:Flag of the German Empire.svg|20px]] [[Imperio Alemán]]
|soldados1 =
30. 000 ao inicio
|soldados2 =
150. 000 ao inicio
|baixas1 =
542. 000 aproximadamente, das cales 163. 000 morreron.
|baixas2 =
434. 000, das cales 143. 000 morreron.
}}
A '''batalla de Verdún''' foi unha [[batalla]] da [[Primeira Guerra Mundial]] producida en 1916 na [[Fronte occidental da Primeira Guerra Mundial|fronte occidental]]. Constituíu unha das meirandes batallas da guerra e da historia. Durou dende o 21 de febreiro de 1916 ata o 18 de decembro do mesmo ano. Produciuse nun terreo montañoso ao norte da cidade de [[Verdun-sur-Meuse]], no nordeste de [[Francia]]. Dende o punto de vista francés, foi unha vitoria decisiva que freou as aspiracións alemás de romper a fronte e avanzar cara [[París]]. Dende o punto de vista [[Imperio Alemán|alemán]] incumpríronse os dous obxectivos perseguidos: non se puido tomar a cidade gala e as baixas xermanas foron de similares ás francesas.
Liña 53:
O 25 de febreiro Petain tomou a decisión de cambiar as liñas defensivas. Solicitou reforzos inmediatos e masivos. Reforzáronse as estruturas defensivas principais e desprazáronse divisións dende outros puntos da fronte. O 20º Corpo francés ocupou posicións ao nordeste de Verdún, para poder iniciar contraataques fronte os flancos alemáns.
 
O 29 de febreiro os alemáns reiniciaron o ataque na cidade de Douamont, pero non apenas puideron avanzar fronte á obstinada defensa francesa por parte do 33º reximento de infantería. No transcurso do combate foi capturado [[Charles de Gaulle]], neste momento ao mando dunha compañía. A resistencia freou o avance alemán, permitindo a chegada de 90. 000 homes e 23. 000 toneladas de material bélico por vía ferroviaria, na que se coñecería coma vía sagrada. Nos seguintes días o avance alemán seguiu freándose debido aos bombardeos, que converteran toda a área nun inmenso lodazal, no que avanzar era moi custoso. O 2 de marzo, os exércitos alemáns tomaron Douamont perdendo uns 2000 homes. O V Exército alemán viuse moi afectado, resultando case perdidos 4 rexementos de infantería.
 
O avance frontal volveuse imposible, e os alemáns optaron por atacar ambos flancos. O 6 de marzo atacaron os outeiros de Le Mort Homme e o outeiro 304 o 20. Le Mort Homme foi tomado, despois perdido fronte a un contrataque francés e finalmente ocupado por segunda vez o día 9. Durante o avance cara estas dúas formacións os alemáns tomaron as vilas de Cumières e Chattancourt.
 
==== Maio - Xuño 1916 ====
En maio de 1916 [[Francia]] intentou recapturar Fort Douamont empregando tres divisións de infantería, apoiados por 300 metralladoras e morteiros de 150 e 300 mm. O asalto iniciouse o 22 de maio tras un bombardeo masivo de artillaría, resultando en fracaso. Os franceses só puideron ocupar esta formación durante 12 horas. Días máis tarde as tropas alemás desprazáronse dende o flanco esquerdo en Le Mort Homme e o outeiro 304 cara o flanco dereito, en direción a Fort Vaux. O 1 de xuño, 10. 000 soldados de asalto alemáns atacaron Fort Vaux, tomando o día seguinte a parte exterior. No interior do forte seguiron os combates, corredor por corredor, ata o 7 de xuño, cando os defensores quedaron sen auga.
 
== Xuño - Xullo 1916 ==
Cara mediados de xuño, os alemáns decidiron atacar a beira dereita do [[río Meuse]], premendo os franceses en dirección á vila de Verdún. O 21 de xuño, 60. 000 soldados alemáns tomaron Thiaumont e Fleury. Restaba só unha última liña defensiva, constituída por Fort Souville. Para preparar o ataque, bombardeouse a posición con proxectís de gas velenoso. Foi ineficaz porque no forte existían máscaras antigás suficientes. O asalto iniciouse por dous lados. No esquerdo apenas se puido avanzar por mor das metralladoras francesas. No lado dereito, un pequeno grupo puido avanzar, pero quedou illado e tivo que retirarse ás liñas iniciais. Este sería o punto onde [[Francia]] aguantaría o ataque alemán en Verdún, sendo detido todo o avance alemán.
 
O 1 de xullo, un combinado anglo-francés atacou no [[río Somme]], e os alemáns tiveron que desprazar artillaría e soldados cara a nova batalla. Non se produciron máis avances xermanos en Verdún.
Liña 75:
O obxectivo alemán non foi conseguido, xa que, a pesar de que as baixas francesas foron moi elevadas, non foron moi inferiores as xermanas.
 
As baixas francesas estimáronse en 371. 000 homes, dos cales 60. 000 morreron, 101. 000 desapareceron e 210. 000 resultaron feridos. Os alemáns sufriron 337. 000 baixas en total. Calcúlase que aproximadamente o 70% faleceron a causa da artillaría.
 
[[Categoría:Batallas da Primeira Guerra Mundial]]