Victor Young: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de en.wiki
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 24:
Young naceu nunha familia de músicos, pois o seu pai foi membro da compañía de ópera de Joseph Sheehan. Comezou a tocar o violín aos seis anos e mandárono a [[Polonia]] con dez anos para quedar co seu avó e estudar no Conservatorio Imperial de Varsovia. Estudou piano con [[Isidor Philipp]] en París e sendo un adolescente iniciou unha carreira como violinista de concertos coa Filharmónica de Varsovia.
 
En [[San Petersburgo]] coñeceu o [[Nicolao II de Rusia|zartsar Nicolao]], que quedou tan impresionado que lle deu moitos regalos, mais o seu éxito acabou coa revolución. Foi perseguido polos bolxeviques, e foi condenado a morte. Tras unha fuxida chegou a Varsovia, logo a París e por fin aos Estados Unidos.<ref>[http://flps.newberry.org/article/5423972_4_1_1613 "A New Jewish Violin Genius"], ''Daily Jewish Courier'', 14 de outubro de 1920.</ref>
 
Volveu a Chicago en 1920 e uniuse á orquestra do Central Park Casino. Marchou logo aos Ánxeles coa súa moza polaca, atopando traballo como violinista para [[Sid Grauman]] e logo con Paramount-Publix Theatres. Tras volver a Chicago volveu a Hollywood a mediados da década de 1930 onde se concentrou no seu traballo cinematográfico e compoñendo para cantantes populares como [[Bing Crosby]]. Entre as súas cancións destacaron "When I Fall In Love", "Moonlight Serenade (Summer Love)" e "My Foolish Heart".