Núcleo celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 204:
Ao ser a mellor característica que define a célula eucariota, a orixge evolutiva do núcleo foi obxecto de moita especulación. Entre as teorías propostas, pódense considerar catro como as principais, aínda que ningunha delas encontrou un amplo apoio.<ref name="Pennisi">{{cita publicación | autor = Pennisi E.| título = Evolutionary biology. The birth of the nucleus | doi = 10.1126/science.305.5685.766| publicación = Science | volume = 305 | número =5685 | páxinas = 766–768 | ano =2004 | pmid = 15297641}}</ref>
 
A teoría coñecida como "modelo sintrófico" propón que unha relación [[simbiose|simbiótica]] entre [[archaea|arqueas]] e [[bacteria]]s creou a primeira célula eucariota nucleada (ver [[eucarioxénese]]). Suponse que a simbiose tivo lugar cando unha arquea antiga similar aos actuais [[metanóxeno]]s foi invadida e parasitada por bacterias similares ás actuais ''[[mixobacterias]]'', formando finalmente o núcleo primitivo. Esta teoría é análoga á teoría aceptada da orixe das [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s eucariotas, dos que se pensa que se orixinaron por unha relación endosimbionte similar entre protoeucariotas e bacterias aerobias.<ref name="Margulis">{{cita libro | autor= Margulis, Lynn | ano= 1981 | título= Symbiosis in Cell Evolution | páxinas=206–227 | editor= W. H. Freeman and Company | localización=San Francisco | isbn = 0-7167-1256-3}}</ref> A orixe arqueana do núcleo está apoiada pola circunstancia de que tanto arqueas coma eucariotas teñen xenes similares en certas proteínas, incluíndo as [[histona]]s. Ao observarmos que as mixobacterias son móbiles, poden formar complexos multicelulares e posúen [[proteína G|proteínas G]] similares ás de eucariotas, tamén podemos aceptar unha orixe bacteriana da célula eucariota.<ref name="Lopez-Garcia">{{cita publicación | autor = Lopez-Garcia P, Moreira D. | título = Selective forces for the origin of the eukaryotic nucleus | doi = 10.1002/bies.20413| publicación = Bioessays | volume = 28 | número =5 | páxinas = 525–533 | ano =2006 | pmid = 16615090}}</ref>
 
Un segundo modelo propón que as células protoeucariotas evolucionaron a partir de bacterias sen que se dera un estadio simbionte. Este modelo baséase na existencia dunha bacteria moderna pertencente ao filo das ''[[planctomycetesPlanctomycetes]]'' que posúen unha estrutura nuclear con poros primitivos e outras estruturas compartimentalizadas por membrana.<ref name="Fuerst">{{cita publicación | autor =Fuerst JA. | título = Intracellular compartmentation in planctomycetes | publicación = Annu Rev Microbiol. | volume = 59 | número = | páxinas = 299–328 | ano =2005 | pmid = 15910279 | doi = 10.1146/annurev.micro.59.030804.121258 }}</ref> Unha proposta similar establece que unha célula similar á eucariota, o [[eucarioxénese|cronocito]], apareceu en primeiro lugar, e posteriormente [[fagocitose|fagocitou]] arqueas e bacterias para dar lugar ao núcleo e á célula eucariota.<ref name="Hartman">{{cita publicación | autor =Hartman H, Fedorov A. | título = The origin of the eukaryotic cell: a genomic investigation | doi = 10.1073/pnas.032658599| publicación = Proc Natl Acad Sci U S A. | volume = 99 | número =3 | páxinas = 1420–1425 | ano =2002 | pmid = 11805300 }}</ref>
 
O modelo máis controvertido, coñecido como ''[[eucarioxénese viral]]'' afirma que moitas características da célula eucariota, como a presenza dun núcleo que se continúa coa membrana, surxiron pola infección dun devanceiro procariota por un virus. Isto está suxerido baseándose en similitudes entre eucariotas e virus como as cadeas lineais de ADN, o procesamento "caping" do extremo 5' do ARNm e a forte unión a proteínas do ADN (facendo ás histonas análogas da [[envoltura vírica]]). Unha versión desta proposta suxire que o núcleo evolucionou concertadamente coa fagocitose para dar lugar a un ''[[depredación|depredador]]'' celular primitivo.<ref name="Bell">Bell PJ. (2001). "Viral eukaryogenesis: was the ancestor of the nucleus a complex DNA virus?" ''J Mol Biol'' Sep;53(3):251–256. PMID 11523012</ref> Outra variante propón que os eucariotas se orixinaron de arqueas primitivas infectadas por [[poxvirus]], baseándose na semellanza das modernas [[ADN polimerase]]s entre estes e os eucariotas.<ref name="Takemura">Takemura M. (2001). Poxviruses and the origin of the eukaryotic nucleus. ''J Mol Evol'' 52(5):419–425. PMID 11443345 </ref><ref name="Villareal">{{cita publicación | autor = Villarreal L, DeFilippis V | título = A hypothesis for DNA viruses as the origin of eukaryotic replication proteins | doi = 10.1128/JVI.74.15.7079-7084.2000| publicación = J Virol | volume = 74 | número = 15 | páxinas = 7079–7084 | ano = 2000 | pmid = 10888648}}</ref> Tense suxerido tamén que a cuestión non resolta da evolución da sexualidade puido estar relacionada coa hipótese da eucarioxénese viral.<ref name="Bell2">{{cita publicación | autor=Bell PJ |ano=2006 |título=Sex and the eukaryotic cell cycle is consistent with a viral ancestry for the eukaryotic nucleus |publicación=J Theor Biol |data=7 de novembro de 2006 |volume=243|número=1|páxinas=54–63 |pmid=16846615}}</ref>