Mosteiro de Santa María de Oseira: Diferenzas entre revisións

edificio relixioso en Oseira, no concello de San Cristovo de Cea
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Mosteiro de Oseira''' é un mosteiro situado no concello de San Cristovo de Cea, de fundación bieita, coñécese da súa existencia desde 1137, pero aos poucos anos conve...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de abril de 2007 ás 16:54

O Mosteiro de Oseira é un mosteiro situado no concello de San Cristovo de Cea, de fundación bieita, coñécese da súa existencia desde 1137, pero aos poucos anos converteuse nun mosteiro dependente da Orde do Císter e en 1141 estableceuse unha colonia de monxes franceses enviados por San Bernardo. A igrexa abacial, construída entre 1200 e 1239 aproximadamente, considérase unha das obras cume da arquitectura cisterciense da Península Ibérica, cun característico estilo románico oxival, e está claramente influenciada polas igrexas de peregrinación. A sala capitular do mosteiro data de fins do século XV e está sustentada por catro columnas centrais de fustes torsos rematando nunha orixinal bóveda.

Detalle do interior do Mosteiro de Oseira

En 1835 como consecuencia da desamortización de Mendizábal os freires deixaron o convento, que quedou totalmente abandonado propiciando o expolio do lugar, os monxes volveron de novo en 1929 comenzando a súa reconstrución.