Tombo de Caaveiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
 
O ''Tombo de Caaverio'' contén os seguintes documentos:
# Un documento, datado en [[936]], de doazón de [[San Rosendo]] e outros frades de diversos bens ao mosteiro. Considerado erroneamente por algúns como acta fundacional do mosteiro de Caaveiro.
# Documentos reais de privilexios e doazóns diversas ao mosteiro.
# Documentos de carácter privado de distintos tipos: doazóns, compravendas, permutas, preitos, pactos, partillas, etc. Constitúen a meirande parte do cartulario.
 
O documento máis antigo leva data de [[10 de agosto]] de [[714]] e nel Bermudo, suposto [[Reis de Galicia|rei de Galicia]], doa ao mosteiro a vila de [[Bermui, As Pontes de García Rodríguez|Bermui]] con todas as súas posesións e as igrexas de Santiago e San Xurxo. O documento datado máis moderno é do [[8 de xullo]] de [[1253]] e corresponde a unha doazón ao mosteiro dunha herdanza en [[Maniños, Fene|Maniños]]. Amais hai 12 documentos sen datar. Non hai documentación correspondente aos anos comprendidos entre o [[937]] e o [[1062]], probabelmente debido a un incendio que afectou ao arquivo, aínda que outra hipótese é a interrución temporal da vida monacal durante eses anos.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://catedra.pontedeume.es/03/catedra0313.pdf El Tumbo de Caaveiro (1ª parte)] no nº 3 (1996) da revista Cátedra.
 
[[Categoría:Manuscritos]]