Honolulu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 37:
En [[1845]], Kamehameha III cambiou a capital do reino de Hawai de Lahaina, en [[Maui]], a Honolulu. Durante o seu reinado e o dos seus sucesores Honolulu transformouse nunha moderna capital, coa construción de edificios como a Catedral de Santo Andrés, o Palacio 'Iolani e Aliiolani Hale. Ao mesmo tempo, Honolulu converteuse no centro do comercio nas illas, co establecemento de grandes empresas no centro polos descendentes dos misioneiros estadounidenses.
A pesar da historia turbulenta de finais do [[século XIX]] e principios do [[século XX]], que inclúe a caída da monarquía hawaiana, a anexión aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o ataque dos [[Xapón|xaponeses]] na [[Segunda Guerra Mundial]], Honolulu nunca deixou de ser a capital, cidade máis grande, e principal porto marítimo das illas hawaianas.
Tras a inclusión de Hawai como estado da unión americana viñoaconteceu unha explosión económica e un acelerado crecemento para Honolulu e Hawai en xeral. O moderno transporte aéreo traería a miles, e máis adiante millóns de visitantes cada ano ás illas. Actualmente, Honolulu é unha cidade moderna con numerosos [[rañaceos]], e [[Waikiki]] é o centro da industria turística en Hawai, con miles de habitacións de hotel.
 
== Xeografía ==