Talla lítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m erratas e linguaxe // ligazón "engra" ao artigo "bigornia"
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
== Materia prima ==
[[Ficheiro:SilexEZ.jpg|miniatura|250px|Sílex]]
A materia prima elixida para fabricar ferramentas de pedra tallada son as rochas duras de fractura concoidea por ser a súa labra doadamente controlable. As mellores rochas eran as máis homoxéneas, o [[sílex]] era o máis empregado. Tamén se usaban outras, case todas silíceas como a [[cuarcita]] de gran miúdo, o [[basalto]], o [[cuarzo]] e outras rochas moito máis raras pero tan apreciadas que chegaron a constituírse verdadeiras rutas comerciais desde os lugares de explotación, ata os lugares de demanda, ese é o caso da [[obsidiana]], a [[calcedonia]], o [[xaspe]], etc.
 
A calidade tamén era importante, as experiencias de talla demostran que había que seleccionar a materia prima polo seu frescor, entendido como proximidade á canteira, pola homoxeneidade de gran, polo seu son ou mesmo probándoa mediante un lascado que revelase o seu estado interno.
Liña 10:
== Técnicas de talla ==
As técnicas esenciais da talla lítica baséanse en que a fractura concoidea é previsible e controlable en función do movemento que se efectúe co percusor. Hai dous modos fundamentais de tallar a pedra, a presión e a percusión, que á súa vez se poden subdividir en:
* Percusión inversa: golpéase o anaco de rocha contra un percusor pasivo, a xeito de [[Bigornia|engra]], que é outra pedra solidamente chantada no chan.
* Percusión directa con percusor duro: Golpéase a pedra cun anaco de rocha para extraer varias lascas.
* Percusión directa con percusor brando: Golpéase a peza cun anaco de madeira ou corna para extraer varias lascas.
* Percusión indirecta con peza intermedia: Golpéase cun anaco de corna de cérvido un punteiro que transmite a forza do golpe á peza que se está a labrar.
* Talla por presión: Consiste en aplicar unha forte tensión sobre a peza que se vai tallar cunha peza coñecida como compresor que substitúe ao percusor.
* Flexión: Abómbase un produto de lascado, especialmente unha folla, apoiándoo contra un saínte que fai de panca ata fracturalo polo lado desexado.
 
== Talla experimental ==
[[Ficheiro:Pressure Flaking.jpg|miniatura|250px|Talla experimental por presión]]
A [[talla experimental]] recreando xestos prehistóricos é un dos alicerces fundamentais para a comprensión da talla lítica, que pode ter tres obxectivos: o primeiro é o de simple diversión ou o desexo de replicar artefactos líticos para expoñelos en museos ou, mesmo, para a súa venda; o segundo é a función didáctica para os alumnos de especialidades de Prehistoria ou Arqueoloxía; o terceiro é a investigación científica pura (a que se suscita a raíz dun problema arqueolóxico xurdido nunha determinada investigación). Neste sentido a talla experimental científica comezou xa en 1903, da man de H. Muller; máis tarde, en 1929, L. Coutier continuou experimentando, aínda que o impulso definitivo veu trala [[Segunda Guerra Mundial]], primeiro con François Bordes (Universidade de Bordeos), a miúdo en colaboración co americano Donald Crabtree (Universidade de Berkeley). Seguiron o seu labor Newcomer, Tixier e outros moitos. A talla experimental é un traballo de laboratorio controlado, cunha análise científica rigorosa que permite asignar cicatrices da talla a técnicas e métodos concretos; con todo, o seu punto fraco é a imposibilidade epistemolóxica de contrastar as extrapolacións: é exclusivamente empírico.
== Véxase tamén ==
[[Categoría:Prehistoria]]
=== Outros artigos ===
 
* [[Técnica Levallois]]
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Técnica Levallois]]
{{commonscat|Lithic reduction}}
 
[[Categoría:Prehistoria]]