Seareiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 5 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1070414
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
{{Atención|data=xuño de 2009|}}
Un '''seareiro''' é unha persoa afeccionada a un determinado [[deporte]], á que lle gusta ir animar aos partidos ou competición deportivas a algún equipo ou persoa. Normalmente, o seareiro é afeccionado a un só club deportivo ou deportista en concreto e acode con frecuencia ás competicións oficiais ou amigábeis nas que participa, a miúdo vestido cunhas cores representativas e realizando danzas e cánticos. A súa paixón na defensa do seu equipo ou deportista pode ir desde a simple afección até o radicalismo propio dun [[fan]]. Algúns seareiros poden unirse en [[peña]]s ou grupos afíns para se organizaren e cantar as mesmas cancións e berros, facer murais, facer viaxes lonxas, etc.
 
== Seareiros na Galiza ==
O fenómeno dos seareiros xerouse fundamentalmente arredor do deporte máis estendido no país, o [[fútbol]], se ben tamén é doado encontrar grupos de seareiros entre os seguidores doutros deportes coma o [[balonmán]] ou o [[baloncesto]]. Os grupos máis numerosos de seareiros cóntanse entre os seguidores dos dous principais clubs de fútbol da Galiza: o [[Celta de Vigo|Celta]] e mais o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]].
* Os seareiros do '''Celta''' en conxunto son coñecidos coma celtiñas, celtistas, celestes, se ben o grupo de seareiros organizados máis coñecido e importante son os [[Celtarras]].
* Por parte do '''Deportivo''' a súa afección é coñecida coma herculina, os branquiazuis, deportivistas, mais o principal grupo organizado que ten é o dos [[Riazor Blues]].
 
Alén dos seareiros de equipos en concreto tamén están os seguidores da [[Selección galega de fútbol|Selección Galega]] que son coñecidos coma os Irmandiños e cuxo principal grupo organizado son os [[Siareiros Galegos]]. Os seguidores da selección galega comezaron xa a aparecer coas primeiras reivindicacións dunha selección galega de fútbol, mais a oficialización dunha selección galega foi un grande impulso para os seguidores desta selección.
 
== Seareiros no mundo ==
O fenómeno dos seareiros está estendido por todo o mundo se ben como se comenta máis arriba adopta diferentes características segundo os diferentes lugares onde se desenvolve. É moi habitual que os seareiros se adscriban a unha ideoloxía política máis ou menos extremista (aínda que en moitos casos non pasan dunha simple escenificación e non dunha ideoloxización consciente) e, nalgúns casos, da adopción dunhas actitudes violentas.
 
[[Categoría:Deportes]]