Rede informática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
{{Fusión|Rede de computadores}}
Unha '''rede informática''' é unha interconexión de dispositivos, coa intención de poder intercambiar información. A máis coñecida e global é [[Internet]], unha rede a nivel mundial (WAN), na que se comunican ordenadores, servidores, etc. Por extensión, tamén se chama '''rede informática''' ou ''net'' (rede) ao conxunto de [[equipo]]s interconectados.
 
As redes poden ter diferentes [[topoloxía]]s; en anel, bus, estrela... Pero todas elas teñen en común a existencia dunha serie de [[ordenador]]es (ou outros dispositivos) conectados, cunha (ou máis, dependendo do número de tarxetas de rede) [[IP]].
 
== Configuración ==
=== Primeiro paso ===
[[Ficheiro:Network card.jpg|dereita|miniatura|300px|Tarxeta de Interface de Rede (NIC)]]
Cada dispositivo debe contar con polo menos unha [[tarxeta de rede]]. A esta conectase un cable LAN, ou nada se a tarxeta é [[wireless]]. Por cada tarxeta de rede, haberá unha IP. Estas poderán ser:
 
* IP públicas: únicas en Internet, que identifican ó dispositivo univocamente en todo o mundo.
* IP privadas: para identifica-lo ordenador dentro dunha rede local (ver imaxe). Tralo último router, que conecta con Internet, esa IP traducirase nunha pública, para que os datos de volta saiban onde chegar. Cando volven ó router, este transforma, de novo, a IP de destino en privada, para que a información vaia ó equipo que solicitouna.
 
Cada día é un problema maior a falta de IP, polo que o formato antigo de 4 [[byte]]s (4 números entre 0 e 255), cambiará por un novo chamado [[IPv6]] (as IP actuais denomínanse IPv4). Por iso, a existencia de IP locais ou privadas, a tradución no router, permitindo que varios PC usen a mesma IP pública, etc. son medidas que axudan ó aforro de IPs.
 
A existencia de redes locais faise especialmente útil, non só pola posibilidade de que tódolos equipos poidan acceder a Internet, senón por poder intercambiar información de maneira interna, cousa moi útil en empresas, bancos...
 
=== Segundo paso ===
Unha vez temos cada equipo coa súa tarxeta de rede, conectámolos todos. Isto pode facerse con diferentes topoloxías. Unha das máis comúns é a da imaxe, cun bus.
 
Liña 25:
Cada ordenador debe ter configurada:
 
* '''Dirección IP''' por suposto local
* '''Máscara de rede''' número de díxitos da IP que permanecen fixos e non poden variar. ''Por exemplo, unha máscara 255.255.255.0 quere dicir que só o último byte (8 bits ou díxitos) poden cambiar. Adoita se-lo máis común.''
* '''Porta de acceso''' dirección IP do dispositivo polo que se accede ó exterior. ''Neste caso é un dos portos do router, e ten como IP a 192.168.1.1''.
* '''[[Servidor DNS]]''' moitas veces, ningún dos equipos ten unha IP determinada sempre, de forma que se lle asigna ó prenderse o ordenador. Por iso, temos a un dos equipos como encargado de asignalas e levar conta de iso. Ese equipo será o DNS. ''En accesos directos a Internet tamén os hai. De non ter IP fixa, o noso provedor asígnanos unha co seu servidor DNS''.
 
=== Resumo ===
Entón, diremos que [[Internet]] non é máis cunha maraña de aparellos interconectados e identificados por uns números chamados IP. Serán os routers os encargados de decidi-lo paso de cada información, seleccionando o camiño (saída por un dos seus portos), grazas a unhas [[táboas de encamiñamento]].
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
 
* [[Topoloxía en estrela]].
* [[Topoloxía en anel]].
* [[Topoloxía en malla]].
* [[router]].
* [[switch]].
* [[hub]].
* [[IP]].
 
[[Categoría:Redes de computadores]]