Privatización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 51 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q161500
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 1:
A '''privatización''' é un proceso mediante o cal as actividades, empresariais ou non, son transferidas do sector público ao sector privado, é dicir, traspasadas ou trasferidas dende o [[Estado]] cara á sociedade civil. Este proceso permite aos actores non gobernamentais intervir cada vez máis no financiamento e a prestación de servizos empresariais, asistenciais, etc., e leva consigo a introdución de cambios nas funcións e responsabilidades públicas e privadas. Non se limita á [[venda]] de empresas públicas nin é ese aspecto especialmente indispensábel, xa que esta sería só unha dimensión dun proceso moito máis profundo. A privatización, fundamentalmente, é desmontar o Estado e deixar os particulares vender libremente, baseándose nos criterios económicos das forzas do [[mercado]] e a libre [[Competencia profesional|competencia]]. Os procesos de privatización conducen entre outras cousas á desaparición dos monopoloios estatais e son propios do coñecido como [[liberalismo]] económico e en contra dos denominados sistemas socialistas.
 
[[Categoría:Economía]]