Pintura ó óleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*flamenco>flamengo
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 8:
O uso do óleo coñécese dende a antigüidade e estaba xa estendido entre os artistas da [[Idade Media]], sobre todo combinándoo coa pintura ó temple ou ó fresco. Con esta mestura retocaban as obras realizadas en [[xeso]] e conseguían así un secado máis rápido. Co avance e as investigacións da [[alquimia]] fóronse inventando mesturas favorables para os resultados da pintura. O aceite que máis se empregaba era o de [[liñaza]] que acostumaba a mesturarse cos [[pigmento]]s de minerais que son os que proporcionan a [[cor]], pero cada artista no seu obradoiro tiña a súa propia fórmula que gardaba moi en secreto. Moitos seguiron os consellos e experiencias escritos no Tratado do monxe Teófilo que xa se coñece e se menciona no ano [[1100]].
 
Esta pintura obtida coa mestura de óleos ofrecía moitas vantaxes ó pintor, entre outras, o poder realizar a súa obra lentamente e sen présas de acabado (ó contrario do que ocorría na pintura ó fresco), o poder retocar a obra día a día, variar a composición, as cores, etc.
 
As bases sobre as que se aplica o óleo son diversas, sen que por iso varíe o seu aspecto. O que si varía é a técnica de preparación destas bases pois é moi distinto pintar sobre lenzo, táboa, fresco ou [[cobre]]. A partir do [[século XVII]] coa arte [[barroco|barroca]] os pintores elixiron como soporte favorito das súas pinturas o óleo ou [[lenzo]]. De tal forma tomou importancia o material empregado polos artistas que se empezou a empregar a palabra ''lenzo'' ou ''óleo'' en lugar de ''[[cadro]]'' para designar as obras pictóricas. Os primeiros grandes artistas de pintura ó óleo foron os [[Escola flamenga|flamengos]].
Liña 16:
O equipo que usan estes artistas son pinceis (serda branca ou marta vermella, tamén de pelo sintético, e diferentes tamaños), espátula, cabalete e paleta. As técnicas fundamentais son, traballar por capas, ou en directo "alla Prima".
 
== Óleo sobre un muro ==
En primeiro lugar, o artista dispúñase a preparar a parede para recibir a pintura. A técnica está descrita por [[Giorgio Vasari]] (1511-1574), arquitecto e pintor teórico da arte italiana:
 
Primeiro satúrase a superficie do enlucido con varias capas de aceite cocido, ata chegar ó punto en que a parede xa non absorba máis. Cando está a superficie seca aplícase unha capa de branco de chumbo, de aceite, de amarelo de chumbo e de arxila refractaria. Danse as últimas capas con po de mármore moi fino e cal, máis unha aplicación de aceite de liño. Para rematar, esténdese unha man de [[pez]] grego.
 
== Óleo sobre lenzo ==
Os artistas preparan a tea ou lenzo antes de comenzar a pintura. Prepárana cunha man de cola de amidón, cola de coello ou de azucre e, cando esta preparación está seca, engádenlle unha capa de xeso, e outra capa de cola en sentido ortogonal á anterior. Finalmente rascan a tea para que quede ben lisa.
Actualmente, prepárase a tea de liño cunha capa de cola de carpinteiro e cando está seca se lle engade unha capa de xeso, líxase e vólvese dar outra capa de xeso.
 
== Óleo sobre táboa ==
Esta técnica deuse sobre todo entre os artistas da pintura [[Flandres|flamenga]]. Preparaban a táboa cunha capa de carbonato de cal terroso (creta) branco e cola animal. Desa maneira a madeira resultaba compacta e lisa, á espera da pintura.
 
É importante que a tea a usar se encontre en óptimas condicións e de preferencia sexa nova.
 
== Curiosidades ==
* Existía un pigmento chamado marrón de momia que se obtiña da descomposición das momias que se importaban de maneira clandestina dende o século XII.
 
* Os distintos artistas tiñan e teñen os seus trucos para poder dar á pintura o aspecto de veladuras, imaxes en profundidade, e detalles microscópicos. A técnica para estes casos era, ou é, diluír máis ou menos os aceites.
 
* A cor chamada rose doré utilizada para os rostros obtíñase cos ouriños das vacas indias previamente alimentadas con follas de mango. Pouco a pouco foi caendo en desuso.
 
* O vermello intenso facíase coa axuda dun insecto chamado [[cochinilla]].
 
* Os artistas venecianos de final do século XV foron os primeiros que utilizaron o lenzo libre montado sobre unha armazón.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Técnica pictórica]]
* [[Técnica pictórica]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/materiales/1.htm Artigo de ''ARTEHISTORIA'' sobre ''Óleo sobre lienzo''.] {{Es}}