Música pop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 16:
É o pop que atopamos en [[radiofórmula]]s, soportado por grandes compañías discográficas cuns obxectivos económicos moi claros e definidos. A estes obxectivos vense sometidos os artistas, que en ocasións funcionan como verdadeiros produtos de tempada. É unha música de consumo, que vive pouco tempo (en ocasións, só os meses de verán), e cuxo contido en moitas ocasións é convencional e estándar. É xusto recoñecer que dentro desta liña musical, e aínda amparados por desmesuradas campañas comerciais, tamén existen grupos e solistas que gozan dunha calidade contrastada e de liberdade creativa.
 
Na [[sociedade de consumo]] o primeiro obxectivo dun produto é que cree os máximos beneficios posibles e o pop cumpre con esta norma. É un dos [[Xénero musical|xéneroxéneros]]s con maior potencial de consumidores e isto aproveitárono as cadeas de televisión para crear artistas do xénero en programas como ''[[Operación Triunfo]]'', e que teñen grandes audiencias.
 
Sen dúbida, unha das características que definen o carácter deste xénero é o furor que as estrelas do pop producen nos denominados fans, que en galego teñen unha connotación moito máis seria: "fanáticos". O márketing, os programas específicos de música pop, a promoción radiofónica e vídeos-DVD son algunhas das manifestacións deste mundo.
Liña 26:
 
== Pop tradicional ==
É aquel que se xerou coa estrutura musical tradicional dos Beatles: [[Voz (música)|Voz]], [[guitarra]], [[baixo]] e [[Batería (instrumento musical)|batería]]. Véxase [[Rolling Stones]], [[La Habitación Roja]], [[Amaral]], etc.
 
== Pop versus rock ==
Hai tantas características comúns entre o [[Música rock|rock]] e o pop que, en moitas ocasións, unha mesma composición pode ser catalogada indistintamente con argumentos igualmente sólidos. De calquera modo, existe a opinión consensuada de que a principal diferenza está na intensidade do espectáculo en directo e na forza e virtuosismo instrumental.
 
O rock sempre mantén a estrutura tradicional "guitarra - baixo - batería", con ''[[riff]]s'' saturados e sós de guitarras penetrantes, cun gran núcleo rítmico de baixo e batería, e con voces máis desgarradas. A temática das letras acostuma ser máis ampla e arriscada. O pop, ao contrario, non ten estrutura instrumental definida, predomina a melodía de voz sobre o resto de [[Instrumento musical |instrumentoinstrumentos]]s, e mantén un clímax musical máis asimilable e limpo.
 
== Véxase tamén ==