Músculo esquelético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[Ii]mage +Imaxe)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 42:
=== Tipos de fibras ===
[[Ficheiro:Denervation atrophy - atp94 - intermed mag.jpg|miniatura|dereita|Marcaxe da ATPase nunha preparación de músculo. As fibras de tipo II son escuras, debido ao pH alcalino da preparación. Neste exemplo, o tamaño das fibras de tipo II é considerablemente menor que as fibras de tipo I debido á atrofia debido á desnervación.]]
Empréganse moitos métodos para a tipificación das fibras musculares, e é corrente que haxa unha certa confusión entre os métodos entre os non expertos. Dous métodos que se confunden habitualmente son a marcaxe histoquímica para a actividade [[ATPase]] da miosina e a marcaxe [[inmunohistoquímica]] para o tipo de miosina de cadea pesada (MHC). A actividade ATPase da miosina denomínase normalmente e de forma correcta simplemente como "tipo de fibra", e orixínase dos ensaios directos da actividade ATPase en varias condicións (por exemplo, de [[pH]]).<ref name="MacIntoshGardiner2006">{{cite book|last1=MacIntosh|first1=Brian R.|last2=Gardiner|first2=Phillip F.|last3=McComas|first3=Alan J.|title=Skeletal Muscle: Form and Function|url=http://books.google.com/books?id=-EfxEhSFaMYC&pg=PA151|year=2006|publisher=Human Kinetics|isbn=978-0-7360-4517-9}}</ref> A marcaxe da cadea pesada da miosina denomínase con máis exactitude "tipo de fibra MHC", por exemplo "fibras MHC IIa", e orixínase da determinación de diferentes [[isoforma]]s de MHC.<ref name="MacIntoshGardiner2006" /> Estes métodos están moi relacionados fisioloxicamente, xa que o tipo MHC é o principal determinante da actividade ATPase. Póren, ningún destes métodos de tipificación é de natureza directamente metabólica, e non salienta directamente a capacidade oxidativa ou glicolítica da fibra. Cando se fai referencia xenericamente a fibras de "tipo I" ou de "tipo II", isto máis exactamente fai referencia á suma de tipos de fibras numéricos (I fronte a II) avaliadas pola marcaxe da actividade ATPase da miosina (por exemplo, fibras de "tipo II" quere dicir de tipo IIA + tipo IIAX + tipo IIXA..., etc.).
 
A táboa que segue mostra a relación que hai entre estes dous métodos, limitada aos tipos de fibras humanas. Nótese a escritura con maiúscula de subtipos utilizada na tipificación de fibras pola ATPase fronte á tipificación MHC en minúscula, e que algúns tipos clasificados pola actividade ATPase conteñen en realidade moitos tipos MHC. Ademais, '''en humanos non se expresan os subtipos B nin b por ningún dos métodos'''.<ref name="pmid7545970">{{cite journal|last=Smerdu|first=V|author2=Karsch-Mizrachi, I |author3=Campione, M |author4=Leinwand, L |author5= Schiaffino, S |title=Type IIx myosin heavy chain transcripts are expressed in type IIb fibers of human skeletal muscle.|journal=The American journal of physiology|date=Dec 1994|volume=267|issue=6 Pt 1|pages=C1723-8|pmid=7545970}}</ref> Os primeiros investigadores crían que os humanos expresaban un tipo MHC IIb, o que levou a que na clasificación pola ATPase se incluíse IIB. Porén, investigacións posteriores indicaron que a MHC IIb humana era de feito o tipo IIx,<ref name="pmid7545970" /> polo que é mellor denominar a IIB como IIX. O tipo IIb exprésase noutros mamíferos, polo que se pode atopar (correctamente) na literatura (xunto con IIB). Os tipos de fibras non humanas inclúen as verdadeiras fibras IIb, IIc, IId, etc.
 
{| class="wikitable" style="margin: 1em auto 1em auto;"