Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 20:
* '''Nivel A1''': Adquírese cando a persoa é quen de comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato; cando pode presentarse a si mesma e a outras, pedir e dar información persoal básica sobre o seu enderezo, as súas pertenzas e as persoas que coñece e cando pode relacionarse de forma elemental sempre que a persoa interlocutora fale a modiño e con claridade e estea disposta a cooperar.
 
* '''Nivel A2''': Adquírese ao ser quen de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia especialmente relevantes (información básica sobre si mesma e a propia familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.); ao ser quen de comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións coñecidas ou habituais e ao saber describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e do seu entorno, así como cuestións relacionadas coas necesidades inmediatas.
 
* '''Nivel B1''': Adquírese ao ser quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de ocio; ao saber desenvolverse na maior parte das situacións que poiden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua; ao ser quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que ten un interese persoal e cando se poden describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.
Liña 60:
|-
|align="center"|B1
|Comprendo as ideas principais cando o discurso é claro e normal e se tratan asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, a escola, durante o tempo de lecer, etc.
Comprendo a idea principal de moitos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.
|Comprendo textos redactados nunha lingua de uso habitual e cotián ou relacionada co traballo. Comprendo a descrición de acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais.