Imperialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gramatical
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
{{Política}}
 
O '''imperialismo''' é o desexo dun [[Estado]] de levar a cabo a formación e o mantemento dun [[imperio]] (aínda que ese Estado non o exprese con ese termo), ben sexa polo control territorial ou ben pola adquisición de materias primas. Noutras palabras: é a [[dominación]] política ou económica que exerce un país que é [[economía|económica]] e tecnoloxicamente superior sobre outro en ámbitos que van dende o puramente económico ata ámbitos ideolóxicos e culturais. O termo úsase para describir a estratexia dun país para manter as colonias e a dominación sobre outros [[territorio|territorios]]s, aínda que non remate coa soberanía política desas zonas.
 
== Causas ==
 
=== Económicas ===
A [[crise do 1873]] provocou o descenso dos prezos, e con proteccionismo, e dicir, a protección dos produtos propios de cada país prohibindo a entrada de artigos estranxeiros ou gravándoos con impostos. Isto deu lugar á necesidade de encontrar novos mercados que non estivesen controlados polo dito sistema. Por outra parte, potencias capitalistas europeas como [[Inglaterra]], [[Países Baixos]] e [[Bélxica]] necesitan darlle saída ao seu excedente de capital e fano investíndoo en países doutros continentes, establecendo préstamos, implantando [[ferrocarril|ferrocarrís]], instalando portos, etc. Ademais, estes países necesitan buscar materias primas para as súas industrias, xa que comezan a esgotarse ou a escasear en [[Europa]].
 
==== Desenvolvemento do imperialismo económico ====
Liña 25:
O imperialismo é o dominio que exercen as nacións máis poderosas respecto a outras máis débiles, aínda que non sempre de forma oficial. Pero non sempre se denomina imperialismo o proceso de expansión económica que tivo lugar en Europa a mediados do século XIX, sobre todo a partir de [[1870]]. Durante este período, moitos países europeos, especialmente [[Gran Bretaña]], estendéronse primeiro de forma oficial e máis tarde anexionado territorios e formando colonias en [[África]], [[Asia]] e o [[Pacífico]]. Este imperialismo foi consecuencia da busca, fóra de Europa, de mercados e materias primas para a revolución industrial e deuse ata o comezo da [[primeira Guerra Mundial]], en 1914 .
A suposición da superioridade cultural, económica, moral, ideolóxica ou doutra índole do poder imperial sobre as zonas dominadas leva os imperialistas a ter unha idea positiva do mantemento e de adquistición de imperios.
En cambio naqueles territorios que están suxeitos ós gobernos imperialistas a xente está descontenta, séntese explotada, etc.
 
[[Ficheiro:Punch Rhodes Colossus.png|miniatura|esquerda|260px|Cecil Rhodes, figura do imperialismo inglés.]]