Herdanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q200303
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
O termo '''herdanza''' é usado en [[Dereito]] para se referir ao acto xurídico mediante o cal unha [[persoa física|persoa]] que falece traspasa os seus [[material|benbens]]s, [[dereito subxectivo|dereitos]] e [[obriga]]s a outra ou outras persoas, que se denominan herdeiros. Así, enténdese por herdeiro a persoa física ou xurídica que ten dereito a unha parte dos bens dunha herdanza.
 
O herdeiro pode ser o que como tal figura nun [[testamento]], ou, aqueles a quen a [[lei]] lle recoñece tal condición legal, así sexa por ausencia de testamento ou por aplicación de normas imperativas como as [[lexítima]]s.
 
== Facultades do herdeiro ==
Ao herdeiro a lei atribúelle diversas facultades, entre elas:
 
* Aceptar ou renunciar á herdanza, ou aceptala a beneficio de inventario.
* Dispor por actos ''[[inter vivos]]'' ou ''[[mortis causa]]'' da mesma, aínda antes de entrar na súa posesión.
* Lexitimidade para impugnar o testamento, oporse ao mesmo e cantas accións xudiciais considere necesarias para defender os seus dereitos.
 
== Outras acepcións ==
Tamén se denomina '''herdanza''', por extensión, ao conxunto de [[material|benbens]]s, dereitos e [[obriga]]s que se traspasan. Este conxunto de bens e dereitos, en ocasións, recibe o nome de ''caudal hereditario (caudal relitio)''. O caudal hereditario fórmao o [[patrimonio]] do causante no momento da morte, eliminando aqueles bens, dereitos e obrigas que se extinguen polo feito da morte (dereitos e obrigas personalísimas, por exemplo). Este caudal relaciónase no inventario de bens co seu correspondente pasivo.
 
Doutra banda, desde o punto de vista do herdeiro, denomínase '''herdanza''' ao conxunto de bens, dereitos e obrigas que recibe, que pode ser unha porcentaxe menor do total do caudal hereditario.
Liña 24:
Segundo cada tipo de [[ordenamento xurídico]] e ao maior ou menor grao de normas imperativas, darase maior ou menor ámbito de actuación ao testador. Deste xeito, existen ordenamentos xurídicos moi limitativos á vontade do causante, impondo figuras como a [[lexítima]], e outras que permiten a case total disposición por parte do causante dos seus bens.
 
== Efectos fiscais ==
A herdanza como acto xurídico é tamén un feito impoñible. Ao ser unha fonte de ingresos para o herdeiro, a maioría dos estados grávana en maior ou menor medida mediante [[imposto]]s.Cando se tramita unha herdanza hai que ter en conta que existen seis meses, desde a data da defunción, para liquidar todos os impostos que da herdanza dimanen.
 
Liña 33:
No caso das herdanzas con bens en varios países o tratamento fiscal complícase, xa que hai que estudar as implicacións en varias lexislacións.
 
Tamén en certas comunidades e segundo o grao de parentesco adoita haber exencións fiscais na súa totalidade; no caso da Comunidade de Madrid para o primeiro grao de consaguinidade ou reducións, como na Comunidade de Andalucía, de ata 175.000 euros da masa hereditaria para primeiro grao de parentesco, ou reducións por enderezo habitual, etc...
 
É importante, non esquecer o imposto sobre o incremento do valor dos bens urbanos máis coñecido como [[plusvalía]], imposto que se líquida en cada un dos concellos nos que o causante tivese unha propiedade urbana, e que dependen do valor catastral e dos anos de tenza do mesmo.
Liña 39:
É importante ter sempre en conta o concepto de fiscalidade cando se ten dereito sobre unha herdanza, xa que hai catro anos e seis meses nos que llos poden reclamar e canto máis se tarda en liquidalos maior é a sanción que incrementa os mesmos
 
== Véxase tamén ==
* [[Dereito de sucesións]]
* [[Testamento]]
=== Outros artigos ===
* [[Contrato de doazón|Doazón]]
* [[Legado]]
 
[[Categoría:Dereito]]