Forzas armadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q772547
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 6:
O estudio do emprego das forzas armadas coñécese como [[ciencia militar]]. En termos xerais, implica a consideración de ataque e defensa en tres niveis: [[estratexia]], [[arte operativo]] e [[táctica]]. Cada un destes niveis estuda o uso da forza para alcanzar uns determinados obxectivos.
 
== Organización ==
As forzas armadas dun país divídense en ramas. Na maioría dos casos existen tres ramas dentro das forzas armadas: un exército de terra, unha mariña de guerra e unha forza aérea. En países pequenos ou con forzas armadas de escasa entidade esta división das forzas armadas non existe, estando a totalidade dos recursos militares agrupados nunha única institución. Noutros casos existe algunha rama adicional a estas tres, ben pola importancia da súa función o por tradición histórica. É o caso, por exemplo, da [[Infantería de Mariña dos Estados Unidos]] ou as [[Tropas de Mísiles Estratéxicos de Rusia]]. Ademais, poden existir outras ramas das forzas armadas que non sexan estritamente militares, como o caso dos corpos policiais militarizados, por exemplo a [[Garda Civil]] española, a [[Xendarmería]] francesa ou os [[Carabinieri]] italianos.
 
En cada rama das forzas armadas existen corpos que dividen aos seus membros segundo a súa especialización. Así, atopamos corpos de [[infantaría]], [[cabalaría]], [[artillaría]], enxeñaría militar, sanidade, loxística, intendencia ou música.
 
Cada rama divídese, ademais, en unidades organizativas menores. Por exemplo, o exército de terra dvide aos seus efectivos en [[División (militar)|divisións]], [[Brigada|brigadas]], [[Rexemento|rexementos]], etc. Estas unidades poden incluír persoal dunha única especialidade ou ben ser unidades conxuntas, agupando ás diversas especialidades que precisa para levar a cabo a súa misión.
 
== Clasificación e tipos ==
Segundo o grao de profesionalización dos membros que compoñen as forzas armadas, estas pódense dividir en tres tipos:
* '''Exército irregular''': tamén chamado milicia. Trátase de cidadáns que habitualmente desempeñan outros oficios e que reciben instrución militar de forma ocasional. En caso de [[Guerra|conflito bélico]] son mobilizados e levados ao combate. Este tipo de tropa, se ben era o habitual na antigüidade, actualmente emprégase como complemento a forzas máis preparadas.
 
* '''Exército profesional''': o persoal das forzas armadas ten como profesión o servizo militar e, polo tanto, están en constante preparación para o combate. É o modelo máis habitual na actualidade.
 
* '''Exército de leva''': é un caso intermedio entre os dous anteriores. Nesta ocasión, existe un corpo de oficiais e suboficiais profesionais e unha tropa formada por recrutas, que cumpren un período de servizo militar, e reservistas, que xa cumpriron dito servizo. Polo tanto, a maior parte do persoal é temporal e ten outro oficio. Para o goberno, é unha opción económica de manter unhas forzas armadas de gran tamaño.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Exército]]
* [[Armada (mariña)|Mariña de Guerra]]
* [[Forza Aérea]]
* [[Forzas Armadas de España]]
 
[[Categoría: Forzas armadas]]