Espícula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 6:
Pódense atopar en diversos grupos de animais :
# Nos [[Nematodo]]s hai unhas espículas [[Quitina|quitinizadas]] que serven na copulación.
# Outras espículas forman grans na pel das [[ra]]s.
# Nos [[Poliplacóforo]]s, forman unha faixa dorsal con diversos tamaños e formas.
# Pero as espículas máis coñecidas son as que se atopan no interior do corpo dos [[porífero]]s e son ás que se. vai referir o presente artigo.
 
== Espículas nas esponxas ==
 
As '''espículas''' son importantes elementos para a clasificación e identificación das [[Poríferos|esponxaesponxas]]s, xa que teñen unha forma moi variada e dous tipos de '''composición''': '''[[calcaria]]''' ou '''[[Sílice|silícea]]'''.
As espículas pódense clasificar tamén segundo o seu '''tamaño''' en '''megaescleras''' cando son grandes, e '''microescleras''' cando son pequenas
Outra maneira de clasificar as espículas é segundo a '''forma''':
* Cando a espícula e recta ou curvada pero sen ramificacións chámase ''' monoaxona'''. Se a espícula se desenvolve nunha dirección os extremos son diferentes e chámase '''monoactina''' ou '''unirradiada'''. Se crece en ambas direccións chámase '''diactina''' e os extremos semellantes levan o nome de '''rabdos'''.
* Cando unha espícula ten tres radios chámase '''triaxona''' e teñen tres eixos que se unen en ángulo recto formando seis radios formando as espículas '''hexactinas''' propias do grupo das [[hexactinélida]]s.
* Cando unha espícula ten catro radios chámase '''tetraxona'''. Cando un dos brazos ten máis lonxitude que os demais chámase '''rabdoma''' e os outros máis curtos son os '''clados''' e cando se unen forman un '''clabdoma'''. A espícula máis característica das esponxas [[Calcispongiae|calcariacalcarias]]s chámase '''triena''', e é unha tretraxona que perdeu o rabdoma.
* Cando unha espícula ten múltiples radios unidos por un punto central chámanse '''poliaxonas''' ou '''ásteres''' que poden ser de varios tipos (oxiaster, esferaster, etc.).
 
=== Espículas calcarías ===
[[Ficheiro:Spicule synthesis.PNG|dereita|miniatura|200px|Síntese dunha espícula tirradial]]
Estas espículas fórmanse a partir dun [[calcoblasto]] binucleado que se vai dividindo en dúas células: unha construtora e outra cebadora. Nas espículas trirradiais interveñen unha célula construtora e outra cebadora en cada radio, As veces aparece un cuarto radio formando un [[tetraedro]]. As espículas están formadas por [[carbonato cálcico]] (CaCO<sub>3</sub>) cristalizado xeralmente en forma de [[calcita]] e en raras ocasións, de [[aragonita]].
Son típicas das esponxas da [[Clase (bioloxía)|Clase]] [[Calcispongiae]]
=== Espículas silíceas ===
Son máis variadas, distinguíndose aquí as grandes '''megascleras''' (> 100 μm) das '''microscleras''' (< 100 μm, sendo as máis pequenas duns 3 μm). Fórmanse a partir de acumulacións cristalinas de [[sílice]] hidratado (SiO<sub>2</sub>·H<sub>2</sub>O). Este tipo de espícula se forma no interior dun '''esclerocito''' (célula formadora de la espícula) chamado '''silicoblasto''', a partir dun eixo orgánico, xeralmente proteico. Só intervén unha célula na fabricación da espícula, que pode formala con seis radios (Hexactinélidos) ou en forma de vara (algunhas Demosponxas, xa que outras carecen de esqueleto mineral). As esponxas son os únicos animais que utilizan o sílice como material esquelético. Son típicas das esponxas da [[Clase (bioloxía)|Clase]] [[Hexactinellida]] e [[Demospongiae]],
 
== Outras características ==
Recentes descubrimentos expoñen que os raios de luz pódense transmitir polo interior das espículas como dun xeito equivalente aos cables de fibra óptica<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/7720836.stm Nature's 'fibre optics' experts]</ref>. Isto convertiría as esponxas nos únicos animais capaces de transmitir luz ao interior dos seus corpos.
 
== Bibliografía ==
<references/>
 
== Véxase tamén ==
* [[Poríferos]]
 
 
=== Ligazóns externas ===
 
 
[[Categoría:Porifera]]