Eira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Funcións: arranxiño
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
Unha '''eira''' ou '''aira''' é un sitio chan de proporcións variábeis achegado á vivenda, feito de terra firme ou enlousado con pedra, onde se [[Malla|mallan]] os [[Cereal|cereais]], se botan a secar os [[legume]]s etc. Por extensión chámaselle eira ao terreiro da casa pegado á vivenda.
 
== Etimoloxía ==
A verba galega e portuguesa ''eira'' o mesmo que a variante dialectal ''aira'' veñen do latín ''area'' — área, pedazo de terra).
 
== Funcións ==
Nas eiras os [[cereais]] eran mallados e peneirados, despois de collidos, con vista a separar a [[palla]] e outros detritos dos [[cereal|grangrans]]s. <ref>Revista História Viva - "Onde estão a eira e a beira?", por Eduardo Martins. Editora Duetto. São Paulo (2004).</ref> A súa orixe está ligada ao advento da [[agricultura]] e o consecuente cultivo dos [[cereais]], onde se desenvolveron varias técnicas, ferramentas e instalacións específicas.<ref>Dicionário Enciclopédico Koogan Larousse Selecções, Porto, 3ª edição Julho de 1980.</ref> A eira podía ser privada, dentro da casa, ou nalgúns lugares de Galicia oriental compartida entre os veciños dunha mesma aldea.
 
A expresión remonta ao 1500 e daba nome ao terreiro ao lado das casas onde eran recollidos os [[cereais]], entre outros produtos agrícolas, para secar, mallar ou limpar.
No Brasil aparece rexistrada a palabra eira no xornal colonial "O guía dos curiosos: lingua portuguesa", de Marcelo Duarte, onde se di que a eira era o conxunto de casas das familias ricas de orixe portuguesa, tamén chamadas [[marquise]]s, construídas na parte superior das casas para protexelas da choiva. As eiras tamén cumprían unha función social, xa que proporcionaban un lugar onde podían decorrer [[cerimonia]]s ou eventos públicos, tales coma [[baile]]s ou [[misa]]s.
 
Nalgunhas zonas de [[Galicia]] e no norte de [[Portugal]] é frecuente atopar [[hórreo]]s (espigueiros) a rodear as eiras, pois eran nestes [[Celeiro (construción)|celeiroceleiros]]s onde os cereais eran almacenados. A importancia da eira na vida das poboacións rurais era de tal forma evidente, que a palabra deu orixe a moitos [[Toponimia|topónimos]] en Galicia e Portugal: Eiras, As Eiras, Eiravedra, Eirapedriña, etc.
 
== Termos derivados ==
* '''Eirado''' ou '''airado''', é un terreo de cultivo, polo xeral de pouca extensión e próximo á casa, agro , cortiña , eido , eixido. Tamén se lle chama así á pequena praza entre as casas da aldea, terreiro. Tamén se lle chama eirado ao {{Dic|galiñeiro}}, e incluso ao espazo chairo ao ar libre, situado na parte alta dunha casa, [[azotea]], terraza.
 
* '''Eirada''' ou '''airada''' é cada unha das camadas de cereal que se estenden na eira para trillala.
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
* [[Malla]]
* [[Hórreo galego]]