Cálculo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m removing incorrect link
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 3:
Así pois, en matemáticas, este termo ten unha acepción elemental que ten que ver coa realización de contas: o [[Aritmética|cálculo aritmético]] denota os procedementos realizados mediante operacións de suma, resta, multiplicación e división de números.
 
En xeral enténdese por '''cálculo''' calquera combinación (respectando regras precisas) de símbolos (non necesariamente números) con operadores (por exemplo os aritméticos +,-,* e /) para obter un resultado concreto. Poderíase dicir que é un proceso deliberado de transformación dun ou varios datos iniciais nun ou varios resultados, a través do cal poidamos coñecer as consecuencias que se derivan duns datos previamente coñecidos. É esta concepción a que permítenos falar de distintos tipos de cálculo, cada un coa súa propia finalidade e regras: [[Aritmética|cálculo aritmético]], [[cálculo infinitesimal]] ([[cálculo diferencial]] e [[cálculo integral|integral]]), [[Teoría da probabilidade|cálculo de probabilidades]], [[cálculo proposicional]], [[cálculo numérico]], etc...
 
Con todo, a miúdo emprégase a palabra '''Cálculo''' a secas para se referir ao [[cálculo infinitesimal]], en parte pola influencia do termo matemático inglés [[:w:en:Calculus|Calculus]].