Cultura castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño ligazón interno
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 31:
 
== A economía castrexa ==
A economía castrexa tiña unha base agrícola (cereais como o [[trigo]], o millo miúdo ou [[paínzo]], a cebada, leguminosas como as fabas e os chícharos, verzas, nabos, etc.) e gandeira-pastoril (vacas, cabalos, ovellas, cabras, porcos e aves de curral), pero tamén se practicaban a caza (cervo e xabarín), a pesca (pescada, maragota, xurelo), o marisqueo (vieiras, mexillóns, ameixas, berberechos, caramuxos, etc.) e a recollida de froitos (abelás, landras, arandos). É moi probábel que as terras explotadas fosen as próximas ao [[Castro (poboado)|castro]], que eran as máis doadas de traballar. Posibelmente, moitos dos [[antecastros]] fosen leiras ou hortas dedicadas ás [[leguminosa]]s, como [[feixón|fabafabas]]s ou [[chícharo]]s. Tamén sabemos que recollían froitos, destacando as landras do [[carballo (árbore)|carballo]] (xénero ''Quercus'').
 
Entre os animais domesticados destacan o [[gando vacún]], utilizado tanto para tiro como para a obtención de leite, e os gandos [[ovino]], [[porcino]] e [[caprino]], principal fonte de obtención de produtos cárnicos.
Liña 38:
A práctica da caza foi escasa, estando documentada a caza de [[Porco bravo|porcos bravos]] e de [[cervo]]s. Así mesmo, practicaron o [[marisqueo]] (actividade característica dos castros costeiros, tendo unha grande importancia) e a [[pesca]], tanto á beira (con redes ou anzois) como desde embarcacións, como demostra o achado de dúas piraguas da época castrexa no [[río Limia]], preto de [[Lanheses]], feitas en madeira de [[carballo (árbore)|carballo]] (''Quercus robur'' L.) entre os séculos IV e II a.C.<ref>Francisco Alves e Eric Rieth, [http://portal.ipvc.pt/images/ipvc/ipvc/pdf/pirogas_completo_p.pdf As pirogas 4 e 5 do rio Lima], Centro Nacional de Arqueologia Náutica e Subaquática, Ministério da Cultura {{Pt}}.</ref>.
 
Existían a minaría (ouro, estaño, cobre, chumbo e ferro), a metalurxia e unha cerámica rexional, a [[cerámica castrexa]]. A [[ourivaría]] ten raíces na Idade do Bronce e foi recibindo influencias centroeuropeas e mediterráneas. As alfaias máis características son os torques, as braceiras e as [[arracada|arracadas]]s. A escultura deuse máis ben na parte sur do territorio. De entre as armas destacan as espadas ou puñais "de antenas".
 
No que toca ao comercio, a nivel interior intercambiábanse metais, cerámica, mariscos e é posíbel que se utilizase (se damos creto a [[Estrabón]]) un certo tipo de moeda, consistente en pezas recortadas en [[prata]]. No apartado do comercio exterior, exportáronse metais ao sur da [[Península Ibérica]], importándose cerámicas de luxo, contas de vidro e outros obxectos de valor.
Liña 46:
Os habitantes dos castros traballaron a [[pedra]], a [[cerámica]] e os [[metais]].
 
A pedra non a utilizaron só para construír, senón tamén para a realización de moitos obxectos de uso cotián: [[muíños naviformes]] e circulares, bebedeiros, moldes para a fundición, [[amarradoiro]]s, machados, etc., ademais de usala para a plástica.
 
Se prestamos atención á súa cerámica, veremos que a producían en diferentes formas e tamaños, con variadas técnicas decorativas e diversos motivos que falan de pequenas producións zonais. As decoracións, a base de [[triangulación(decoración)|triangulacióntriangulacións]]s, "SS" concentrados, círculos concéntricos, [[cordado (decoración)|cordadocordados]]s,... están feitas a base de incisións, [[estampación]]s e [[excisión]]s ou [[pseudoexcisión]]s.
 
[[Ficheiro:Torque galaico-asturiano de Labra (M.A.N. 33132) 01.jpg|miniatura|220px|dereita|[[Torque (colar)|Torque]] astur de [[ouro]] achado en [[Labra]] (ss. IV–II a.C., Museo Arqueolóxico Nacional, [[Madrid]])]]
 
O metal máis traballado segue a ser o [[bronce]]: caldeiros con asas (en ocasións decoradas), puntas de lanza, empuñaduras de puñais de entenas, coitelos, aneis, contas de colar,... Tamén apareceron algúns restos de ferro. Especial importancia ten a ourivaría, coa realización de [[Torque (colar)|torques]], brazaletes, diademas, amuletos,... con diversas técnicas: o estampado [[repuxado]], [[filigrana]], granulado, [[arracada|arracadas]]s e colares articulados.
 
A '''[[plástica]]''' que conservamos está realizada en pedra, entre máis ou menos o cambio de era e a primeira metade do [[século I]] despois de Cristo. Son varios centos de labras e esculturas, que se poden clasificar en:
Liña 115:
Ficheiro:Castro de borneiro 01.jpg|[[Castro de Borneiro]] no concello de [[Cabana de Bergantiños]].
Ficheiro:Torso de guerreiro.JPG|Torso fragmentario dunha estatua de guerreiro castrexo. Museo provincial de Ourense.
Ficheiro:Arracadas do "Tesouro Bedoya", expostas no Museo de Pontevedra..jpg|Dúas [[arracada|arracadas]]s do "[[Tesouro de Bedoya]]".
</gallery>