Corricán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Trolling drawing.jpg|miniatura|300px|Pesca ó corricán <ref>Fonte: http://www.photolib.noaa.gov/fish/fish2060.htm.</ref>]]
O '''corricán''' é unha [[arte (pesca)|arte de pesca]] baseada nunha serie de anzois con cadansúa liña que se arrastran pola popa do [[barco]] mentres este vai navegando, penduradas de varas colocadas a babor e estribor. Tamén se chama ''corricán'' a cada un dos [[aparello]]s (cada unha das liñas). Utilízase para a pesca do [[atún]], [[bonito]], [[xarda]], etc. Os anzois poden ser cebados con [[engado]] natural ou artificial.
 
Cada liña consta dun sedal forte, xa que os peixes que se van capturar adoitan ser de gran tamaño, que remata nun aramio ou placa de [[latón]] no que se empata o anzol. Dado que os atúns son peixes que se moven en augas relativamente superficiais, o anzol vai lastrado cun [[chumbo]] lixeiro que o mantén á profundidade adecuada.
 
== Evolución do corricán ==
O corricán é unha variante da [[cacea]], arte de pesca que consiste en lanzar varias liñas armadas de anzois pola popa. O sistema supuxo considerables vantaxes sobre as artes de pesca de [[rede (pesca)|rede]] ou de liña estática xa que permitía desprazarse en busca dos bancos de atúns en lugar de esperar que viñesen os peixes onda o barco. Ó primeiro, empregouse en barcos de remo e vela, co esforzo que representaba estar vogando continuamente. Os primeiros cambios foron substituí-lo cebo natural polo artificial, primeiro trapos brancos e logo vermellos; outro cambio significativo foi a substitución do anzol único polo dobre (chamado ''pé''), sistema que se empeza a empregar a mediados da década dos [[1950|50]].
{{cita|Na cacea do bonito non aparece a palabra 'chibo', senón 'pé' que é un elemento formado por dous anzois unidos e unha folla de maínzo. Esta debe se-la máis finiña, que é a que está pegada ó gran da espiga. Esta folla debe converterse en cabelos dourados e ben peiteadiños ó par do seu lazo roibo ou branco, coas correspondentes cinco ou seis brazas de aramada (hoxe tanza) con que remata-lo 'pé' (Rodríguez Vergara, 278).}}
 
No caso do corricán, as modificacións introducidas no barco permiten multiplicar considerablemente o número de liñas coas que traballar.
Liña 14:
Cando o engado é artificial consiste nunha culler protexida ou rodeada de trapos ou cordas plásticas de diferentes cores (vermello ou verde, habitualmente). Antes utilizábanse a tal fin as follas internas da mazaroca de [[millo]] (o ''cosco''<ref>Tamén chamado ''carroucha'', ''cosca'', ''folillo'', ''poma'' ou ''pubela'', e que tamén se utilizaba para enche-los colchóns.</ref>), esfiañadas.
 
== Pesca ó corricán ==
Para face-lo lance, co barco en marcha sobre o banco de [[peixe]], van lanzándose pola popa á mar os corricáns cos seus anzois xa cebados, de tal xeito que todos van máis ou menos nunha liña perpendicular á marcha do barco. Os mariñeiros van tocando os extremos das liñas ó longo das bordas para comprobar, pola tensión que collen, se picou o peixe. Cando é así halan da liña e soben o peixe a bordo (antes á man, agora con mecanismos hidráulicos), e volven botar aquela ó mar.
 
A pesca do atún ou do bonito faise por ''mareas'' de 5 días ou máis, durante os que van almacenando as capturas nas bodegas refrixeradas. Finalmente regresan a porto, baleiran a carga e volven partir. O peixe capturado é transportado á lonxa, se o seu destino vai se-la venda en fresco, ou a unha fábrica de conservas.
 
A pesca ó corricán, con cebo artificial, é o sistema máis utilizado pola flota atuneira española (ó redor dos dous terzos da flota). Os atúns poden capturarse tamén con outras artes de pesca, como o cebo vivo (utilizado polo terzo restante da flota, fundamentalmente no [[País Vasco|País Vasco]]<ref>A pesca de atún con cebo vivo consiste en botar peixe vivo ó mar, normalmente especies de baixo prezo, como a sardiña ou o boquerón, e axita-la superficie do mar mediante chorros de auga que lanzan desde o barco. Os atúns achéganse a come-lo engado e entón son pescados con canas que se lanzan no mesmo espazo.</ref>) ou por artes de [[cerco]] (sistema empregado exclusivamente na costa de [[Sudamérica]], [[Océano Pacífico]] e [[Índico]]). Tamén se utiliza, no País Vasco e noutros países de Europa, o [[palangre]] á deriva.
 
== O corricán na pesca deportiva ==
O corricán non só se utiliza para a pesca profesional descrita máis arriba, senón que tamén é unha arte de pesca moi popular na [[pesca deportiva]] de altura, tanto para pescar atúns como [[peixe espada]] ou [[marraxo]]s. Neste tipo de pesca é máis habitual o uso de cebo natural ([[xurelo]]s, [[pota]]s, [[lura]]s, etc.).
 
== Outros usos semánticos ==
Co nome de '''corricán''' [[Noriega Varela]] designaba a erupción cutánea que adoitan presentar na cara e nádegas os meniños acabados de nacer, e [[Aníbal Otero]] unha ave mariña, a [[pardela furabochos]] (''Puffinus puffinus'').
 
Como adxectivo, aplícase ós que andan dun lado para outro, sen parar en ningures (furafollas, fervellasverzas, bulebule).
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* FARIÑA CASTRO, Miguel: ''Artes e aparellos de pesca empregados en Galicia'', CETMAR [http://www.cetmar.org/DOCUMENTACION//dyp/ArtesDePesca.pdf]
* MOUZO, Elimiano: "La flota bonitera pedirá al Gobierno que autorice la pesca con palangre", en ''La Voz de Galicia'', 11.06.2000.
* RODRÍGUEZ VERGARA, Xavier: ''Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro''. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2007.
* RAMONELL, Rosa: "Corricán", na ''Gran Enciclopedia Galega''.
 
=== Outros artigos ===
* [[Túnido]]s
* [[Arte (pesca)|Artes de pesca]]
 
{{Artes de pesca}}
 
[[Categoría:Artes de pesca]]