Corda (instrumento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 128:
O [[aceiro]] forma parte do núcleo de case tódalas cordas de [[Metal (material)|metal]]; outros materiais naturais como a seda ou as tripas de procedencia animal, ou os sintéticos como o nailon e o [[kevlar]] son tamén utilizados para este fin (o aceiro empregado para as cordas, chamado tamén cables de [[música]], é endurecido e temperado). Algunhas cordas Mi(chamadas así porque cando vibran libres soa dita nota) están chapadas en ouro con intención de mellora-la [[Timbre (música)|calidade tímbrica]].
 
As tripas de [[ovella]] e de [[touro]] foron usadas durante moito tempo como cordas nos instrumentos de corda friccionada. Este tipo de material é moi sensible ós efectos do cambio de [[clima]] e á [[humidade]], polo que se desafinan rápido e a miúdo e rompen doadamente. Trala introdución doutros materiais, [[metálicos]] e sintéticos, as cordas feitas a partir de tripa seguen sendo elaboradas a causa do seu son cálido (con [[Harmonía|harmónicos]] máis complexos) e algúns intérpretes considéranas mellores. Son usualmente reservadas para instrumentos antigos como a [[viola antiga]], a [[tiorba]], o [[laúde]], o clave, etc. As cordas modernas de tripa ás veces estan recubertas de fíos metálicos.
 
Hoxe día un dos tecidos máis populares para o interior das cordas dos instrumentos da familia do violín é o nailon estirado, a miúdo vendido baixo o nome comercial de "Perlon". Primeiro introducido por Thomastik nos setenta e os oitenta, as cordas sintéticas son actualmente manufacturadas a grande escala.
Liña 142:
 
== [[Vibración]] da corda ==
Unha corda vibra nun patrón harmónico complexo. Cada vez que unha corda é posta en movemento, un conxunto específico de frecuencias resoan en base a series harmónicas matemáticas. A [[frecuencia]] fundamental é a máis grave e a que máis se oe, e vén determinada pola densidade, a lonxitude, a tensión da corda, a humidade, a presión e a temperatura atmosférica. Esta é a frecuencia que nós identificamos como a altura da corda. Sobre esa frecuencia, os harmónicos son escoitados máis "piano" ou suave canto máis agudo sexa. Por exemplo, se a frecuencia fundamental é 440 Hz (o La central no piano) entón os harmónicos de tal corda afinada nese ton serían 880, 1320, 1760, 2200 Herzios e así ata o infindo. Os nomes de notas correspondentes a ditas frecuencias son La4, Mi5, ALa5, Do#6, etc. Debido á masa das cordas, canto máis agudo sexa o harmónico máis diferente é a súa afinación con respecto á fundamental, máis se diferencian. Isto é coñecido como o fenómeno físico-harmónico, e constitúe unha consideración sumamente importante para os afinadores de pianos se tentan alargar a afinación ó longo de todo o piano para mante-los harmónicos máis afinados mentres soben polo teclado.
 
== Corrosión dunha corda ==