Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 19:
O desenvolvemento e o progreso da cirurxía en occidente estivo moi influído por numerosos acontecementos, e durante moi longo tempo os cirurxiáns foron relegados nunha caste inferior entre os sandadores. Non foi até o [[século XIX]] cando os grandes [[progreso]]s no contexto político, relixioso e tecnolóxico, permitiron a dignificación e a consideración social da cirurxía e dos cirurxiáns. Até finais do [[século XVIII]] (en Francia e Alemaña), ou mediados do [[século XIX|XIX]] (en España), as profesións de cirurxián e de [[médico]] eran diferentes, incluso con distintas consideracións sociais.<ref>A profesión médica considerábase superior, mentres que o cirurxián era unha especie de simple artesán.</ref>
 
En occidente, na [[Idade Media]], os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (de aí a necesidade de [[comadroa]]s e [[parteira]]s). Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque ''"Ecclesia abhorret a sanguine"'' (a Igrexa ten horror ao sangue).<ref>En [[1163]], no [[concilio de Tours]], A Igrexa decreta: ''Ecclesia abhorret a sanguine'' [http://www.web.ordre.medecin.fr/rapport/identiteculturelle.pdf Pratique médicale et identité culturelle], Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005.</ref> Finalmente, un médico non tiña o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles estaban tamén prohibidos. Estes encoméndanse aos [[barbeiro]]s que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiraban os dentes, trataban as feridas e as úlceras, practicaban as incisións dos abscesos, as sangrías, etc., despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de ''cirurxián-barbeiro''.
[[Ficheiro:Marie Terese31.jpg|miniatura|dereita|180px|[[María Tereixa de Austria]] e seu fillo maior Luís, o ''Gand Dauphin''.]]
[[Ficheiro:Nicolas de Largillière 003.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Luís XIV]] e a súa familia, por Nicolas de Largillière.]]
Liña 56:
A civilización mesopotámica levou á constitución das primeiras ciencias, tales coma a [[metroloxía]],<ref>André Pichot, ''Op. cit.'' páx.75: Sería necesaria a invención do sistema métrico para encontrar algo equivalente.</ref>, a [[álxebra]], a [[astronomía]] (cálculos de mecánica celeste, previsións dos [[equinoccio]]s, descríbense [[constelación]]s).<ref> Foron os que describiron e nomearon as que constitúen o Zodíaco.</ref> e a [[medicina]].
 
A medicina ten un estatuto particular; é a primeira ciencia práctica herdeira dun coñecemento intuitivo. <ref>André Pichot, ''Op. cit.'', páx. 169: Comparativamente ás disciplinas expostas antes, a medicina ten aquí de particular que xorde máis da técnica (é dicir, da arte) que a ciencia propiamente dita, polo menos no que concirne ás súas formas primitivas.</ref> Das 30.000 táboas cuneiformes descubertas, unhas 800 tratan algún tema médico (unha delas, a primeira receita coñecida). O nome do primeiro cirurxián coñecido é [[Urlugaledin]], do 4000&nbsp;a.C., cuxo cruño persoal, que se acha no [[Museo do Louvre]] de [[París]], mostra dous coitelos rodeados de [[Planta|plantas medicinais]]. O modelo de saúde-enfermidade entre os sumerios baseábase nunha concepción sobrenatural da enfermidade: esta era un castigo divino imposto por diferentes [[demo]]s tras a ruptura dalgún [[tabú]]. Por tanto a medicina estaba intimamente ligada ao sacerdocio, quedando a cirurxía relegada a especialidade médica de segunda categoría.<ref>Kramer, Samuel Noah (1975): ''La historia empieza en Sumer''. Círculo de lectores.</ref> Non obstante, o desenvolvemento das técnicas cirúrxicas é notábel: en [[Nínive]] encontráronse instrumentos de bronce e obsidiana de elegante factura: [[bisturí]]s, [[serra]]s, [[trépano]]s, etc.
 
O [[código de Hammurabi]] (achado en [[Susa]], [[Irán]], e conservado no [[Museo do Louvre]]), por outra parte, ampara baixo a súa profusa lexislación a especialidade da cirurxía. Algúns fragmentos deste código tratan especificamente sobre intervencións cirúrxicas.<ref>[[wikisource:es:Código de Hammurabi|"Código de Hammurabi"]] {{es}}</ref>
Liña 79:
O manual médico chinés máis antigo coñecido está datado ao redor do ano 2600&nbsp;a.C. e coñécese co nome de ''Nei Ching''. Este texto atribúese ao emperador amarelo, [[Huang Di]], aínda que historiadores modernos consideran que foi compilado de fontes antigas por un estudoso entre as dinastías [[Zhou]] e [[Han]], máis de 2.000 anos despois), época na que progresou a medicina, sobre todo baixo os Han orientais, con [[Zhang Zhongjing]] e [[Hua Tuo]].
 
O ''Nei Chin'' desenvolve moitos conceptos médicos interesantes para a época. Non obstante, o tabú de respectar os cadáveres humanos parece que restou coñecementos de anatomía cirúrxica, sendo os seus principais tratamentos superficiais ou de menor importancia (cauterización de feridas, masaxes en patoloxías traumatolóxicas, etc.). A medicina chinesa desenvolveu, en cambio, unha disciplina a cabalo entre a medicina e a cirurxía denominada [[acupuntura]]: segundo esta disciplina a aplicación de agullas sobre algún dos 365 puntos de inserción (ou até 600, segundo as escolas) restauraría equilibrio perdido entre o Yin e o Yan.
 
[[Hua Tuo]] foi un famoso médico dos Han orientais. Foi o primeiro en aplicar a [[anestesia xeral]] en cirurxía, uns 1.600 anos antes de que fose adoptada polos europeos.<ref>Sherer, Adina; Epstein, Fred; & Constantini, Shlomi (2004): "Hua Tuo, patron of surgeons, or how the surgeon lost his head!". In ''Surgical Neurology'', 61, 5, páxs. 497-498.</ref>