Alfred Charles Kinsey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 27:
 
== ''Sexual Behavior in the Human Female'' ==
Maila as críticas, o doutor Kinsey volveu á carga en 1953 con ''Sexual Behavior in the Human Female'', libro que analizaba o comportamento sexual das mulleres. O libro espertou unha gran expectación. De feito, no verán de 1953, semanas antes da publicación, Kinsey estaba tan preocupado con que a prensa presentase de xeito inexacto as súas investigacións, que convocou na súa casa ós xornalistas e presentoulles un resumo dos contidos da obra. Durante catro días recibiu a máis de 60 periodistas de EUA, Gran Bretaña, Alemaña, Australia, Países Baixos, Escandinavia, etc. A única condición que impuxo Kinsey, baixo contrato, foi que os xornalistas só podían escribir artigos de 5.000 palabras máximo que debían entregar a Kinsey para que el as supervisase antes da súa publicación. Ningún destes artigos debía aparecer antes do [[20 de agosto]] de [[1953]], unha xornada que a prensa bautizou como o día K (por Kinsey).
 
Cando ''Sexual Behavior in the Human Female'' apareceu o [[14 de setembro]] de [[1953]], os norteamericanos abalanzáronse ós quioscos e o libro vendeuse a un ritmo vertixinoso.