Afganistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 57:
Na [[Idade Antiga|antigüidade]], Ariana, o territorio do actual Afganistán, formou parte do [[Aqueménida|Imperio persa aqueménida]], do reino [[helenístico]] de [[Bactriana]] e do [[Imperio Cuxano]]. Despois o país converteuse ao [[budismo]] coma relixión, converténdose ao [[Islam]] máis tarde coa chegada dos [[árabe (pobo)|árabes]].
 
Ao longo dos séculos IX e X a zona occidental do país, integrante da rexión histórica de Ghorasán, formou parte dunha Persia cada vez máis independente dos califas de Bagdad, baixo as dinastías Tahirí, Saffarí e Samaní. É a época do esplendor Islámico na economía e na cultura, que en toda a Persia Histórica, dende Bagdad ata Samarcanda, dará lugar a numerosas capitais prósperas e moi poboadas polas que transcorría a [[Ruta da Seda]], así coma a numerosas figuras coma [[Avicena]] e [[Algazel]] en filosofía, [[Al-Razi]] e [[Al-Nafís]] en medicina, [[Al-Khwarizmi]] e [[Al-Biruní]] en matemáticas, [[Omar Khayyam]] e [[Firdusi]] en literatura, Al-Jazari en enxeñería, etc., aínda que case todos eles dedicábanse a múltiples disciplinas, cunha erudición extraordinaria. No ano [[977]] [[Sebük Tegin]], un vasalo dos Samanís, estableceuse como gobernador na rexión, dando orixe á dinastía Gaznauí, e o seu sucesor Mamud independizouse e estableceu un grande imperio con base en [[Gazna]], estendéndose por Ghorasán, Afganistán e o noroeste da India, realizando máis de 50 expedicións de conquista e saqueo sobre esta última, e dando orixe a un período de gran esplendor económico e cultural na capital Gazna. Posteriormente, coa chegada dos turcos [[selxúcidas]], prodúcese a perda do Ghorasán. No século XII a dinastía dos Gaznauís é substituída pola dos Gurís e a principios do século XIII pola dos Xás de Coresmia.
 
A partir do ano 1220 comeza a etapa das invasións mongois, que arrasan numerosas cidades esnaquizando poboación e a economía da rexión, tralo que se produce unha crecente nomadización da Persia histórica, incluíndo Afganistán. Coma consecuencia de ditas invasións, establécese nestas terras o dominio dos [[mongois]] de [[Chagatai]]. A finais do século XIV [[Tamerlán]] conquista o país, exercendo un dominio que se vai prolongar precariamente ata mediados do século seguinte, con continuas loitas entre os seus sucesores.
Liña 88:
 
=== Linguas ===
A Constitución establece o [[lingua paxtúa|paxtún]] e o [[Lingua darí|darí]] como linguas oficiais do país,<ref>Constitución da República Islámica do Afganistán: Capítulo I, O Estado, Artigo XVI: "De entre o paxtún, darí, usbeco, turcomano, baluchí,paxaí, linguas nuristanís, linguas do Pamir e outras linguas habituais, '''PAXTÚN e DARÍ SERÁN AS LINGUAS OFICIAIS DO PAÍS'''. En áreas onde a maioría do pobo fale nalgunha das linguas usbeca, turcomana, paxaí, linguas nuristanís ou linguas do Pamir, calquera das linguas xa mencionada ademais do paxtún e o darí, será a terceira lingua oficial e o seu uso será regulado pola lei. O estado deseñará e aplicará programas eficaces para educar e promover tódalas linguas do Afganistán. O uso de tódalas linguas habituais no país será libre nas publicacións de prensa e medios de comunicación. A terminoloxía administrativa académica e nacional e o uso no país serán conservados"</ref> ademais recoñece como linguas co-oficiais nos territorios onde sexan maioritarias ó usbeco, turcomeno, baluchí, paxaí, as linguas nuristanís, as linguas do Pamir e as outras linguas habituais, coma por exemplo: o wanechí, o parachí, o ormurí, etc.
 
O [[Lingua darí|darí]] é a norma escrita que deriva dende hai séculos do parsi e que se fala no Afganistán aproximadamente polo 50% ou 60% da poboación. O [[lingua aimaq|aimaq]] e o [[lingua hazaraguí|hazaraguí]] ás veces cóntanse como linguas independentes, outras como variedades do darí, en realidade son derivacións do darí, algunhas veces máis próximo ao propio darí e outras ao [[lingua taxica|taxico]] que incorporan elementos túrquicos e mongoloides.