Abelardo Moralejo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
'''Abelardo Moralejo Laso''', nado en [[Argujillo]] ([[Provincia de Zamora|Zamora]]) o [[28 de xaneiro]] de [[1898]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[10 de abril]] de [[1983]], foi un latinista e lingüista galego, que destacou, entre outros aspectos, no estudo da [[toponimia]] de [[Galicia]].
 
== Traxectoria ==
Estudou o bacharelato en [[Zamora]], e ingresou logo na [[Universidade de Salamanca]], onde iniciou estudos na facultade de [[Filosofía e Letras]], onde tivo como profesor a [[Miguel de Unamuno]] e onde obtivo a licenciatura en [[1921]]. Pasou entón á [[Universidade Central de Madrid]] para realizar o doutoramento, á vez que ampliaba estudos e colaboraba con o [[Centro de Estudios Históricos]] que dirixía [[Ramón Menéndez Pidal]]. Durante certo tempo foi incorporado ao exército e serviu durante o período da [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]]. En [[1926]] presentou a tese doutoral, dirixida polo profesor e académico Julio Cejador, que versaba sobre as oclusivas sonoras aspiradas do latín. Nese mesmo ano opositou a cátedras universitarias de [[lingua latina|latín]], e obtivo a correspondente á [[Universidade de Santiago de Compostela]], da que tomou posesión a comezos de [[1927]].
 
Abelardo Moralejo estivo durante o resto da súa vida laboral a cargo desa cátedra. A súa condición de profesor numerario residente, en anos en que era corrente usar o posto en Santiago como trampolín para optar a outros destinos, fixo que estivese case sempre en cargos, como decano ou secretario da facultade de Filosofía e Letras, ou ben noutros cargos directivos da universidade. Outras carencias, como a de profesorado especializado, levárono a impartir clases de materias que estaban nos programas de estudios, pero que non eran da súa especialidade, aínda que as coñecese ben, como podía ser [[lingua árabe]].
 
Moralejo Laso xubilouse no ano [[1968]], aínda que, precisamente, publicou a partir dese momento con maior frecuencia. O campo de investigación de Abelardo Moralejo era a lingüística, mais dentro dela os seus estudos ramifícanse, grosso modo, entre a lingüística clásica e a romance, e dentro desta cómpre destacar o desenvolvemento do estudo da investigación da toponimia galega e leonesa. Pero os seus traballos poden espallarse a outros campos: indoeuropeo, literatura, o mundo xacobeo, traducións, etc. Foi pai dunha esplendorosa pléiade de profesores e investigadores universitarios en diversos campos: os Moralejo Álvarez.
 
== Obra ==
* ''Las oclusivas sonoras aspiradas en latín'' (Madrid: Hernando, [[1926]]) - tese de doutoramento.
* ''Los nombre propios personales con referencia a los españoles principalmente'' (Santiago: Universidade de Santiago, 1933).
* ''Toponimia gallega y leonesa''. Santiago de Compostela. Pico Sacro. 1977, 382 páxs - ISBN 84-85170-20-2 , recolle artigos publicados con anterioridade. O autor figura como Abelardo Moralejo Lasso, con dobre s.
 
=== Traducións ===
* En colaboración con Casimiro Torres e Julio Feo, ''Liber Sancti Jacobi Codex Calixtinus''. Santiago. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. 1951, 646 páxs, hai reedición a cargo de Xesús Carro Otero, 1992 ISBN 84-453-0564-6
* Walter Porzig, ''El maravillos mundo del lenguaje: problemas, métodos y resultados de la lingüística moderna''. Madrid. Gredos. 1964, 507 páxs, reeditado varias veces (título orixinal: Das Wunder der Sprache).
* Leo Pollmann, ''La épica en las literaturas románicas: pérdidas y cambios''. Planeta. Barcelona. 1973 (título orixinal Das Epos in den romanischen Literaturen: Verlust und Wandlungen).
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''In Memoriam D. Abelardo Moralejo Laso'', na revista ''[[Verba]]'' nº 11, 1984.
* [http://www.estudiosclasicos.org/Estudios_Clasicos/086.pdf ''Necrolóxica''] por dous dos seus fillos na revista ''Estudos Clásicos'', t. XXV, Madrid, 1981-83.
=== Outros artigos ===
* [[Serafín Moralejo]]
 
{{ORDENAR:Moralejo Laso, Abelardo}}