Aflatoxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 45:
As aflatoxinas considéranse as [[micotoxina]]s máis importantes. Sintetízanse só por unhas poucas especies de ''[[Aspergillus]]'', das cales ''A. flavus'' e ''A. parasiticus'' son as máis problemáticas. A expresión de doenzas relacionadas con aflatoxinas está influenciada por factores como a especie, idade, nutrición, sexo, e a posibilidade de exposición concorrente a outras toxinas. A principal órgano diana en mamíferos é o fígado, así que as aflatoxicoses son principalmente doenzas hepáticas. As condicións que aumentan a probabilidade e aflatoxicose en humanos inclúen a dispoñibilidade limitada de alimentos, condicións ambientais que favorecen o crecemento de fungos nos alimentos, e a falta de sistemas para a regulación, vixilancia, e control da presenza de aflatoxinas nos alimentos.<ref name= MachidaMGomiK>{{cite book |author= Machida, M; Gomi, K (editors)| year=2010 |title=''Aspergillus'': Molecular Biology and Genomics | publisher=Caister Academic Press | isbn= 978-1-904455-53-0}}</ref>
 
''A. flavus'' e ''A. parasiticus'' son mofos que crecen en moitos substratos, especialmente en condicións de alta humidade. As aflatoxinas foron illadas de todas as principais cereais cultivados, e de fontes tan diversas como a [[manteiga de cacahuete]] e o [[cánabo|cannabis]]. Alimentos que con frecuencia están contaminados con aflatoxinas son a mandioca, chiles, millo, sementes de algodón, millo miúdo, cacahuetes, arroz, sorgo, pipas de xirasol, noces, trigo, e unha variedade de plantas usadas para o consumo humano ou animal. Cando se procesan estes produtos, as aflatoxinas entran dentro da cadea xeral de alimentación e poden aparecer en alimentos humanos e de mascotas, ou de animais de graxa. Os produtos da transformación das aflatoxinas atópanse ás veces en ovos, lácteos, e carne cando os animais foron alimentados con cereais contaminados..<ref name= Fratamicopm>{{cite book |author= Fratamico, PM et al. (editors)| year=2008 |title=Foodborne Pathogens: Microbiology and Molecular Biology | publisher=Horizon Scientific Press | isbn= 978-1-898486-52-7}}</ref>
 
== Detection in humans ==