Aflatoxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
== Condicións de contaminación ==
[[Ficheiro:Aspergillus.gif|miniatura|''[[Aspergillus fumigatus]]'' visto con [[microscopio electrónico]].]]
Os membros do xénero ''[[Aspergillus]]'' produtores de aflatoxinas están moi estendidos na natureza. Poden e contaminar os grans de cereais antes da súa colleita ou durante o seu almacenamento. Os vexetais cultivados hóspedes, entre os que están o [[millo]], [[sorgo]], e [cacahuete]]s, son especialmente susceptibles á infección por ''Aspergillus'' despois dunha prolongada exposición a un entorno moi húmido, ou a danos por condicións estresantes como a seca, unha condición que facilita a entrada. En 2003, 120 persoas morreron en [[KeniaKenya]] despois de comer millo con altos niveis de aflatoxinas.<ref>[http://exploreit.icrisat.org/sites/default/files/uploads/1379055131_ESA-Res-2011.pdf ''Eastern and Southern Africa highlights 2011''], [[ICRISAT]], 2012.</ref>
 
O [[hábitat]] nativo de ''Aspergillus'' é o [[solo]], vexetación en putrefacción, palla, e grans de cereais que sofren deterioración microbiolóxica, e invade todos os tipos de substratos orgánicos onde as condicións son favorables para o seu crecemento. Entre as condicións favorables están o contido de humidade alta (polo menos o 7%) e a alta temperatura. O proxecto Aflacontrol, dirixido polo [[IFPRI]] e outras organizacións, estudou os custos da redución do risco por aflatoxinas no millo e cacahuete en África.<ref>[http://resourcespace.icrisat.ac.in/filestore/1/1/3/8_16726338976b6c5/1138_d1bbb815d3a3d2d.pdf ''No chance for aflatoxins''] Rural 21, the International Journal for Rural Development, 3 April 2013.</ref>