Micotoxinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
m faltaba a barra
Liña 1:
[[Ficheiro:Pistachios th.jpg|300px|miniatura|Os pistachos poden estar contaminados por aflatoxinas]]
As '''micotoxinas''' ([[toxina]]s producidas por [[fungo (bioloxía)|fungos]]) son substancias tóxicas elaboradas durante o crecemento de determinados grupos de fungos nos [[alimento]]s: coñécense ata 200 especies de fungos capaces de producir micotoxinas. Estas toxinas poden provocar diferentes efectos nocivos nos homes ou animais que consomen eses alimentos e, se se inxiren en concentracións elevadas poden provocar [[enfermidade]]s graves, como o [[cancro]] de [[fígado]], de [[ril]] ou doutros órganos.
 
A palabra micotoxina deriva do grego mikes (fungo) e toxicum (veleno). Baixo esta denominación agrúpanse unha serie de compostos de baixo peso molecular prexudiciais para animais vertebrados, excluíndo bacterias e plantas, producidas por fungos, que non perden a súa toxicidade por tratamento térmico nin por acción dos complexos enzimáticos gastrointestinais. Tamén se exclúen aquelas toxinas presentes nas setas velenosas. <ref>{{cita libro|título=Micotoxinas en alimentos|ano=2007|editor=Díaz de Santos|localización=España|autor=1. José Miguel Soriano del Castillo|coautores=M. Lourdes Abarca, Houda Berrada Ramdani, M.Rosa Bragulat Arará, Pedro A. Burdaspal Pérez, F.Javier Cabañes Sáenz Et al|editor=Díaz de Santos}}</ref>