Baltar, Melide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxes e actualizo poboación
Patrimonio
Liña 12:
}}
'''Santiago de Baltar''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Melide]]. Segundo o padrón municipal de [[2014]] tiña 56 habitantes (30 mulleres e 26 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 72 habitantes.
 
==Patrimonio==
*Nesta parroquia áchase un dos dous [[Reloxo de sol|reloxos de sol]] do concello. O outro atópase na parroquia de [[Folladela, Melide|Folladela]]<ref name="concello">{{Cita web |url=http://www.concellodemelide.org/interior.php?txt=arbore_web36&lg=gal |título=Concello de Melide: Baltar |editor=Concello de Melide |dataacceso=27 de marzo de 2015}}</ref>.
*Antiga escola de Baltar: Edificio de mampostaría nos perfís no medio dunha carballeira. Foi escenario da serie da [[Televisión de Galicia|TVG]], ''[[Libro de familia]]''<ref name="concello"/>.
*[[Cruceiro]] de Santiago de Baltar: Data de [[1667]] consonte á inscrición no pedestal. A cruz, de sección rectangular, está decorada con cabezas de anxo con ás; no anverso ten a imaxe de Cristo crucificado e no reverso a da Inmaculada coas mans en actitude orante e a lúa ós seus pés. O capitel é cilindrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achaflanados, volutas, querubíns e follas de bordos lobulados. O fuste, de sección circular, ten estrías e boceis, cas imaxes de Santo Andrés e San Xoán. O pedestal, con forma de tronco de pirámide cuadrangular, remata nunha roda moldurada; nas súas catro caras, ademais da inscricción mencionada onde figura a data de construción, aparecen os símbolos da [[Paixón de Cristo]]: tenaces, corazón, martelo, palma, sapo, píntega, esponxa, lanza, cruz, coroa, escaleira, tres cravos e caveiras nas arestas<ref>{{Cita web |url=http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=19117&ctre=55 |título=Cruceiro de Santiago de Baltar en Melide, A Coruña - Galicia |editor=[[Turgalicia]] |dataacceso=27 de marzo de 2015}}</ref>.
 
==Galería de imaxes==
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Baltar, Melide}}
<gallery>
Ficheiro:Hórreo en Baltar, Melide.jpg|Hórreo en Baltar.
Ficheiro:Cruceiro de Baltar, Melide (2).jpg|Cruceiro de Baltar na carballeira.
</gallery>
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Lugares e parroquias==