Batalla de Pavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*flamenco>flamengo
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 18:
|comandante2 = [[Ficheiro:Charles V Arms-personal.svg|25px]] [[Carlos de Lannoy]]
[[Ficheiro:Charles V Arms-personal.svg|25px]] [[Antonio de Leyva]]
|comandante3 =
|soldados1 = 17. 000 infantería
6. 500 cabalería
53 canóns
|soldados2 =17. 000 infantería
2. 000 cabalería
46 canóns
|soldados3 =
|baixas1 = 15. 000 mortos ou feridos
|baixas2 = 500 mortos ou feridos
|baixas3 =
Liña 29:
A '''batalla de Pavía''', que tivo lugar durante a xornada do [[24 de febreiro]] de [[1525]], foi a batalla decisiva na guerra entre [[Francisco I de Francia]] e o emperador [[Carlos V]] e significou a derrota dos franceses no seu intento de dominar o norte de [[Italia]].

== Contexto ==
No primeiro terzo do [[século XVI]], [[Francia]] víase rodeada polas posesións de [[Carlos V]]. Isto, unido á obtención do título de Emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] por parte do borgoñón ([[1519]]), puxo o goberno francés contra as cordas. [[Francisco I de Francia]], que tamén optara ó título, vía a posibilidade dunha compensación anexionando un territorio en litixio: o ducado de [[Milán]], máis coñecido por [[Milanesado]]. A partir de aí, desenvolveríase unha serie de contendas do [[1521]] ó [[1524]] entre a coroa imperial hispano-xermana do Borgoñón-Austria e maila coroa francesa de Valois-Angulema, cuxas rivalidades se perden na noite dos tempos.

== Inicio dos enfrontamentos ==
[[ficheiroFicheiro:Pavia campaign (1524-25).png|250px|esquerda|miniatura|Avance galo na Lombardía e a campaña de Pavía de 1524-25. Os movementos franceses móstranse en azul e os imperiais en vermello]]
A primeira [[batalla de Bicoca|batalla]] tivo lugar en [[Bicoca]] (preto de [[Monza]]). A vitoria esmagadora dos [[terzo]]s españois fixo que no castelán a palabra ''bicoca'' pasase a ser sinónimo de "cousa fácil ou barata".

Na segunda batalla, un exército francés de 40. 000 homes penetrou no [[Milanesado]], pero foi igualmente rexeitado.

O [[25 de outubro]] do [[1524]], o propio [[rei]] Francisco cruzou os [[Alpes]] e a comezos de novembro entraba na cidade de [[Milán]]. As tropas españolas refuxiáronse na súa maioría en [[Lodi]], quedando guarnicións espalladas en prazas fortes. Nunha desas prazas fortes, chamada [[Pavía]] o xeneral Antonio de Leiva fíxose forte con dous mil españois e cinco mil [[lansquenet]]es alemáns. Axiña comezou o asedio francés.

== O sitio de Pavía ==
[[ficheiroFicheiro:Battle of Pavia, oil on panel.jpg|299px|miniatura|''A Batalla de Pavía '' por un descoñecido pintor [[Flandes|flamengo]] no [[século XVI]]]]
Sorprendentemente a cada arremetida a guarnición facíase máis forte. Os franceses decidiron pór sitio á cidade. Pero [[Antonio de Leiva]], veterano da [[guerra das Alpuxarras]], soubo como organizar os escasos recursos para que os muros da cidade permanecesen en pé. Mentres tanto, outras guarnicións españolas vían que o inimigo reducía o seu número para mandalo a Pavía.

Liña 56:
Os franceses conseguiron incautar a artillería española, pero a costa da súa retagarda. Nunha arriscada decisión, Francisco ordenou un ataque total da súa cabalería. Segundo avanzaba a propia [[artillería]] francesa (superior á española), tiña que cesar o fogo para non lles disparar ós seus homes. Os arcabuceiros do marqués de Pescara deron boa conta dos cabaleiros franceses.

== A vitoria de Carlos V ==
E nese momento, Leiva sacou os seus homes da cidade para apoiar os seus. Comezaron por arrodear a retagarda francesa e cortarlles a retirada. Aínda que esgotados e famentos, constituían unha moi respectable forza de combate. Bonnivet, principal conselleiro militar de Francisco, suicidouse. Os cadáveres franceses comezaban a amontoarse uns por riba doutros. Os máis, vendo a derrota, tentaban escapar.

O rei de Francia e a súa escolta combatía xa de pé, intentando abrirse paso. De súpeto, Francisco cae, e ó erguerse, atópase cun [[estoque]] español no seu pescozo. Un soldado de [[infantería]], o vasco Juan de Urbieta, facíao preso. Diego Dávila, granadino, e Afonso Pita, galego, xuntáronse co seu compañeiro de armas. Non sabían a quen acababan de facer preso, pero polas vestimentas supuxeron que se trataría dun gran señor. Informaron ós seus superiores. Aquel preso era o rei de [[Francia]].

== A situación tras a batalla ==
Francisco I foi levado a [[Coroa de Castela|Castela]] (era o cuñado de [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]]), e no [[1526]], asina o [[Tratado de Madrid (1526)|Tratado de Madrid]]. Francia recoñecía as aspiracións imperiais nos territorios milaneses e borgoñóns.

Conta a lenda que nas negociacións de paz e de liberación de [[Francisco I de Francia|Francisco I]], o emperador estaba tan anoxado que renunciou a usar a súa lingua nai (francés borgoñón) e a lingua habitual da diplomacia (italiano) para falar por primeira vez de xeito oficial en [[lingua castelá|castelán]].

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Grandes Batallas]]
* [[Historia de España]]
* [[Saqueo de Roma]]
* [[Usares de Pavía]]

{{ORDENAR:Pavía, Batalla de}}

[[Categoría:Artigos destacados]]
[[Categoría:Batalla das Guerras Italianas]]