Andecha Astur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3293760
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 3:
 
== Historia ==
Fundado en [[1990]], aínda que até agora non ten acadada representación na [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] en ningunha lexislatura das 3 ás que se ten presentado. Nas eleccións municipais de 2003 tiveron 4.250 votos (0.,7%) e conseguiron dous concelleiros, un en [[Riosa]] e outro en [[Carreño]]. Nas autonómicas tiveron 3.821 votos (0.,63%).
 
En [[2004]] presentouse ás eleccións ó [[Parlamento Europeo]] dentro da coalición [[Europa dos Pobos]] e tivo 1.677 votos (0.,38%). Nas eleccións xerais de 2004 conseguiu 1.970 votos (0.,28%).
 
En [[2007]] presentase ás eleccións municipais e autonómicas, onde obtén 2.100 e 2.727 votos, respectivamente e ningún concelleiro nin deputado.
 
== Ideoloxía ==
Andecha Astur é unha organización política nacionalista de esquerdas. Entre as súas bases ideolóxicas atópanse:
* O recoñecemento de Asturias como unha [[nación]].
* O [[dereito de autodeterminación]].
* O recoñecemento do [[lingua asturiana|idioma asturiano]] como lingua nacional de Asturias e polo tanto a súa oficialidade.
* Os dereitos da clase traballadora.
* O [[socialismo]].
* O [[ecoloxismo]].
* A [[democracia participativa]].
 
== Postura respecto ó galego de Asturias ==
Andecha Astur non recoñece que no occidente de Asturias se fale [[Lingua galega|galego]] e periodicamente denuncia agresións da [[TVG]], do goberno galego e do [[Bloque Nacionalista Galego]] nunha suposta política de imposición do galego sobre unha fala que eles consideran que pertence en exclusiva á cultura asturiana [http://www.astura.org/andecha/archivu/act57_occ_llingua.htm] [http://www.astura.org/andecha/documentos/doc2.htm] baixo o lema ''Asturies: un pueblu, una llingua''
== Véxase tamén ==
* [[David Rivas]]
* [[Política de Asturias]]
* [[Nacionalismo asturiano]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.andecha.org/ Páxina oficial de Andecha Astur]
 
{{Europa dos Pobos}}