Europa (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m erratas e linguaxe
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 4:
 
'''Europa''' é un personaxe da [[mitoloxía grega]], princesa de [[Tiro]], a actual [[Fenicia]]. Era filla do rei [[Axenor]] e de [[Telefasa]].
== O mito do rapto ==
O rapto de Europa por [[Zeus]] está narrado por [[Ovidio]] nas súas ''[[Metamorfoses]]'', no [[Século -I|século I]] a.C.
 
Segundo Ovidio, Zeus viu a Europa collendo flores coas súas doncelas á beira do mar e transformouse en touro para a seducir. A princesa, sen sospeitar nada, subiu sobre o seu lombo; o touro mergullouse de repente no mar e levouna cruzando as ondas ata [[illa de Creta|Creta]]. Preto de Gortina uníronse carnalmente xunto a unha fonte e baixo duns plátanos que, en memoria destes amoríos, obtiveron o privilexio de non perder xamais as súas follas. Desa unión de Zeus e Europa naceron [[Minos]], [[Radamantis]] e [[Sarpedón]].
 
Radamantis, rei de creta moi respectado pola súa prudencia, foi destronado por Minos, que para probar o seu dereito ao trono, coa axuda de [[Poseidón]], fixo saír do mar un touro magnífico polo que [[Pasifae]], a súa esposa, concibiu unha paixón culpable. Sarpedón disputoulle a Minos o trono de Creta e un meniño chamado Mileto, co que fuxiu para fundar a rexión de [[Mileto]], en [[Licia]]. Radamantis e Minos foron chamados ao [[Hades]] tras a súa morte para seren xuíces do tribunal dos mortos.<ref>Zavala, I. ''[http://books.google.es/books?id=ggBUba5bVGgC&printsec=frontcover&dq=El+rapto+de+Am%C3%A9rica+y+el+s%C3%ADntoma+de+la+modernidad.&lr=&num=100&as_brr=3&ei=97SuS5jVCYPUzQSN1KneCA&client=firefox-a&cd=1#v=onepage&q=&f=false El rapto de América y el síntoma de la modernidad]''. Editorial Montesinos, 2001. ISBN 849558005584-95580-05-5, 9788495580054.</ref>
 
Axenor enviou en busca da princesa raptada aos seus fillos [[Cadmo]], [[Fénix]], [[Cílix]], [[Taso]] e [[Fineo]] coa prohibición de volveren mentres non rescataran á súa irmá. Fénix percorreu [[Libia]]; Cadmo, seguindo a unha vaca, fundou a cidade de [[Tebas, Grecia|Tebas]] en [[Beocia]]; Cílix quedou na [[Cilicia]]; Taso poboou a illa de [[Taso]]; e Fineo estableceuse na costa do [[mar Negro]]. Europa casou logo con [[Asterión]], rei de Creta, de quen Minos herdaría o reino á súa morte.<ref>Baring, A., Cashford, J. ''[http://books.google.es/books?id=mUqw-ydNB_4C&pg=PA724&dq=europa+mito&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=1qmuS6zDAYGszATGiOWADg&client=firefox-a&cd=7#v=onepage&q=europa%20mito&f=false El mito de la diosa: evolución de una imagen]'', volume 38 de ''El Árbol del paraíso''. Siruela, 2005. ISBN 847844732684-7844-732-6, 9788478447329.</ref>
 
== O mito na literatura ==
[[Heródoto]] relata unha versión de [[Evémero]], segundo a que o rapto de Europa foi un máis dunha longa serie de raptos de mulleres cometidos por viaxeiros audaces e non por deuses lascivos, que deron lugar a guerras entre europeos e asiáticos: [[Ío (mitoloxía)|Ío]] en [[Argos, Grecia|Argos]], Europa en Tiro, [[Medea]] na [[Cólquida]], [[Helena]] en [[Troia]]. Considérase que o mito do touro sedutor puido ter un transfundo ritual na Creta minoica.<ref>García Gual, C. ''[http://books.google.es/books?id=gizSMbx5MUAC&pg=PA147&dq=europa+mito&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=1qmuS6zDAYGszATGiOWADg&client=firefox-a&cd=9#v=onepage&q=europa%20mito&f=false Diccionario de mitos]''. Siglo XXI de España Editores, 2003. ISBN 843231127884-323-1127-8, 9788432311277.</ref>
 
Segundo outras interpretacións Cadmo puido ser un deus que simbolizaría a estrela da mañá e constituiría, xunto coa súa irmá Europa, a representación mitolóxica do planeta [[Venus]]. Contería unha forte influencia do deus [[sumer]]io Ningišzida, deus serpe da fecundidade, o abrente e a construción de [[cidade]]s.<ref>Bermejo, J. ''[http://books.google.es/books?id=6rYjhRrbL-EC&printsec=frontcover&dq=Mito+y+parentesco+en+la+Grecia+arc%C3%A1ica&lr=&num=100&as_brr=3&ei=lLSuS8D2GIvOzQSTqvD3DQ&client=firefox-a&cd=1#v=onepage&q=&f=false Mito y parentesco en la Grecia arcáica]''. Ediciones AKAL, 1980. ISBN 847339468284-7339-468-2, 9788473394680.</ref> Outros autores ven nel a representación dun mito solar: Europa representa a lúa, que é elevada polo sol, representado polo touro, e reaparece no ceo ao caer a tarde e logo de cruzar o mar. Esta [[hierogamia]] entre sol e lúa faría a contraparte á unión sacra entre ceo e terra, principios masculino e feminino, respectivamente.<ref>Chinchilla Sánchez, K. ''[http://books.google.es/books?id=MSHO9tcDCa8C&printsec=frontcover&client=firefox-a#v=onepage&q=&f=false Conociendo la mitología]''. Editorial Universidad de Costa Rica, 2003. ISBN 99776777439977-67-774-3, 9789977677743.</ref>
 
[[Luis de Góngora|Góngora]] empregou certas imaxes do mito coma a do "mentido robador de Europa", nas súas ''Soledades'' para representar o touro ou a súa constelación, e no soneto ao marqués de Velada.<ref>Romojaro, R. ''[http://books.google.es/books?id=w8J31aymBGwC&printsec=frontcover&client=firefox-a&source=gbs_navlinks_s#v=onepage&q=&f=false Funciones del mito clásico en el siglo de oro: Garcilaso, Góngora, Lope de Vega, Quevedo]''. Anthropos Editorial, 1998. ISBN 847658545484-7658-545-4, 9788476585450.</ref>
 
{{Commonscat|Europa (mythology)|Europa (mitoloxía)}}
 
== Galería de imaxes ==
<center><gallery>
Ficheiro:Fernando Botero El rapto de Europa 01-04.JPG|<small>Obra de [[Fernando Botero]].</small>
Liña 28:
</gallery></center>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Mitoloxía grega]]
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mitoloxía grega]]
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]