Francisco Xavier Balmis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*La Habana>A Habana
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 2:
'''Francisco Xavier de Balmis y Berenguer''', nado en [[Alacant]] o [[2 de decembro]] de [[1753]] e finado en [[Madrid]] o [[12 de febreiro]] de [[1819]]<ref>http://www.balmis.org/ → pestana Fco. J. Balmis</ref>, foi un [[médico]] [[militar]] [[España|español]] e [[cirurxián]] honorario da corte de [[Carlos IV de España|Carlos IV]]. O seu nome quedou vinculado á [[Real Expedición Filantrópica da Vacina]] (coñecida como [[Expedición Balmis]] na súa honra) que se estendeu até as colonias españolas de [[América]] e [[Filipinas]] para difundir a [[vacina]] da [[varíola]], un fito na historia da [[medicina]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Nado nunha familia de médicos, probablemente de orixe francesa, realizou a súa primeira formación nos colexios dos xesuítas e dominicos da súa cidade. Entre [[1770]] e [[1775]] traballa como practicante de cirurxián no Hospital Real Militar de Alacant e obtén o título de Cirurxía e Álxebra pola Universidade de [[València]] en [[1778]]. Completou a súa formación cos títulos de Bacharel en Artes pola Universidade de [[México]] e en Medicina, pola [[Universidade de Toledo]].
 
=== Médico militar ===
Ao ano seguinte da súa licenciatura, ingresa no exército como médico militar. Como participante na expedición do Marqués de Socorro, Balmis viaxará primeiro á [[A Habana|Habana]], e máis tarde á [[Cidade de México]]. Na Cidade de México serviu como primeiro cirurxián no Hospital militar do Amor de Deus. Alí puido estudar remedios botánicos para as enfermidades venéreas, o cal lle habería servir para publicar máis tarde a obra ''Demostración de las eficaces virtudes de las raíces de dos plantas de Nueva-España, especies de Agave y Begonia, para la curación del vicio venéreo y escrofuloso'' (1794), pois foi un dos introdutores desta especie en Europa.
 
=== A Real Expedición Filantrópica da Vacina ===
De volta en España, grazas aos seus coñecementos e á súa traxectoria profesional, foi nomeado cirurxián de cámara de [[Carlos IV de España|Carlos IV]]. Convenceu a El-rei para enviar unha expedición a América co obxectivo de propagar a vacina da varíola, acabada de descubrir. Balmis liderou a expedición, que partiu do porto da [[A Coruña|Coruña]] o 30 de novembro de [[1803]] na goleta ''María Pita'', cunha pasaxe formada por un fato de vinte e dous nenos do hospicio daquela cidade, que foron previamente inmunizados e serviron de receptáculos viventes dos anticorpos antivariólicos. De alí viaxaron as illas [[Canarias]], a [[Porto Rico]], [[Puerto Cabello]], [[Caracas]], A Habana, [[Mérida, México|Mérida]], [[Veracruz]] e Cidade de México. A vacina chegou a lugares tan afastados como [[Texas]] polo norte ou [[Vicerreinado de Nova Granada|Nova Granada]] polo sur.
 
Liña 16:
Escribiu ''Instrucción sobre la introducción y conservación de la vacuna'', e traduciu do francés un traballo sobre o mesmo asunto, o ''Tratado histórico-práctico'' de [[Moreau]] que serviu como texto base para a formación dos médicos e demais persoal encargados de manter viva a vacina e de continuar as campañas de vacinación en América.
 
=== Derradeiros anos ===
De volta en España, en [[1812]], xa non se embarcará en máis viaxes. En [[1814]] solicita un posto na Administración e establece a súa residencia en Madrid. Morre o [[12 de febreiro]] de [[1819]].
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
=== Bibliografía ===
* "Balmis, Francisco Javier de", en ''Enciclopedia de México'', vol. 2. Cidade de México, 1996, ISBN 1-56409-016-7.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Real Expedición Filantrópica da Vacina]]
* [[Varíola]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.balmis.org/ Páxina web da Fundación Balmis]
 
{{ORDENAR:Balmis, Francisco Xavier}}