Disimilación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anox (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 5:
De calquera modo, ambos procesos poden comportar un cambio na pronunciación dun segmento adxacente ó afectado ou separados por outros; e poden inducir un cambio relacionado cunha parte precedente ou posterior no vocábulo. Así como a asimilación, a disimilación '''anterior''' é moito máis común cá '''posterior'''; pero xusto ó contrario có outro fenómeno, a maioría das disimilacións afectan a partes '''non''' contiguas á inicial. Amais, mentres que moitos tipos de asimilación teñen fonte nunha [[lei fonética]], relativamente poucos procesos disimilatorios se relacionan directamente con elas. A maioría teñen natureza de feito accidental ocorrido sobre unha forma léxica.
 
== Exemplos ==
De disimilación anterior a distancia (con moito a máis común)
* Latín *'''medio-die-s''' ("mediodía") convértese en '''meri-die-s'''. O latín ''vén-num'' "veleno" > ''veleno''. Esta categoría inclúe un estraño exemplo de lei sonora sistemática, a disimilación da aspirada en grego e sánscrito coñecida como [[Lei de Grassmann]]: *''thi-the--mi'' "poño" (con reduplicación) > grego ''ti-the--mi'', *''phakhu''- "groso" > grego ''pakhu''-, *''sekho-'' "teño" > *''hekho-'' > grego ''ekho-'' (cf. futuro *''hekh-s-ou-'' > ''hekso-''). Algúns casos aparentemente son problemáticos, como o inglés "eksetera" por ''etcetera'', que pode ser máis unha contaminación das numerosas formas en ''eks''- (ou unha combinación de influencias), se ben a forma incorrecta e común ''ect''. imdica disimilación.
* ''Abogonthi'' > [[Begonte]] (incluíndo ademais unha [[Aférese (lingüística)|aférese]]), [[topónimo]] de [[Lugo]].
 
Disimilación anterior dunha zona contigua (moi rara)
* O cambio de fricativa a articulación xorda nunha secuencia de fricativas: protoxermánico *''seχs'' "seis" > anglosaxón ''siex'' /ks/, alemán ''sechs'' /zeks/. En [[sánscrito]], en toda secuencia orixinal de dúas sibilantes a primeira convértese en xorda (a miúdo con desenvolvemento posterior): raíz ''vas''- "vestir", fut. ''vas-sya''- > ''vatsya''-; *''wis'-s'' "clan" (nom.sg.) > *''vit(s' > *vit.s. > vit.'' (os grupos finais simplifícanse); *''wis'-su'' locativo pl. > *''vit.s.ou > viks.ou''. O inglés ''amphitheater'' pronúnciase a miúdo ''ampitheater''.
 
Disimilación posterior a distancia (bastante común)
* Latín ''ra-rus'' "raro" > italiano ''rado''. O inglés ''Cardamom'', a especia, normalmente ''cardamon''. En inglés medio, nunha ampla lista de palabras rematadas en -''n'' pero precedidas de consoante apical o ''-n'' cambiou a -''m'': ''seldom, whilom, random, venom''. O inglés ''marble'' é en última instancia herdeiro do latín ''marmor''. O ruso февраль {{IPA|/fevr?ó^(j)/}} "febreiro" deriva do latín ''Februa-rius''.
 
Disimilación posterior dun segmento contiguo (algo rara)
* Inglés ''chimney'' (oficial) > ''chim(b)lei''.
* Protoeslávico *''sveboda'' "liberdade" > eslovaco "sloboda"<ref> [http://starling.rinet.ru/cgi-bin/response.cgi?root=%2Fusr%2Flocal%2Fshare%2Fstarling%2Fmorpho&morpho=1&basename=%5Cusr%5Clocal%5Cshare%5Cstarling%5Cmorpho%5Cvasmer%5Cvasmer&first=1&text_word=%D1%81%D0%B2%D0%BE%D0%B1%D0%BE%D0%B4%D0%B0&method_word=substring&text_xeral=&method_xeral=substring&text_origin=&method_origin=substring&text_trubachev=&method_trubachev=substring&text_editorial=&method_editorial=substring&text_pagues=&method_pagues=substring&text_any=&method_any=substring&sort=word Dicionario de Vasmer], en inglés</ref>.
* Latín ''vagabundu'' > na lingua coloquial ''vagamundo'', disimilando o [[trazo fonolóxico]] de [[bilabial]] respecto á primeira consoante e de [[oclusiva]] e [[sonoridade|sonora]] respecto ás outras consoantes (ademais de [[asimilación]] coa seguinte [[nasal]] e de [[analoxía]] semántica).
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Asimilación]]
 
[[Categoría:Fonética]]