Pau Gasol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 27:
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia catalá relacionada coa medicina. Pau Gasol estudou [[medicina]] durante uns meses, pero deixouno porque non o podía compaxinar có [[baloncesto]], aínda que mantén que o seu obxectivo na vida é seguir os pasos da súa nai e converterse en médico no futuro. O seu irmán menor, [[Marc Gasol]], tamén é baloncestista profesional, e xoga no antigo equipo de Pau, os [[Memphis Grizzlies]]<ref>{{Cita web|url = http://www.nba.com/playerfile/marc_gasol/|autor = NBA|título = Ficha de Marc Gasol|dataacceso = 21/3/2015}}</ref>. Comezou a xogar ó baloncesto no equipo do seu colexio, chamado Col·legi Llor, de onde máis tarde sería fichado polo Cornellà, que nesa época facía funcións de canteira do [[FC Barcelona Bàsquet|FC Barcelona]].
 
Na tempada [[1997]]-[[1998]], Gasol ingresou no [[FC Barcelona Bàsquet|FC Barcelona]], co que debutou na liga española de baloncesto ([[liga ACB]]) en [[1999]], obtendo ata a súa marcha a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] unha media de 11,3 puntos por partido. Co club barcelonés conquistou dúas Ligas ACB e unha Copa do Rei. Foi o xogador non formado nos Estados Unidos que máis alto chegara no [[NBA Draft|draft]] até esa data, sendo a terceira elección da primeira rolda no ano [[2001]], só superado tempo despois por [[Andrea Bargnani]], xogador italiano que foi número 1 en [[2006]]. Na súa primeira tempada en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tivo unha media de 17,6 puntos e 8,9 rebotes por encontro<ref>{{Cita web|url = http://www.basketball-reference.com/players/g/gasolpa01.html|autor = FOX Sports|título = Estatísticas de Pau Gasol na NBA|dataacceso = 21/3/2015}}</ref>, sendo nomeado [[Rookie do ano da NBA|mellor rookie]], é dicir, o mellor xogador dos que nese ano debutaban na [[NBA]], contando estadounidenses e xogadores internacionais, logro único até hoxe en día por un xogador non nado nin criado deportivamente nos Estados Unidos.
 
No ano [[2006]] converteuse no primeiro xogador dos Grizzlies en xogar o partido das estrelas, o [[NBA All-Star Game|All-Star Game]] de [[Houston, Texas|Houston]], un evento no que se dan cita anualmente os mellores xogadores da [[NBA]]. Con todo, non foi capaz de encestar ningunha vez, aínda que foi o máximo reboteador do partido, con 12 rexeites. A súa mellor tempada en [[Memphis]] foi a de [[2006]]-[[2007]], cunha media de 20,8 puntos, 9,8 rebotes, 3,4 asistencias e 2,1 tapóns por partido, cun 53,8% en tiros de campo<ref>{{Cita web|url = http://www.basketball-reference.com/players/g/gasolpa01.html|autor = FOX Sports|título = Estatísticas de Pau Gasol na NBA|dataacceso = 21/4/2015}}</ref>. Esta foi a súa última tempada completa coa camisola dos Grizzlies, xa que mediada a [[Tempada 2007-08 da NBA|2007-08]] chegou nun traspaso aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] para xogar nos [[Los Angeles Lakers|Lakers]] de [[Kobe Bryant]], equipo co que conseguiu nadous tempadaaneis de campión da [[NBA]], nas tempadas [[Tempada 2008-09 da NBA|2008-09]] oe título[[Tempada de campión2009-10 da [[NBA|2009-10]].
 
Tras seis anos e medio nos [[Los Angeles Lakers|Lakers]], no verán de [[2014]] Gasol foi traspasado aos [[Chicago Bulls]]. O [[10 de xaneiro]] de 2015, xa con 34 anos, o ala-pivote catalán conseguiu a mellor marca anotadora da súa carreira con 46 puntos, alén de 18 rebotes, contra os [[Milwaukee Bucks|Bucks]] de [[Milwaukee]] <ref>{{Cita web|url = http://www.basketball-reference.com/players/g/gasolpa01/gamelog/2015/|autor = FOX Sports|título = Pau Gasol 2014-15 - Estatísticas por partido|dataacceso = 21/3/2015}}</ref>.
 
=== Selección española ===
Coa [[Selección de baloncesto de España]] conseguiu títulos en case todas as categorías, sendo o máis importante o acadado no ano que foi elixido para xogar o [[All-Star]], o [[2006]], cando se proclamou campión do mundo de baloncesto no [[Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006|Campionato do Mundo da FIBA de 2006]], batendo na final ao equipo nacional grego por 70-47, pero a xesta tivo aínda tintes maiores cando o equipo español tivo que xogar a final sen a súa presenza, por ser baixa de última hora a causa dunha lesión. O combinado nacional, con [[Juan Carlos Navarro]], [[José Calderón]], [[Jorge Garbajosa]], [[Rudy Fernández]] e compañía venceu á [[Grecia]] de Papalukas, Diamantidis e Spanoulis levando consigo o título de campións do mundo. No ano 2007, xoga co combinado español a final do Campionato de Europa ante [[Rusia]], perdendo o partido por unha diferenza de un punto. Pau Gasol tivera o derradeiro lanzamento nas súas mans, pero o balón saíu rexeitado do aro defendido polo equipo ruso.
 
No ano 2008, Pau Gasol e compañía acadaron a final dos [[Xogos Olímpicos de 2008|Xogos Olímpicos de Beijing]] ao igual que os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], os cales presentaran un cadro formado por doce dos mellores xogadores americanos como [[Chris Paul]], [[Kobe Bryant]], [[LeBron James]], [[Dwight Howard]] ou [[Jason Kidd]]. Nese partido, Gasol anotou 21 puntos para axudar ao seu equipo, non sendo suficientes para acadar a vitoria, xa que perderon ante os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] por unha diferenza de 11 puntos: 107-118, a puntuación conxunta máis alta conseguida nunha final olímpica en toda a historia. Neste torneo, Pau Gasol foi o máximo anotador<ref>{{Cita web|url = http://www.elconfidencial.com/archivo/2008/08/24/deportes_97_excelente_espana_pierde_estados_unidos.html|autor = El Confidencial|título = Una excelente España gana la plata ante Estados Unidos|dataacceso = 21/3/2015}}</ref>.
 
== Notas ==