Airbus A321: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 20:
Algunhas compañías elixiron este avión en vez do [[Boeing 757]], xa que ten a mesma capacidade e comparte comunalidade cos outros avións da familia: o [[Airbus A318|A318]], o [[Airbus A319|A319]] e o [[Airbus A320|A320]]. Isto inclúe os avanzados mandos ''[[fly-by-wire]]'', o que permite que os pilotos dun tipo de avión poidan pilotar os outros con só un par de horas de adestramento.
 
O alcance con 186 pasaxeiros na configuración típica de 2 clases é de 4. 300 km para a versión A321-100, mentres que na 200, debido á súa maior capacidade de combustible, esta cifra aumenta ata os 5. 500 km.
 
== Historia ==
Liña 27:
En comparación co A320, o cambio máis importante do A321 é a súa fuselaxe máis alongada, con novas seccións nas partes dianteira e traseira que lle dan 6,93 metros máis de longo. Outros cambios son o reforzo do tren de aterraxe para facer fronte un maior peso, motores máis potentes, un sistema de combustible simplificado e mellorado e pneumáticos máis grandes para mellores freadas. As súas ás lixeiramente modificadas danlle un comportamento moi semellante ao do [[Airbus A320|A320]] tendo un pilotaxe case idéntico ao deste modelo e ao [[Airbus A319|A319]].
 
O A321-100 básico ten un menor alcance que o A320 ao non engadírselle un tanque de combustible extra no deseño inicial para compensar o aumento de peso. Airbus desenvolveu o máis pesado A321-200 en [[1995]] para suplir esta redución de alcance, e conseguiu unha variante capaz de atravesar o [[océano Atlántico]]. Isto logrouse cun motores con máis empuxe (V2533-A5 ou CFM56-5B3), reforzos estruturais menores, e unha maior capacidade de combustible coa instalación de un depósito de 2. 900 litros (coa opción de instalar un segundo).
 
== Operadores ==