Centenario da primeira guerra mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 1:
{{Illado}}
O '''Centenario da Primeira Guerra Mundial''' é a conmemoración do centenario da [[Primeira Guerra Mundial]] que empeza en 2014 e durará ata 2018. Entre os países que están a planear actos conmemorativos oficiais están [[Australia]], [[Nova Zelandia]], [[Francia]], o [[Reino Unido]] e [[Turquía]].
 
== Unión Europea ==
A biblioteca virtual [[Europeana]] ten tres proxectos dixitais para conmemorar a Primeira Guerra Mundial en toda [[Europa]]. Estes proxectos permitirán acceder libremente a unha serie de materiais en [[internet]].
* '''[http://www.europeana-collections-1914-1918.eu/ Europeana Collections 1914-1918]''', que permitirá acceder a 425.000 obxectos (libros, xornais, mapas, diarios de trincheira, panfletos, etc) procedentes de bibliotecas europeas.
Liña 8:
* '''[http://project.efg1914.eu/ EFG1418]''', a colección de películas e de documentos relacionados coa guerra do European Film Gateway.
 
== Australia ==
En Australia, o aniversario chámase o '''Centenario das ANZAC'''. Os comités que están planeando a conmemoración inclúen a Comisión Nacional da Conmemoración do Centenario das [[ANZAC]] e o Consello Consultivo do Centenario das ANZAC. O goberno ten un orzamento de 83,5 millóns de [[dólar australiano|dólares australianos]] para un programa de sete anos que incluirá actos conmemorativos en Australia e no exterior, actividades e recursos educativos e restauracións de galerías e tumbas da guerra. <ref>{{citation |url=http://www.psnews.com.au/Page_psn310f4.html |title=Anzac centenary aiming high |date=27 de abril de 2012}}{{Ligazón morta}}</ref>
 
== Francia ==
En Francia, o goberno fará unha política de lembranza nacional. Empezou, xa en 2011, coa apertura de ''Le Musee de la Grande Guerre'' en Meaux o 11 de novembro, coincidindo co Día do Armisticio. <ref>[http://ambafrance-uk.org/France-preparing-to-mark-First French Embassy page, ''France preparing to mark First World War centenary''.]</ref><ref>{{citation |url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/europe/france/8858265/France-to-leave-Britain-behind-with-First-World-War-centenary-plans.html |title=France to leave Britain behind with First World War centenary plans |date=30 Oct 2011 |journal=[[Daily Telegraph]]}}</ref><ref>{{citation |url=http://www.nytimes.com/2011/11/12/arts/design/museum-of-the-great-war-opens-in-meaux-france.html?pagewanted=all |journal=[[New York Times]] |title=Bringing the War Home |author=Edward Rothstein |date=November 11, 2011}}</ref>
 
== Reino Unido ==
No Reino Unido, o Imperial War Museum está liderando un programa nacional de actos conmemorativos e está a planear novas galerías para a ocasión. En maio de 2010 o museo empezou admitir colaboración para o Centenario da Primeira Guerra Mundial. As organizacións colaboradoras teñen acceso aos obxectos de colección da Primeira Guerra Mundial, a expertos, a recursos dixitais, a branding e a unha extranet colaborativa.
 
En novembro de 2011, 330 organizacións nacionais e internacionais fixéronse colaboradoras. O museo tamén vai abrir unha nova exposición permanente sobre a Primeira Guerra Mundial na súa sucursal de [[Londres]], como parte da súa remodelación de 35 millóns de [[libra esterlina|libras]].
 
En novembro de 2011 anunciouse que o [[Primeiro ministro do Reino Unido|primeiro ministro]] [[David Cameron]] nomeou a Andrew Murrison como o seu representante especial para as conmemoracións do Centenario da Primeira Guerra Mundial. O 11 de outubro de 2012, Cameron anunciou unha partida de 50 millóns de [[libra esterlina|libras]] para financiar as conmemoracións nacionais do Centenario. Os aniversarios da declaración de guerra do Reino Unido a [[Imperio alemán|Alemaña]], o comezo da [[Ofensiva do Somme|batalla do Somme]],a [[batalla de Xutlandia]]e o armisticio de novembro de 1918 serán sinaladas como conmemoracións nacionais. A remodelación do Imperial War Museum, onde Cameron deu o seu discurso, será apoiada con 5 millóns de libras adicionais. Outros 5,3 millóns de libras financiarán as visitas de alumnos de escolas inglesas a campos de batalla da Fronte Occidental. O Heritage Lottery Fund aportará 15 millóns de libras esterlinas para proxectos comunitarios, liderados por xente nova, para conservar o patrimonio local relacionado coa guerra. Ademais, a conservación do antigo cruceiro lixeiro da [[Royal Navy]] HMS Caroline que combateu na batalla de Xutlandia apoiarase con ata 1.&nbsp;000.&nbsp;000 de libras esterlinas.
 
O Heritage Lottery Fund está proporcionando financiamento a proxectos educativos en campos como historia local, acceso online a museos e arquivos, proxectos xuvenís sobre patrimonio, [[xenealoxía|historia familiar]], a conservación de monumentos bélicos e a conservación de artefactos históricos.
Liña 32:
Os principais proxectos do Goberno de Nova Zelandia para o centenario inclúen o desenvolvemento dun Parque Nacional en Memoria da Guerra en [[Wellington]], un centro educativo e de interpretación no National War Memorial, unha serie de novas historias e rutas históricas en Gallipoli e ao longo da Fronte Occidental.
 
Constituíuse un Comité para o Centenario da Primeira Guerra Mundial, presidido por Brian Roche de Correos de Nova Zelandia. O papel do Comité é defender o Centenario da Primeira Guerra Mundial, atraer patrocinadores ou apoio filantrópico para os proxectos do centenario, coordinarse cos seus órganos equivalentes no estranxeiro, especialmente Australia; e asesorar ao goberno nas conmemoracións do centenario. Anne Salmond, Bob Harvey, Monty Soutar, Matthew Te Pou e Sir Peter Jackson son os outros membros.
 
Ademais das actividades locais e nacionais, Nova Zelandia tamén participará en actividades conmemorativas internacionais.
 
== Turquía ==
As conmemoracións do Día Oficial das ANZAC celebrarase en Gallipoli ([[Turquía]]) o 25 de abril de 2015, co gallo do 100º aniversario do desembarco de Gallipoli.
 
Liña 42:
A cidade de [[Saraxevo]], que foi durante a Primeira Guerra Mundial a capital da provincia [[Imperio austrohúngaro|austríaca]] de [[Bosnia e Hercegovina]] fixo plans para organizar a conmemoración entre os días 21-28 de xuño de 2014. O evento chámase '''Saraxevo corazón de Europa'''.
 
== Organizacións internacionais ==
A [[Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella|Cruz Vermella]] ten un arquivo de rexistros duns vinte millóns de soldados que foron capturados ou soterrados por outros países. Planea pór todos estes documentos on-line para o centenario.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.centenarynews.com/ Centenary News]
* [http://www.anzaccentenary.gov.au Anzac Centenary]
* [http://www.gallipoli2015.dva.gov.au Gallipoli 2015]
* [http://www.1914.org/ First World War Centenary] at the Imperial War Museum
* [http://www.europeana-collections-1914-1918.eu/ Europeana Collections 1914-1918]
 
[[Categoría:Primeira Guerra Mundial]]