Billy Wilder: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Wilder pasou a súa infancia e a súa mocidade en [[Austria]]. O seu primeiro traballo foi como cronista no [[xornal]] austriacoaustríaco ''Juranek''. Continuou traballando como cronista en [[Berlín]], tendo que alternar esta ocupación con outras para sobrevivir. Alí afeccionouse ó cine, tras ver diversas películas que lle impresionaron fondamente. Unha delas foi ''[[O acoirazado Potemkin]]'', de [[Sergei Eisenstein]]. Entrou a traballar para a [[UFA]] onde coñeceu aos grandes directores do momento.
 
Trala subida ó poder de [[Hitler]], Wilder viuse obrigado a abandonar [[Berlín]], debido á súa ascendencia [[xudeu|xudía]]. A súa nai morrería nos [[campo de concentración|campos de concentración]] de [[Auschwitz]]. Estivo en [[París]] e, desde alí, en [[1934]] trasladouse a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], xunto ó actor [[Peter Lorre]]. Wilder e Lorre compartiron apartamento, fame e momentos moi difíciles durante unha tempada. Alí comezou a traballar como [[guionista]] para a [[Paramount]], e tivo a ocasión de colaborar con [[Ernst Lubitsch]], o seu gran mestre. O día do seu funeral dixo: "Quedámonos sen Lubitsch. Peor aínda, quedámonos sen as películas de Lubitsch".