Dezasete Provincias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
svg replace (GlobalReplace v0.3)
m Bot - Celandia -> Zelandia; cambios estética
Liña 28:
As '''Dezasete Provincias''' é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos [[Países Baixos]] (''Nerderlanden'' ou ''Lage Landen'') que formaron unha entidade territorial vinculada á [[Casa de Habsburgo|dinastía Habsburgo]] durante o [[século XVI]]; e que aproximadamente cubría os actuais [[Países Baixos]], [[Bélxica]], [[Luxemburgo]], [[Norte, Francia|Norte de Francia]]) e unha pequena parte do Oeste de [[Alemaña]].
 
== Composición ==
O mapa (''Low coutries, 1477'') corresponde ás seguintes provincias:
 
# [[Ficheiro:Artois Arms.svg|15px]] [[Artois|Condado de Artois]]
# [[Ficheiro:Blason Nord-Pas-De-Calais.svg|15px]] [[Flandres|Condado de Flandres]], incluíndo os Burgrave de [[Lille]], [[Douai]], [[Orchies]] e Señorío de Tournai
# [[Ficheiro:Escudo de Malinas 1581.svg|15px]] [[Malinas|Señorío de Malinas]]
# [[Ficheiro:Namur Arms.svg|15px]] [[Condado de Namur|Condado de]] [[Namur]]
# [[Ficheiro:Blason fr Hainaut ancien.svg|15px]] [[Condado de Hainaut]]
# [[Ficheiro:Coatofarmszeeland.PNG|15px]] [[CelandiaZelandia|Condado de CelandiaZelandia]]
# [[Ficheiro:Counts of Holland Arms.svg|15px]] [[Holanda (rexión)|Condado de Holanda]]
# [[Ficheiro:Coat_of_arms_of_Brabant.svg|15px]] [[Ducado de Brabante]], incluíndo o Margrave de [[Antuerpen]], os condados de [[Leuven]] e [[Bruxelas]]
# [[Ficheiro:Limburg New Arms.svg|15px]] [[Ducado de Limburgo (1065–1794)|Ducado de Limburgo]], incluíndo os condados de [[Dalhem]] e [[Valkenburg]] o señorío de [[Herzogenrath]]
# [[Ficheiro:Armoiries Comtes de Luxembourg.svg|15px]] [[Luxemburgo|Ducado de Luxemburgo]]
# [[Ficheiro:Utrecht - coat of arms.png‎|15px]] [[Utrecht|Príncipe-Bispado de Utrecht]], máis tarde Señorío de Utrecht
# [[Ficheiro:Small coat of arms of Friesland.png|15px]] Señorío de [[Frisia]]
# [[Ficheiro:Armoiries Gueldre ancien.png|15px]] [[Gueldria|Ducado de Gueldria]] e [[Zutphen|Condado de Zutphen]]
# [[Ficheiro:Escudo de Groniga 1581.svg|15px]] [[Provincia de Groninga|Señorío de Groninga]]
# [[Ficheiro:Ommelanderwapen.jpg|15px]] [[Ommelanden]]
# [[Ficheiro:Drenthe wapen.svg|15px]] Señoríos de [[Drenthe]], [[Lingen]], [[Wedde]], e [[Westerwolde]]
# [[Ficheiro:Small coat of arms of Overijssel.svg|15px]] [[Overijssel|Señorío de Overijssel]]
 
Non sempre as Dezasete Provincias foron as mesmas, sendo representadas no Estados Xerais dos Países Baixos de diferentes xeitos, incluíndose ás veces algunhas provincias dentro doutras. Por exemplo, nos últimos anos o Condado de Zutphen converteuse en parte do Ducado de Gueldria, e o Ducado de Limburgo dependía do Ducado de Brabante. Por outra banda, as cidades francófonas de Flandres ás veces tamén foron recoñecidas como unha provincia.
Liña 56:
 
== Desenvolvemento histórico ==
=== Formación ===
En [[1549]], estabeleceuse na [[:s:fr:Pragmatique sanction de 1549|Pragmática Sanción]] que os territorios dos Países Baixos formarían unha entidade territorial indivisíbel, as Dezasete Provincias, que sería herdada polo mesmo monarca, o Señor dos Países Baixos (''Heer der Nederlanden'').
 
Desta forma, o ''Señor dos Países Baixos'' é unha forma descritiva para designar ao soberano dos territorios das Dezasete Provincias, e que englobaba os títulos de ''[[Ducado de Brabante|Duque de Brabante]] e [[Lotarinxia]], [[Limburgo]], [[Luxemburgo]] e [[Gueldria]], conde de [[Flandres]], [[Artois]], [[Hainaut]], [[Holanda (rexión)|Holanda]], [[CelandiaZelandia]], [[Namur]] e [[Zutphen]], [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Margrave do Sacro Imperio Romano]], [[Frisia|Señor de Frisia]], [[Malinas]], e das cidades, pobos e terras de [[Utrecht]], [[Overijssel]] e [[Groninga]]''.
 
O [[25 de outubro]] de [[1555]], o emperador [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]] abdicou en favor do seu fillo [[Filipe II de España|Filipe]] a xefatura de Orde do Toisón de ouro, o [[ducado de Borgoña]] e por tanto, os dezasete territorios dos Países Baixos.
 
=== A Guerra de Flandres ===
{{VT|Guerra dos Oitenta Anos}}
[[Ficheiro:1579 Union d'Utrecht-gl.svg|miniatura|esquerda|140px|Unión de Utrech e Unión de Arrás (1579)]]
Dentro da monarquía hispánica, os Países Baixos ofrecían unha boa vitalidade económica, cunha asentada clase mercantil, así que os intentos de incrementar os impostos para sufragar as guerras, a defensa dos seus privilexios e a difusión do calvinismo creou un foco de resistencia que conduciu á rebelión xeral na zona contra a política española.
 
En [[1568]], comezou a rebelión nos Países Baixos, que daría lugar [[Guerra dos Oitenta Anos]]. O [[5 de xaneiro]] de [[1579]], os Católicos formaron a ''Unión de Arras'', coas provincias de Artois, Hainaut e parte de Flandres (Lille, Douai e Orchies). Os Protestantes en contraposición constituíron o [[23 de xaneiro]] a ''Unión de Utrecht'' con Holanda, CelandiaZelandia, Utrecht, Gueldria, Groniga, e posteriormente cidades de Brabante e Flandres.<ref>[http://www.nationaalarchief.nl/content/jaartal/1500-1600/1579UnievanUtrecht.asp?ComponentID=3578&SourcePageID=3806#1 Collectie Nationaal Archie]</ref>
 
O [[26 de xullo]] de [[1581]], as provincias de Brabante, Gueldria, Zutphen, Holanda, CelandiaZelandia, Frisia, Malinas e Utrech,<ref>[http://www.h4.dion.ne.jp/room4me/docs/abj_dut.htm Transcrición da Acta de Abxuración.]</ref> anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co Rei de España Filipe II, polo ''Acta de Abxuración'', e elixiron como soberano a [[Francisco de Anjou]].
 
Porén, legalmente Filipe II non renunciou a eses territorios, e o gobernador dos Países Baixos [[Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza|Alexandre Farnesio]] iniciou a contraofensiva, recuperando á obediencia do rei de España [[Filipe II de España|Filipe II]] gran parte do territorio,<ref>[http://www.zum.de/whkmla/region/lowcountries/dutchrevolt.html WHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609]</ref> especialmente tralo ''asedio de Antuerpen'', mais parte deles volvéronse a perder trala campaña de [[Mauricio de Nassau]].
Liña 79:
Os tratados de paz con Francia ([[1598]]) e con Inglaterra ([[1604]]) e o esgotamento pola guerra levaron ao establecemento da tregua dos doce anos.
 
=== Escisión ===
Na práctica os territorios do norte formaban as [[Provincias Unidas]]: Holanda, CelandiaZelandia, Utrecht, Gueldria (con Zutphen), Overijssel (con [[Drente]]), Frisia e Groniga, ademais dos territorios da Xeneralidade (partes de Brabante, Flandres e Limburgo). E os territorios do sur baixo a soberanía dos Habsburgo, formaron os Países Baixos españois: Flandres, Artois, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Brabante, Antuerpen, Malinas e Limburgo. Isto reflectiuse nos ''Estados Xerais'' xa que en na parte norte establecéronse n'[[A Haia]] e na parte sur en [[Bruxelas]].
 
Deste xeito pola Acta de Abxuración de [[1581]] e a Tregua dos doce anos de [[1609]] formáronse dúas entidades políticas: ao norte, as [[Provincias Unidas]] e ao sur os Países Baixos españois. E pode darse por finalizado o período propiamente histórico das Dezasete Provincias e iníciase o dos [[Países Baixos dos Habsburgo]] ao sur do territorio, e as [[Provincias Unidas]] ao norte do territorio.
Liña 86:
En [[1621]], morreu o arquiduque Alberte sen ter descendencia, e pola Acta de Cesión de [[1598]], a pretendida soberanía sobre as 17 provincias (de feito a parte sur soamente), pasou ao rei de España e sobriño de Sabela Clara Euxenia, [[Filipe IV de España|Filipe IV]], o que coincidiu co final da tregua e o comezo da [[Guerra dos Trinta Anos]].
 
Finalmente, tras unha guerra infrutuosa, o [[30 de xaneiro]] de [[1648]], no tratado de Münster, España recoñeceu a total independencia da [[Provincias Unidas|República das Provincias Unidas]] e o Rei eliminou dos seu títulos o de ''Conde de [[Holanda (rexión)|Holanda]], [[CelandiaZelandia]] e [[Zutphen]],Señor de [[Frisia]] e das cidades, pobos e terras de [[Utrech]], [[Overijssel]] e [[Groninga]]''. Con este acto España recoñecía definitivamente a extinción das Dezasete Provincias.
 
== Escudos ==
<center><gallery>
Ficheiro:Drenthe wapen.svg|Señorío de Drente
Liña 114:
</gallery></center>
<center><gallery>
Ficheiro:Coatofarmszeeland.PNG|Condado de CelandiaZelandia
Ficheiro:Escudo de Zutphen 1581.png|Condado de Zutphen
Ficheiro:Blason_de_Tournai.svg|Bispado de Tournai
Liña 120:
</gallery></center>
 
== Notas ==
{{Listaref}}