Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot - ortografía: *sul -> sur; cambios estética
Liña 26:
As denominacións máis habituais son '''gaélico irlandés''' ou, simplemente, '''irlandés'''. A primeira permite distinguila das variantes faladas en [[gaélico escocés|Escocia]] e [[gaélico de Manx|Manx]], mais a segunda é a preferida polos irlandeses e é a que figura na Constitución da República de Irlanda. Para algúns, incluír "gaélico" no nome fai referencia a un pasado demasiado remoto e non actual, mentres que para outros utilizar só "irlandés" é como identificar ser irlandés con ser gaélico. Na Irlanda actual o termo '''gaélico''' fai referencia aos deportes irlandeses ([[hurling]], fútbol gaélico) e non á lingua.
 
No padrón oficial da lingua, ''Caighdeán Oifigiúil'', o nome é '''Gaeilge''', que reflicte a pronuncia {{IPA|/ˈgeːlʲgʲə/}} do dialecto do sulsur ([[Connacht]]). Con anterioridade á reforma ortográfica de [[1948]], esta forma escribíase '''Gaedhilge''', orixinariamente o [[xenitivo]] de '''Gaedhealg''', que é a forma utilizada en irlandés moderno clásico. Tamén se escribiu '''Gaoidhealg''' en irlandés medio e '''Goídelc''' en irlandés antigo.
 
== Estatuto oficial ==
Liña 112:
Tamén se pode engadir "está en el/ela", especialmente ao utilizar un adxectivo, cando se quer enfatizar a calidade:
:''Is fear láidir atá '''ann'''.'' "É un home forte."
: (Literalmente: "É un home forte que está en el.")
 
:''Is cailín álainn atá '''inti'''.'' "É unha rapaza linda."
Liña 160:
 
Exemplos:
* ''Gaedhealg / Gaedhilg(e) / Gaedhealaing / Gaeilic / Gaelainn / Gaoidhealg / Gaolainn'' => ''Gaeilge'', "lingua irlandesa" (''Gaoluinn'' ou ''Gaolainn'' aínda se utiliza nos libros de autores do dialecto de Munster, ou como designación pexorativa para eles).
* ''Lughbhaidh'' => ''Lú'', "Louth"
* ''biadh'' => ''bia'', "comida" (A ortografía ''biadh'' aínda a utilizan os falantes de dialectos que manteñen unha diferenza significativa entre ''biadh'' - nominativo - e ''bídh'' - xenitivo: "da comida". Por exemplo, no irlandés de Munster Irish o último remata nun -g audíbel porque o ''-idh, -igh'' final perde a [[lenición]] en ''-ig''.)
 
O inglés moderno só conta cun [[diacrítico]] o agudo (á é í ó ú) ''síneadh fada'' "marca longa". O diacrítico consistente nun punto superiro, chamado ''ponc séimhithe'' ou ''sí buailte'' deriva do ''punctum delens'' utilizado nos manuscritos medievais para indicar perda de lenición.
Liña 191:
A combinación da introdución do sistema educativo de [[educación primaria|primaria]], no que se prohibía o uso do irlandés e só se ensinaba o inglés, e a [[Gran Fame]] (''An Gorta Mór'') de mediados do [[século XIX]], que afectou especialmente aos habitantes das zonas máis pobres, acelerou o seu declinio. Os líderes políticos, como [[Daniel O'Connell]], eran críticos coa lingua, que vían como "reaccionaria". Os relatos contemporáneos mostran aos pais desaconsellándolles aos fillos que falasen irlandés e animándoos a empregar o inglés. Esta práctica continuou após a independencia e o estigma relacionado con falar irlandés mantívose forte. Apesar do intento de sucesivos gobernos irlandeses de promover a lingua, o seu declinio de falantes nativos dentro mesmo dos Gaeltacht tense acelerado, se ben o número dos que a saben falar no resto do país ten aumentado.
 
O movemento inicial de defensa da lingua partiu dos [[protestante]]s irlandes, como o linguista e relixioso [[William Neilson]] a finais do [[século XVIII]]. O maior pulo deuse coa fundación da [[Liga Gaélica]], ''Conradh na Gaeilge'', por [[Douglas Hyde]], que deu lugar ao [[Renacemento Gaélico]]. Entre os seus defensores estaban [[Patrick Pearse]] e [[Éamon de Valera]]. O interese no rexurdimento coincidiu con outros renacementos culturais, como a fundación da [[Asociación Atlética Gaélica]] e o incremento na representación de obras de teatro sobre Irlanda en inglés por autores como [[William Butler Yeats]], [[J.M. Synge]], [[Sean O'Casey]] e [[Lady Gregory]], co seu lanzamento do [[Teatro Abbey]].
 
Ainda que os autores do Teatro Abbey escribisen en inglés (e, de feito, a algúns desagradáballes o irlandés), a lingua influenciounos. A versión do inglés falada en Irlanda mantén semellanzas con modismos gramaticais irlandeses, o que se observan claramente nas obras de Yeats, [[George Bernard Shaw]], [[Oscar Wilde]] e máis recentemente [[Seamus Heaney]], [[Paul Durcan]], [[Dermot Bolger]] e moitos outros.
Liña 202:
Os tres primeiros presidentes ([[Douglas Hyde]], [[Sean T. O'Kelly]] e [[Éamon de Valera]]) falábanno ben, mais os posteriores non e o irlandés ficou relegado discursos ocasionais. Mesmo a lexislación parlamentaria só se publica con frecuencia exclusivamente en inglés, e o irlandés que se ve publicamente está moi "acastrapado" ou non é gramaticalmente correcto, o que irrita aos falantes nativos e aos seus inimigos.
 
A radio e televisión en gaélico (Gaeltacht radio e Teilifís na Gaeilge) teñen certo éxito, ainda que boa parte do seu éxito se debe a que emiten [[fútbol gaélico]], [[hurling]] e [[rugby]]. Publícase un xornal en irlandés, ''[[Lá]]'', un semanario, ''[[Foinse]]'', e os xornais ''[[Irish Times]]'' e ''[[Daily Ireland]]'' teñen páxinas en irlandés, que incluen un closario. Outras seis publicacións aparecen mensalmente.
 
=== Irlanda do Norte ===
Liña 209:
As actitudes cara o irlandés reflicten as diferenzas políticas tradicionais entre as dúas comunidades divididas. Os [[unionista]]s relaciónanna coa República, dominada por [[católico]]s e, máis recentemente, co movemento [[republicano irlandés]]. Moitos republicanos, incluído o presidente do [[Sinn Féin]], [[Gerry Adams]], aprenderon irlandés no cárcere, no que se chama ''jailtacht''. Ainda que se ensinase nos institutos de secundaria católicos, non o era nos centros públicos protestantes e os letreiros en irlandés estaban prohibidos.
 
Estas leis non foron abolidas até comezos da década de 1990. Porén, xa se fundaran escolas en irlandés ([[gaelscoil]]eanna'') en [[Belfast]] e [[Derry]]. O irlandés recibiu recoñecemento oficial por primeira vez en [[1998]] co [[Acordo do Venres Santo]].
 
== Véxase tamén ==
Liña 224:
* [http://www.naaclt.org/ North American Association for Celtic Language Teachers]
* [http://www.celticleague.org/ The Celtic League, American Branch (CLAB)]
* [http://www.gaelscoileanna.ie Gaelscoileanna]
* [http://www.uni-due.de/DI/ Discover Irish]