Xardinaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 9:
Galicia salienta polos xardíns históricos dos [[pazo]]s, influenciados pola xardinaxe moderna inglesa. Tamén polos xardíns, pomares e [[horta]]s nos eidos privados característicos do espallamento territorial do país onde se mesturan especies autóctonas e foráneas, [[Árbore froiteira|froiteiras]] e ornamentais.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Forestgarden2.jpg|miniatura|Xardín forestal do horticultor [[Robert Hart]] en Shropshire, [[Inglaterra]].]]
O [[xardín forestal]], un sistema de produción baseada en plantas para a alimentación, é a forma de xardinaxe non ornamental máis antiga do mundo<ref>{{cite book|title=The Forest Farms of Kandy: And Other Gardens of Complete Design|author=Douglas John McConnell|year=2003|page=1|url=http://books.google.co.uk/books?id=QYBSfUJPQXcC&lpg=PP1&dq=the%20forest%20farms%20of%20kandy%20and%20other%20gardens%20of%20complete%20design&pg=PA1#v=onepage&q&f=false|isbn=9780754609582}}</ref> Os xardíns forestais orixináronse en [[Prehistoria|tempos prehistóricos]] ao longo da beira dos ríos selvosos e ao pé dos [[Outeiro (orografía)|outeiroouteiros]]s húmidos das rexións monzónicas.
 
A medida que os pobos foron mellorando a contorna e o xeito de vida, fóronse identificando as especies arbóreas útiles ([[Árbore froiteira|froiteiras]], [[videira]]s, [[madeira]]...), desbotando as non útiles. Ás veces seleccionáronse e incorporáronse a hortas e xardíns especies foráneas, como é o caso do [[castiñeiro]] en Galicia.<ref>{{cite book|title=The forest-garden farms of Kandy, Sri Lanka|author=Douglas John McConnell|year=1992|page=1|url=http://books.google.co.uk/books?id=G3QPo7lThXsC&lpg=PP1&dq=The%20forest-garden%20farms%20of%20Kandy%2C%20Sri%20Lanka.&pg=PA1#v=onepage&q&f=false|isbn=9789251028988}}</ref>
 
Despois do xurdimento das primeiras [[civilización]]s, os individuos máis ricos comezaron a crear xardíns con propósitos puramente estéticos. As pinturas das tumbas [[Exipto|exipcias]] do 1500 antes de Cristo proban a existencia das primeiras hortas ornamentais e intentos de deseño da paisaxe; adoitan representar [[encoro]]s con [[Nelumbonaceae|lotolotos]]s arrodeados por ringleiras simétricas de [[acacia]]s e [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s.
 
Os xardíns ornamentais xa eran coñecidos no mundo antigo, o exemplo de máis sona é o dos desaparecidos [[Xardíns colgantes da Babilonia|Xardíns pénsiles da Babilonia]], unha das [[Sete marabillas do mundo]] antigo, así coma [[patrimonio da humanidade]]; os romanos tamén gostaban dos xardíns e atrios.
Liña 21:
O deseño de xardíns remóntase ao [[antigo Exipto]], onde os ricos empregábanos principalmente para se abeirar do sol. Os exipcios asociaban as árbores e os xardíns cos deuses; estes xardíns adoitaban estar coutados de valados ou sebes con [[Palmeira (botánica)|palmeira]] en ringleiras. Entre as especies máis populares estaban as [[datileira]]s, os [[sicómoro]]s, as [[figueira]]s, as [[amendoeira]]s e os [[salgueiro]]s. Estes xardíns eran símbolo dun status social elevado. Ademais os antigos exipcios tiñas [[viña]]s, sendo o [[viño]] xa un distintivos das clases sociais acomodadas. [[Roseira]]s, [[papoula]]s, [[margarida]]s e [[Iris (botánica)|lis]] eran tamén plantas comúns nestes verxeis.
 
Os [[Asiria|asirios]] tamén foron coñecidos polos seus fermosos xardíns. Estes acostumaban ser largos e amplos, moitos usados para [[cinexética|cazarías]] e outros para lecer. [[Alcipreste]]s e [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s eran das árbores máis sonadas. Crese que cando o imperio asirio caeu [[Babilonia]] desenvolveuse coma un vizoso imperio cos [[Xardíns colgantes da Babilonia|xardíns pénsiles]] coma símbolo de fortaleza.
 
Os xardíns da [[Imperio Romano|antiga Roma]] eran coñecidos polas súas estatuas e esculturas, sempre presentes na vida romana. Deseñábanse con [[sebe]]s e [[videira]]s e contiñan gran cantidade de flores, coma ''[[Acanthus]]'', [[centáurea]]s (''Centaurea cyanus''), [[sasafrán]] (''[[Crocus]]'' spp.), [[ciclame]]s (''[[Cyclamen]]'' spp.), [[xacinto]]s (''Hyacinthus orientalis''), [[lis]] (''[[Iris (botánica)|Iris]]'' spp.), [[hedra]]s, [[cantroxo]]s, [[Iris (botánica)|liriolirios]]s (''Lilium candidum''), [[Mirto|mirtas]] (''Myrtus commun''), [[Amarelle (planta)|amarelles]], [[papoula]]s ('' Papaver rhoeas''), [[romeu]] ('' Rosmarinus officinalis'') e [[Viola (xénero)|violaviolas]]s (''Viola odorata'').<ref name="localhistories">{{cite web|url=http://www.localhistories.org/gardening.html| title=A Brief History of Gardening|date=|accessdate= 2010-06-04}}</ref> Os leitos de flores ou parterres xa eran populares nos atrios dos romanos máis podentes.
[[Ficheiro:Mendel II 073 v.jpg|miniatura|200px|Un xardineiro a traballar, 1607.]]
 
A [[Idade Media]] representa un período de declive no que se refire á xardinaxe. Despois da caída de Roma a xardinaxe tivo só o propósito de menciñar (cultivo de [[Planta medicinal|herbas medicinais]]), ou para enfeitar [[Igrexa (arquitectura)|igrexaigrexas]]s, [[altar]]es e aras.
 
Os [[Xardín islámico|xardíns islámicos]] deseñáronse seguindo os modelos [[Persia|persianos]] e acostumaban estar choídos por valados ou muros e divididos en catro seccións con [[Canle (enxeñería)|cales]] de auga. Adoitaban ter no centro do patio unha [[pía]], un pequeno [[encoro]] ou un [[pavillón]] ornamental. Característico dos xardíns islámicos son os [[mosaico]]s e [[azulexo]]s usados para decorar os {{Dic|regueiro}}s e [[Fonte (arquitectura)|fontenlas]] cos que se enfeitan os atrios.
Liña 43:
En Galicia a xardinaría formal xurde na [[Idade Moderna]] nos [[pazo]]s cun estilo propio moi influenciado pola [[Xardín inglés|xardinaxe inglesa]]. A xardinaría colle folgos no século XIX co deseño de [[Alameda (xardinaxe)|alamedas]] co desenvolvemento das grandes cidades coma Vigo e A Coruña, axeitando antigos campos de feiras e [[carballeira]]s en novos parques e xardíns urbanos.
 
Excluíndo os pazos e [[Casa grande|casas grandes]], a xardinaxe popular non colle forma en Galicia até ben entrado o século XX. Anterior a estas datas o ''xardín'' galego só acollía especies útiles e comestíbeis: [[pomar]]es de [[Árbore froiteira|froiteiras]], [[viña]]s, [[souto (botánica)|soutosoutos]]s ou [[horta]]s ocupaban o eido arredor da casa. Algún signo ornamental podía atoparse á beira das casas: [[Hortensia (flor)|hortensiahortensias]]s, [[margarida]]s, [[roseira]]s, e pouco más.
 
Se ben nos espazos públicos, coma nos campos de [[feira]] xa se tiñan plantado especies para dar sombra, principalmente [[Carballo común|carballos]] que formaban as populares [[carballeira]]s que chegan aos nosos días; moitas delas convertidas en parques. Tamén salientan especies ornamentais nos adros das igrexas (principalmente [[oliveira]]s e [[teixo]]s) e nos [[cemiterio]]s ([[alcipreste]]s e [[teixo]]s).
 
O espallamento territorial característico de Galicia facilitan que a meirande parte das casas teñan hoxe un xardín no seu eido. As condicións climáticas de Galicia (alta humidade e temperaturas pouco extremas) fan posíbel en boa parte do territorio o desenvolvemento de especies atlánticas, mediterráneas e incluso tropicais. Así atopamos unha desorde moi característica no xardín da casa galega de hoxe, onde se mesturan dende especies autóctonas até foráneas, e dende [[Árbore froiteira|froiteiras]] a [[Planta ornamental|ornamentais]]; [[maceira]]s, [[videira]]s, [[Carballo (árbore)|carballos]] e [[roseira]]s conviven nun mesmo verxel con [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s, [[feixoa]]s, [[oliveira]]s, [[camelia]]s ou [[pradairo]]s xaponeses...
 
Ver sección 'Galicia' deste artigo.
 
== Tipos ==
[[Ficheiro:Jardim santa barbara.jpg|miniatura|Xardín de Santa Bárbara, en Braga, Portugal.]]
[[Ficheiro:Hanging baskets in thornbury arp.jpg|miniatura||200px|Queipos florais pénsiles en Thornbury, South Gloucestershire, [[Inglaterra]].]]
Liña 59:
* '''Xardín de interior''', é o relativo ao cultivo de plantas de interior dentro da vivenda ou nun invernadoiro. Ás veces comportan [[Aire acondicionado|ar acondicionado]] ou sistemas de calefacción.
* '''Xardín paisaxista''', é o xardín ecolóxico que emprega na plantación especies nativas ou co fin de crear un hábitat axeitado para a vida silvestre. Preténdese crear un xardín en harmonía coa contorna. Este tipo de xardín reduce o consumo de auga para rega, mantemento, custos de fertilización, ademais de incrementar o interese da fauna nativa. Un bo exemplo en Galicia serían as [[carballeira]]s.
* '''Xardín acuático''' ou de auga; sería o cultivo de plantas adaptadas a encoros e pozas. Os xardíns de [[turbeira]] ou [[Braña (terreo)|brañabrañas]]s son tamén considerados xardíns de auga, xa que requiren solos lamacentos. Estes xardíns cómpren de coidados especiais. O exemplo máis sinxelo e frecuente de xardín acuático é unha [[pía]] chea de auga con algunha planta. Os [[Acuario (recipiente)|acuarioacuarios]]s con vexetación tamén se incluirían nesta categoría.
* '''Xardín en contedor'''; trátase do cultivo de plantas en [[vaso]]s, [[testo]]s, [[cesta]]s, canastras ou calquera [[contedor]], tanto no interior coma no exterior. Este tipo de xardinaxe é típica en patios, soleiras, atrios, balcóns e [[terraza]]s. Tamén é típico pór testos na [[eira]] diante da casa.
* '''''Hügelkultur''''', é o cultivo de plantas e flores en leitos ou pías de madeira podre, compost ou [[estrume]], dándose a [[compostaxe]] in situ<ref name="richsoil">http://www.richsoil.com/hugelkultur/</ref>É un termo do [[lingua alemá|alemán]] que significa xardín amoreado. [[Toby Hemenway]], destacado autor e profesor de [[permacultura]], considera que soterrar estelas ou achas de madeira en sucos tamén é un xeito de '' hügelkultur'', xa que as plantas non deixan de medrar en madeira en descomposición aínda que sexa nun rego.<ref>Hemenway, Toby (2009). Gaia's Garden: A Guide to Home-Scale Permaculture. Chelsea Green Publishing. pp. 84-85. ISBN 978-1-60358-029-8.</ref> A ''hügelkultur'' practícaa [[Sepp Holzer]] como un xeito de xardinaxe forestal e agroforestal, e tamén [[Geoff Lawton]] en xardinaría desértica.<ref>http://permaculture.org.au/2009/12/11/greening-the-desert-ii-final/</ref> Pode ser un bo método ecolóxico de [[fxación do carbono|fixación de carbono]] cando se cultiva en grandes volumes de estrume ou restos vexetais ou madeireiros.<ref name="richsoil" /> É tamén unha forma de [[xeroxardinaxe]] (xardinaxe con pouco uso de auga).
* '''Horta comunitaria''', é unha [[leira]] xestionada por un grupo de xente, converténdose máis ben nunha actividade social. Nesta agra prodúcense hortalizas frescas pero tamén serve coma área de lecer, esparexemento, sociabilidade e contacto coa natureza. É típica no norte de Europa, estando en Galicia aínda pouco desenvolvida.<ref>{{cite web|url=http://www.communitygarden.org/learn/ |publisher=American Community Garden Association |year=2007 |title=What is a community garden?}}</ref><ref>Hannah, A.K. & Oh, P. (2000) Rethinking Urban Poverty: A look at Community Gardens. ''Bulletin of Science, Technology and & Society.'' 20(3). 207-216.</ref> Estes xardíns comunitarios adoitan ser propiedade dos concellos.<ref>Ferris, J., Norman, C. & Sempik, J. (2001) People, Land and Sustainability: Community Gardens and the Social Dimension of Sustainable Development. ''Social Policy and Administration.'' 35(5). 559-568.</ref>
* '''Xardín compartido'''; son xardíns típicos das urbanizacións anglosaxoas de casas acaroadas. Un mesmo terreo (diante ou detrás da vivenda) poder pertencer a varios veciños. Empréganse como zonas de lecer ou coma hortas ou [[cortiña]]s.
 
== Xardineiros ==
{{APArtigo principal|Xardineiro}}
[[Ficheiro:gardening.jpg|miniatura|200px|Xardineiro.]]
[[Ficheiro:Royal Gardener John Rose and King Charles II - Hendrick Danckerts 1675.jpeg|miniatura|200px|[[Hendrick Danckerts]], xardineiro real de John Rose e do rei Carlos II de Inglaterra, 1675.]]
Liña 73:
Tamén pode se referir aos paisaxistas, enxeñeiros ou arquitectos, que acostuman ser principalmente deseñadores de áreas verdes, máis ca da parte hortícola.
 
== Elementos ==
[[Ficheiro:Maceta. Rianxo. Galicia-Galiza.jpg|miniatura|Maceta con flores nunha rúa de [[Rianxo]].]]
{{APArtigo principal|Elementos arquitectónicos de xardín}}
A xardinaxe pode ser realizada tanto dende un punto de vista profesional coma de hobby; con fins estéticos, terapéuticos, ou como xeito de obtención de alimento.
 
Liña 86:
Unha decoración cos elementos axeitados engade personalidade e beleza ao xardín, e, dependendo da situación, tamén achegará funcionalidade.
 
Os camiños, por exemplo, son funcionais para o mantemento do xardín, pero ademais poden ser un elemento decorativo se se cobren con diferentes materiais coma [[frouma]] ou [[arume]], [[casca]] de piñeiro, [[estela]]s de madeira, [[grixo]], [[ladrillo]]s ou [[Cachotería|cachotes]]. Así mesmo no deseño son importantes os fondos que poden incluír muros, valados, ou [[sebe]]s, que aportan privacidade á zona , agochan elementos ou vistas non desexadas, e salientan outras.<ref>{{cite web|url=http://www.gardeningknowhow.com/shade/decorating-your-shade-garden.htm| title=Decorating Your Shade Garden|date=|accessdate= May 31, 2010}}</ref>
 
Os enreixados, [[pérgola]]s, [[parra|parreiras]] e [[Arco (arquitectura)|arcos]] aportan altura e se empregan para que as [[Planta rubideira|rubideiras]] gabeen. Cos enreixados créanse separación a xeito de xardíns verticais. As pérgolas aportan sombra nun camiño ou nunha mesa; denomínanse parras cando a especie plantada é unha [[videira]]. Mentres que os arcos adoitan situarse en camiños e entradas para decorar principalmente con [[roseira]]s e outras gateadoras, ademais de dar profundidade á paisaxe.<ref>{{cite web|url=http://www.backyardcity.com/Garden-Arbors-Trellis-Designs.htm| title=Garden Arbors, Arches & Trellises|date=|accessdate= May 31, 2010}}</ref>
Liña 92:
Tamén o alumeado é importante nos xardíns que se usan á noite. Os accesorios van dende [[candea]]s, [[lanterna]]s, [[lámpada]]s de aceite, [[candil|candís]] até [[farol|farois]], tochas, ou fachas.
 
[[Comedeira]]s, manxadoiras, [[bebedoiro]]s, e [[bañeira]]s son boas opcións para convidar aos paxaros a encher o xardín. Poden estar feitos de madeira, mentres que os bebedoiros e bañeiras acostuman ser [[pía]]s ou [[maseira]]s. Ademais aportan un bo punto estético.
Tamén pendurar casetos nas árbores para que os paxaros [[Niño|aniñen]] é unha boa escolla.
 
Liña 101:
Outros accesorios que poden personalizar os xardíns son as [[bóla]]s de xardinaxe, [[gong]]s, figuriñas de [[gnomo]]s, [[trasno]]s ou animais, cestos, testos, espeques, traveseiros do [[camiño de ferro]], pequenos [[muíño]]s, etc.<ref>{{cite web|url=http://www.garden-accessories-tools.com/| title=Gardening Accessories Tools|date=|accessdate= May 31, 2010}}</ref>
 
O novo xardín particular galego ten elementos especiais e diferenciais, moitas das veces é unha transformación da antiga casa, onde o eido transfórmase en xardín, a horta e o pomar en arboredos ou zonas de céspede con piscina, a [[eira]] e o eirado en patios, parras en pérgolas de flores e [[planta rubideira|rubideiras]], a [[palleira]] e o [[alpendre]] en [[garaxe]] ou casas de verán. É por isto que elementos e ferramentas da antiga vida agrícola pasen a ser reempregados na xardinaxe moderna coma elementos decorativos: rodas do [[carro]], candís, [[xugo]]s ou [[canga]]s, etc. O [[Hórreo galego|hórreo]] acostuma conservarse no novo xardín, incluso en ocasións son novos ou se trasladan dende outro lugar simplemente coma elemento decorativo. Nalgunhas ocasións a caixa de madeira desaparece e se empregan os esteos e [[tornarratos]] coma pezas decorativas do xardín, o mesmo que fan en Inglaterra cos pés (chamados ''staddles stones'') dos seus antigos [[Celeiro (construción)|celeiroceleiros]]s, moi semellantes aos [[hórreo]]s, desaparecidos coa chegada da revolución industrial. Tamén é común atopar nos xardíns galegos [[pía]]s de pedra coma floreiros ou fontes, antigos bebedoiros das galiñas, ou incluso grandes [[maseira]]s empregadas outrora coma manxadoiras dos porcos.
 
Nalgunhas ocasións aparecen as [[Moa (pedra)|moamoas]]s ou capas dos antigos muíños hidráulicos e até [[cruceiro]]s coma elementos decorativos.
 
== Viveiros e centros de xardinaría ==
Os viveiros e centros de xardinaría principalmente venden plantas, substratos, fertilizantes e agroquímicos, artigos diversos, ferramentas, maquinaria e accesorios de xardín, porén recentemente tamén comezan a vender artigos de lecer coma [[moblaxe]], [[churrasco|churrasqueiras]], [[randeeira]]s, ''jacuzzis'', agasallos, artigos para mascotas, roupa, etc.
 
== Comparación coa agricultura ==
A xardinaxe con fins estéticos e case tan vella coma a agricultura hortícola, porén ao longo da historia a maioría da xente preocupouse máis polas plantas útiles que pola estética. Mais a pequena escala é difícil distinguir a agricultura de subsistencia da xardinaxe. Unha cortiña de patacas para un labrego peruano ou para un irlandés podería describirse coma un xardín ou coma unha leira dependendo do punto de vista. En xeral o termo xardinaría ten máis connotacións estéticas ca produtivas, aínda que nos países desenvolvidos a tendencia é unha xardinaxe semiprodutiva (combinar a horta co xardín).
 
Liña 120:
Ás veces tamén se emprega o termo agricultura de precisión para describir unha xardinaxe que usa unha tecnoloxía intermedia (máis que simples ferramentas tradicionais e algo menos que as grandes máquinas colleiteiras), especialmente na [[agricultura ecolóxica]] ou orgánica. Unha boa xardinaxe a pequena escala con hortas pode alimentar a unha aldea cunha poboación de 100 habitantes. Unha variante é a xardinaxe comunitaria, que ofrece pequenas hortas para cidadáns urbanos.
 
== Xardinaxe coma arte ==
{{VT|Paisaxismo}}
[[Ficheiro:Schultenhof Mettingen Bauerngarten 8.jpg|miniatura|Xardín en [[Mettingen]], [[Alemaña]].]]
O deseño de xardíns considérase unha arte na maioría das culturas, diferenciándose da xardinaría, que só acostuma se referir ao coidado dos mesmos. O deseño de xardíns pode dividirse nunha temática moi variada: xardíns perennes, de bolboretas, salvaxes, xaponeses, acuáticos, tropicais, sombrizos.<ref>{{cite web|url=http://www.gardenamateurs.com/flower.php| title=Flower Gardens Care and Supplies|date=|accessdate= 2010-06-04}}</ref> No Xapón, [[Samurai]]s e monxes [[Zen]] dedicábanse a cotío ao deseño de xardíns decorativos, ou habilidades como [[Floraría|arranxos florais]] (coñecidos coma ''[[ikebana]]''). Na Europa do século XVIII, moitas propiedades rurais foron redeseñadas por xardineiros converténdoas en xardíns formais ou parques paisaxistas; é o caso de [[Versalles]] en Francia ou [[Stowe]], [[Buckinghamshire]] en Inglaterra.
 
Hoxe, os paisaxistas e deseñadores de xardíns continúan a producir deseños artisticamente creativos para espazos públicos e privados.
Liña 129:
En Galicia o deseño paisaxístico e de xardíns está moi pouco desenvolvido.
 
== Aspectos sociais ==
Os xardíns poden ser considerados un bo reflexo da sociedade. Isto vese ben en Galicia, onde a desorde e a falla de planificación da xardinaxe vai en par dun estilo arquitectónico denominado [[feísmo]], propio dunha sociedade pouco desenvolvida, polo menos no eido estético.
 
Moitas veces a sociedade necesita de espazos verdes para se relaxar. Outras moitas, os parques son lugares de expresións sociais.
 
A xente adoita arrodear as súas fincas con [[sebe]]s e xardíns para obter privacidade. En Galicia abúsase dos muros para conseguir un espírito de privacidade aínda maior. Especies axeitadas para as sebes serían o [[alfaneiro]] (''Ligustrum vulgare'') , o [[estripeiro]], a [[faia]], o [[teixo]], o [[Cupressus x leylandii |alcipreste de Leyland]] (''[[Cupressus x leylandii]] ''), a [[tsuga]] ('' [[ Tsuga sieboldii]]''), a [[tuia]] (''[[Thuja occidentalis]]''), os ''[[Berveris]]'', o [[buxo]], o [[acivro]], a [[Camelia do Xapón|camelia]], o [[Adelfa|loendro]], as ''[[forsythia]]s'' e o [[cantroxo]]. A idea dun xardín sen valos, malia ser vantaxoso para a vida salvaxe, carece de privacidade.
 
O movemento [[Slow Food]] tense visto nalgúns países como un xeito de engadir nas escolas infantís clases de horticultura e xardinaxe en pequenas hortas, como xa ocorre nalgunhas escolas de [[Fergus, Ontario]] no [[Canadá]].
Liña 144:
Tamén está a gañar popularidade o concepto de "xardinaxe verde" (''"green gardening"''), que, o mesmo que ocorre na agricultura ecolóxica profesional, implica o cultivo de plantas usando tan só fertilizantes e pesticidas ecolóxicos ou orgánicos, de xeito que se respecta máis o medio ambiente á vez que a saúde humana.
 
== Pragas e pestes no xardín ==
[[Ficheiro:Man applying fertilizer.jpg|miniatura|Home a aplicar [[pesticida]]s.]]
Unha peste ou praga de xardín é xeralmente un [[insecto]], [[planta]] ou [[animal]] que o xardineiro considera indesexábel na súa leira.
 
No caso das plantas denomínanse [[Mala herba|malas herbas]] ou herbas daniñas ou adventicias. Cómpre desfacerse delas co uso de [[herbicida]]s ou apañándoas manualmente, pola contra provocarán un dano nas plantas ornamentais, ou empeorarán o seu aspecto. No caso das hortas, diminúen as colleitas ou danan a calidade da froita.
Posto que os xardineiros e horticultores poden ter diferentes finalidades, os organismos considerados coma pragas poden ser considerados dun xeito moi diferente duns a outros.
Liña 158:
Hai diferentes xeitos de eliminar as pragas do xardín. A técnica depende da praga, o obxectivo final e mais da filosofía do xardineiro. Por exemplo, os caracois poderíanse eliminar con [[pesticida]]s químicos, orgánicos, apañándoos a man ou incluso co uso de plantas resistentes aos mesmos. Cómpre ter en conta que algúns [[becho]]s, como as [[xoaniña]]s ou algunhas [[aves]] son beneficiosas, e poden verse afectadas polo uso de pesticidas. Un exemplo é a toxicidade dos [[neonicotinoide]]s, que poden ser fatais para as [[abella]]s do mel.<ref>{{cite web|url=http://www.sciencemag.org/content/early/2012/03/28/science.1215039| title=A Common Pesticide Decreases Foraging Success and Survival in Honey Bees|date=|accessdate= 29-3-2012}}</ref>
 
== Galicia ==
{{APArtigo principal|Xardinaxe en Galicia|Xardíns de Galicia}}
[[Ficheiro:Pazo de Castrelos, xardín.jpg|miniatura|Xardín no [[Pazo de Castrelos]], [[Vigo]].]]
A xardinaxe en Galicia remóntase a época [[Cultura castrexa|castrexa]] coa aparición das primeiras [[horta]]s. As casas romanas trouxeron a xardinaxe ornamental aos primeiros patios. Na idade media tan só subsistiu nos [[claustro]]s dos [[mosteiro]]s, rexurdindo con forza na [[Idade Moderna]] nos [[pazo]]s cun estilo propio moi influenciado pola [[Xardín inglés|xardinaxe inglesa]], onde a pedra ten unha presenza especial, e colle folgos no século XIX co deseño de alamedas co desenvolvemento das grandes cidades.
 
Excluíndo os pazos e [[Casa grande|casas grandes]], a xardinaxe popular non colle forma en Galicia até ben entrado o século XX. Anterior a estas datas o ''xardín'' galego só acollía especies útiles e comestíbeis coma xa comentamos anteriormente.
Liña 167:
Se ben nos espazos públicos, coma nos campos de [[feira]] xa existían [[carballeira]]s artificiais para dar sombra; moitas delas convertidas hoxe en parques.
 
O espallamento territorial característico de Galicia, unido á bonanza climática, facilitan que a meirande parte das casas teñan hoxe un xardín que inclúe especies tropicais, mediterráneas e oceánicas. Malia que adoitan carecer dun estilo definido ou un deseño paisaxístico estudado, conta con elementos especiais e diferenciais con outras zonas de Europa e da península ibérica. Podemos dicir que é unha mestura entre a xardinaxe mediterránea e a inglesa ou atlántica.
 
Moitas das veces incorpóranse elementos da antiga casa e é a propia eira a que pasa a xardín; as antigas parras en pérgolas de [[planta rubideira|rubideiras]], ou o [[alpendre]] en [[garaxe]]. Ademais elementos e ferramentas da antiga vida agrícola pasen a ser reempregados na xardinaxe moderna coma elementos decorativos: rodas do [[carro]], , [[xugo]]s. O [[Hórreo galego|hórreo]] acostuma conservarse no novo xardín, ou polo menos os esteos e [[tornarrato]]s coma pezas decorativas. Tamén é común atopar nos xardíns galegos [[pía]]s de pedra, [[Moa (pedra)|moamoas]]s dos antigos muíños hidráulicos, e até [[cruceiro]]s.
 
=== Exemplos de xardinaxe en Galicia ===
{{APArtigo principal|Xardíns de Galicia}}
Galicia conta con moi bos exemplos de xardíns formais, principalmente nas cidades, vilas e castelos. Pero a máxima e máis pura representación de xardín galego dáse nos [[pazo]]s. A seguir algúns dos maiores exemplos de xardinaxe en Galicia.
 
Liña 180:
Situado en Vigo, corresponde á antiga quinta do [[Pazo de Castrelos|Pazo Quiñones de León]], que pertenceu entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, dende Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até [[Fernando Quiñones de León e Elduayen]], marqués de Valadares e de Mos. Hoxe pertence ao concello de Vigo. Salienta a superficie arborada de todo o parque, atravesado polo [[río Lagares]], con árbores de interese, e dominando o [[plátano común|plátano]] (''Platanus x hispanica'') como especie principal. Nos anos 90 do século XX ampliouse con acerto paisaxístico unha zona con varias lagoas e fontes. A horta traseira do pazo transfórmase a finais do século XIX, segundo parece coa firma lusa [[Jacintho de Mattos do Porto]], ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, [[roseira]]s da parte superior, [[xardín francés]], [[xardín inglés]] e bosque.
 
Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das fiestras, o [[Racionalismo|racionalista]]: simétrico, estable e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da [[sebe]] de buxos. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns e pagodes a escala. Destaca o paseo con dobre fileira de [[Camelia do Xapón|cameliacamelias]]s chamado Paseo de [[Antonio Odriozola]] en honra do estudoso deste xénero. Conduce cara o viveiro e a cancha de tenis, que data da introdución deste deporte en Galicia cando na ría ancoraban naves inglesas. Asemade, atoparemos nesta zona estremeira do bosque unha liña dos [[Eucalipto azul|eucaliptoeucaliptos]]s plantados no ano 1872 e un orixinal [[Pombal (edificio)|pombal]] ergueito sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras. Salientan moitos exemplares ornamentais, entre eles a [[Camelia do Xapón|camelia]] máis vella de Galicia, algúns ''[[Ficus]]'', [[magnolia]]s (''[[Magnolia grandiflora]]''), [[árbore das tulipas|árbores das tulipas]] (''Liriodendron tulipifera''), [[faia]]s, [[teixo]]s, [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s, [[acacia]]s, etc.
 
Foi declarado [[Xardín Histórico]] e Ben de Interese Cultural en 1955.
 
* '''[[Castelo de Soutomaior]]'''.
[[Ficheiro:Castelo de Soutomaior, xardíns.JPG|miniatura|Xardíns no [[Castelo de Soutomaior]].]]
O xardín fica nunha coutada duns 16 mil metros cadrados que conta cunhas 200 especies botánicas. En 2012 obtivo, durante o Congreso Internacional da [[Camelia]] celebrado na cidade [[China|chinesa]] de [[Chuxiong]], o recoñecemento coma Xardín de Excelencia Internacional, unha distinción única na península, o sétimo en Europa en acadar tal recoñecemento, do que só hai 18 exemplos no mundo; ademais de en Galicia, no Xapón, en Australia, en Italia, na Suíza, en Sudáfrica, na China e nos Estados Unidos de América. A ''Sociedade Internacional da Camelia'' (SCI) valorou o peso da [[camelia]] nos xardíns do castelo, con 330 [[cultivar]]es, 25 [[especie]]s e 29 [[híbrido]]s de [[Camelia|camelias]]. Ademais posúe unha colección de camelias históricas do [[século XIX]] –entre elas o exemplar máis vulminoso de [[camelia do Xapón]] de Galicia. A [[Estación Fitopatolóxica do Areeiro]], preto de Pontevedra leva programas de investigación sobre a camelia.
Liña 190:
Salientan ademais 12 exemplares de árbores incluídas no [[Árbores senlleiras de Galicia.|Catálogo de Árbores Monumentais de Galicia]], como algúns exemplares de [[castiñeiro]]s con 800 anos de antigüidade. <ref>[http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/02/12/jardines-castillo-soutomaior-excelencia-internacional/623009.html]</ref>
 
* '''[[Pazo de Oca]]'''.
[[Ficheiro:Pazo de Oca estanque 2.JPG|miniatura|Encoro nos xardíns do [[Pazo de Oca]], [[A Estrada]].]]
 
O [[pazo]], situado na parroquia de [[Oca, A Estrada|Santo Estevo de Oca]], no concello da [[A Estrada|Estrada]], constrúense entre os séculos [[século XVII|XVII]] e o [[século XVIII|XVIII]] xunto a unha vella [[Castelo (fortificación)|fortaleza]] [[Idade Media|medieval]]. Posúe os xardíns máis soados de todos os pazos galegos, con especies de árbores pouco frecuentes e, entre outros elementos, [[Pombal (edificio)|pombal]], capela, [[pontella (pasaxe)|pontellas]] e un encoro con [[parrulo]]s e [[ganso]]s. Algúns dos exemplares botánicos coma a ''[[Camellia reticulata]]'' (camelia reticulada) a ''[[Cryptomeria japonica]]'' (cedro do Xapón) ou as formacións de [[buxo]]s e de [[Tileiro de folla grande|tileiros]] figuran no catálogo de [[Árbores senlleiras de Galicia]].
 
* '''[[Pazo de Ortigueira]]'''.
Áchase en Santa Cruz de Ribadulla, no concello de [[Vedra]]. O xardín do pazo teñen máis de 200 variedades de plantas, moitas delas árbores centenarias, estanques, bancos de pedra, así como o ''camiño das oliveiras'' en forma de cruz. O que fora presidente do Colexio de Farmacéuticos de [[Pontevedra]] [[Esteban Areses Vidal]] (1888-1984) dixo deste xardín en 1951:
{{cita|''Poucos, moi poucos parques e xardíns botánicos, públicos e particulares, sen exceptuar os de moitas capitais de primeira orde, poden ostentar tanta variedade, riqueza e fermosura, non brindar con tanta magnificencia de natureza e arte''.}} Alfonso Armada, o propietario actual, expresa, nun parágrafo revelador, o legado recibido, do que se converteu en celoso conservador:
{{cita|Santa Cruz de Ribadulla é a miña propiedade. Alí está o pazo, que hoxe é xardín, cunha casa grande. Pasou de casal a torre, de torre a granxa, de granxa a xardín; como se formou o parque, como se reuniron os libros da biblioteca, de onde viñeron as plantas?... Esa é a historia do pazo.}}
 
* '''[[Pazo de Mariñán]]'''.
Áchase en [[Bergondo]] (A Coruña). O xardín do pazo conta con exemplares botánicos de grande importancia, tres deles figuran no [[Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia]]: un[[érbedo]], a pacana de Illinois ''[[Carya illinoensis]]'', e os [[Eucalipto azul|eucaliptos azuis]]. Ademais o grupo de [[Plátano común|Plátanos comúns]] figura no mesmo catálogo, na categoría de formacións senlleiras.
 
* '''[[Pazo de Lourizán]]'''.
Xoia do patrimonio botánico de Galicia que conta cun [[arboredo]] de 54 hectáreas con máis de 1900 grandes exemplares de todo o mundo arrodea o romántico pazo. Ademais atopamos o [[herbario Merino]]. A primeira casa-granxa data do [[século XV]], que foi restaurada até se converter na residencia estival do avogado e político galego [[Montero Ríos]]. Da vella casa só se conserva o pombal [[Amea|ameado]] de planta circular. O pazo actual é unha obra decimonónica do arquitecto [[Genaro de la Fuente]], cunha orixinal mestura de [[clasicismo]] [[Modernismo|modernista]], con reloxo no canto de escudo, terraza superior, escalinata imperial, estatuas de inspiración clásica e grande fiestraxe acristalada que dotan os interiores de luz e lixeireza. O [[pazo]] de Lourizán, ademais dun lugar para o descanso, foi un centro de referencia política e social, onde se tomaron decisións de transcendencia un nacional. Dende os anos 40 pertence á Deputación de Pontevedra. En 1946 constitúese coma Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes; hoxe é un centro de investigacións [[Forestal|forestais]], mantendo conxunto o pazo e o predio, cunha flora de carácter monumental, conservando a estrutura do xardín herdeira da época de Montero Ríos.
 
Entre as especies, numerosas árbores autóctonas coma [[Carballo común|carballos]], [[castiñeiro]]s, [[bidueiro]]s, [[videira]]s e outras foráneas coma [[cedro]]s, [[araucaria]]s, [[magnolia]]s, [[camelia]]s, [[alcipreste]]s, [[ligustro]]s ou [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s. A contorna vexetal fora realizada por especialistas franceses en xardinaxe, unha parte destinada ao cultivo da vide e outra a especies exóticas. A nómina de árbores monumentais amosa unha tendencia ao orientalismo. Así, por exemplo, no fermoso exemplar da árbore das pagodes na á dereita do edificio, ou no [[fento]] arborescente de Tasmania ou na elección no céspede ofiopogon ou herba Mondo.
 
A pedra e a auga xunto ás plantas outorgan ao predio esa fermosura dos xardíns dos pazos galegos. Entre o mobiliario os bancos e unha mesa de peza granítica, os [[Celeiro (construción)|celeiroceleiros]]s, ou o [[Pombal (edificio)|pombal]]. Sen dúbida un dos elementos máis rechamangueiro do recinto é o grande invernadoiro de deseño modernista, único no país polas súas dimensións e fábrica de metal e vidro. Na parte traseira, xunta a estación metereolóxica áchase un [[alpendre]] e un [[hórreo galego|hórreo]] de oito pares de pés datado no ano 1798. Dende aquí parte un camiño cara ao bosque de variadas especies e enlaza cos vieiros avesedos do regato dos Trois que atravesa parte do predio. O circuíto por el conduce á parte máis agreste pero con recunchos de grande plasticidade visual alén do interese científico.
 
A elegancia do mármore branco transfórmase e dá forma ás estatuas, alzándose esveltas na entrada e ocultas entre a vexetación. Achegándose a calquera das [[fonte]]s: a da Cuncha ([[século XVIII]]), a dos Tornos ([[século XVII]]) con lavadoiro, a dos Tres Canos, a do Patio, a da Gruta dos Espellos ([[século XIX]]), escóitase o manar da auga formando parte do ciclo da vida.<ref>[http://www.depontevedra.es/?1,3086]</ref>
 
* '''[[Souto da Retorta]]''' ('''eucaliptal de Chavín''').Trátase dun [[arboredo]] situado en [[Chavín, Viveiro|Chavín]], ([[Viveiro]]), na beira do [[río Landro]]. No souto destaca unha formación duns 600 [[Eucalipto azul|eucaliptos]] (''Eucalyptus globulus''), algúns deles centenarios e de gran tamaño. O [[Avó de Chavín]] é un eucalito de 126 anos, cunha altura de 71,4 metros e un perímetro de 7,6 metros, é o máis voluminoso do mundo, e a árbore máis alta de Europa. O ano [[2000]] foi incluído entre os [[Espazo natural protexido|Espazos naturais protexidos]] baixo a figura de [[Monumento natural]] <ref>Decreto 77/2000, de 25 de febreiro (DOG nº 72, de 12 de abril de 2000).</ref>.
 
* '''[[Xardín Botánico Ría do Burgo|Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye]]''', xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ao concello de Culleredo.
 
* '''[[Xardín Botánico da Pinguela]]''', [[xardín botánico]] duns 20 000 m2 de extensión, pertencente ao Instituto de Ensino Medio da Pinguela de [[Monforte de Lemos]].
 
* '''[[Carballeira de Caldas de Reis|Parque-Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis]]''', [[xardín botánico]] situado de forma lineal nas marxes do [[río Umia]], en [[Caldas de Reis]]. A súa historia remóntase ao ano 1863, cando estaban en todo o seu auxe os [[balneario]]s de [[Auga termal|augas termais]] o que impulsou o proxecto dunha alameda en Caldas, o mesmo que ocorreu noutros balnearios de Galicia onde atopamos especies interesantes coma en [[Mondariz-Balneario|Mondariz]]. Na parte da [[carballeira]] dábase unha antiga feira. Neste enclave atópanse multitude de especies arbóreas, na súa gran maioría exóticas.Salienta a colección de [[camelia]]s, sendo dignos de mención dous antigos exemplares de [[Camelia do Xapón|''Camellia japonica'']] “Mathotiana Alba” dun considerábel tamaño.O parque xardín e carballeira foi declarado Ben de Interese Cultural e posúe entre os seus exemplares catro árbores consideradas [[Monumento natural|Monumentos Naturais]].
 
* '''[[Xardín de San Carlos]]''', situado na cidade vella da [[A Coruña|Coruña]], foi construído coma castelo defensivo fóra das murallas no [[século XIV]] e quedaría unido á cidade no XVI.
[[Ficheiro:Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|Xardíns do [[Arquivo do Reino de galicia]], na [[A Coruña|Coruña]]]]
 
* '''[[Xardín botánico da Universidade de Santiago de Compostela]]''', ambicioso proxecto aínda en fase de execución nas aforas de [[Santiago de Compostela]] xunta o [[río Sarela]]. Acadará as 11 hectáreas e será chamado ''Xardín da deusa Sacia'', estará dedicado principalmente á investigación do xénero [[Camellia]], e á preservación da flora autóctona e ameazada do país.
 
* '''[[Xardín botánico de Padrón|Xardín Botánico-Artístico de Padrón]]''', Unha hectárea de superficie, declarado [[Ben de Interese Cultural]] e [[Xardín Histórico]] en 1946.<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=26424&ctre=19]</ref>
 
* '''[[Carballeira de Santa Susana]]''', é a alameda de [[Santiago de Compostela]], parte do antigo bosque do [[Libredón]] que arrodeaba o achado da tumba do [[Santiago o Maior|Apóstolo]]. Dende o Paseo da Ferradura hai unhas fermosas vistas da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral]]. O xardín ocupa aproximadamente 80.000 m2, na zona denominada Campo da Estrela áchase unha das partes máis humanizadas do xardín, con elementos que falan desde a súa creación como parque no século XIX, aínda que a historia do terreo remóntase ao XVI, até elementos das reordenacións principais a partir do 1918 e outros contemporáneos. Exemplificado nas estatuas, é o camiño que vai desde a monumental dedicada a [[Méndez Núñez]] con gran soporte, á representación a rentes do chan das [[As dúas Marías|Dúas en Punto]]. Estes xardíns acumulan interesantes reseñas botánicas e conducen asemade ao paseo central con dúas fileiras de bancos e o palco da música. Contabilízanse unhas cincuenta especies diferentes que supoñen un total de mil trescentas unidades repartidas por todo o parque. De xeito individual salientamos as [[magnolia]]s doadas pola [[Sociedade Económica de Amigos do País]] en 1878. A denominada Ferradura co paseo dos Leóns e o Campiño arrodea un outeiro miúdo sobre o que se ergue unha das dúas igrexas que se achan dentro do perímetro da alameda. É esta a igrexa e couto de santa Susana coa soada [[carballeira]] cuxa estampa enxebre se completaba coa [[feira]] do gando que aquí se celebraba até hai unhas décadas. Cara ao oeste aínda queda a zona axardinada do Paseo das Letras Galegas presidida pola monumental estatua homenaxe a [[Rosalía de Castro]] e o Paseo de Bóveda. Comunica co campus universitario mediante unha formidábel escalinata e un miradoiro. Así mesmo son rechamantes os edificios de fasquía [[Modernismo|modernista]] que tamén podemos atopar dentro do parque.
 
* '''[[Alameda e Xardíns de Vicente]]''', alameda de [[Pontevedra]].
 
* '''[[Parque Rosalía de Castro]]''', en [[Lugo]], conta cunha superficie de 23 hectáreas.
 
* '''[[Illa das Esculturas]]''', en [[Pontevedra]]. O maior museo ao ar libre de Galicia, unha illa nas marxes do [[río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]], antigo [[Eucalipto azul|eucaliptal]], hoxe reconvertido en xardín escultórico.
* '''[[Alameda da Praza de Compostela]]''', en [[Vigo]], conta cunha extensión de 9.000 m2, deseñado no século XIX nun recheo do antigo Areal para o ensanche da cidade. O [[piñeiro de Australia]] (''Casuarina equisetifolia'') que se atopa cara a zona final da alameda, preto do Areal, figura no Catálogo de [[Árbores senlleiras de Galicia]] pola súa monumentalidade.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
[[Ficheiro:Hayes-Valley-Farm by Zoey-Kroll fava-hillside.jpg|miniatura|[[Fabeira]]s plantadas na granxa ''Hayes Valley Farm'', unha granxa escola comunitaria con terreos nos noiros dunha autoestrada de San Francisco ([[Estados Unidos de América|EUA]]).]]
=== Outros artigos ===
* [[Xardíns de Galicia]]
* [[Bonsai]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.turgalicia.es/localizador-de-recursos?filtro=%23TP:5 Xardíns e parques en Galicia] en [[Turgalicia]]
* [http://www.garden.org National Gardening Association] ([[Estados Unidos de América|EUA]])