Sistema de escrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 4:
[[Ficheiro:WritingSystemsOfTheWorld gl.svg|miniatura|dereita|550px|Sistemas de escrita no [[Terra|mundo]]]].
 
== Propiedades xerais ==
''Os sistemas de escrita'' diferéncianse doutros posíbeis sistemas de [[comunicación simbólica]], en que un sistema de escrita está sempre asociado a, polo menos, unha [[lingua falada]]. Pola contra, as representacións visuais como [[debuxo]]s, [[pintura]]s, e elementos non verbais nos [[mapa]]s, como liñas fronteirizas, non están asociados a unha lingua. Algúns símbolos [[Información|informativos]], como os de ''home'' e ''muller'', tampouco están asociados a ningunha lingua, porén poden chegar a formar parte da [[linguaxe]] se se presentan frecuentemente xunto con outros elementos [[Lingüística|lingüísticos]]. Algúns outros [[símbolo]]s, como os [[número]]s e o símbolo ''&'', non están asociados a ningunha lingua específica, mais se usan habitualmente na [[escrita]] e, xa que logo, deben ser considerados como integrantes dun sistema de escrita.
 
Liña 10:
 
Todos os sistemas de escrita necesitan:
* Un conxunto de elementos básicos definidos ou símbolos, denominados individualmente caracteres, e colectivamente '''script'''.
* Polo menos un conxunto de regras e convencións ([[ortografía]]) entendidas e compartidas por toda a comunidade, e que dotan de significado aos elementos básicos ([[grafema]]s), ao seu ordenamento e ás relacións entre eles.
* Como mínimo unha lingua (xeralmente falada) cuxas construcións son representadas e que pode ser rememorada por medio da interpretación do seus elementos e regras.
* Algúns medios físicos de representación distintiva dos símbolos mediante a aplicación a un medio permanente ou semipermanente, de xeito que poidan ser interpretados (normalmente dun xeito visual, aínda que foron ideados tamén sistemas táctiles).
 
== Terminoloxía básica ==
[[Ficheiro:Caslon-schriftmusterblatt.jpeg|miniatura|dereita|250px|Modelos de tipos e estilos de [[letra]]s de [[1728]].]]
O estudo dos sistemas de escrita seguiu camiños independentes nos distintos tipos de scripts, polo tanto a terminoloxía empregada difire dun a outro.
Liña 25:
Un grafema concreto pode ser representado de moitas formas, nas que as variacións son visíbeis dunha ollada, pero todas elas se interpretan como representación do mesmo grafema. Estas variacións individuais son coñecidas como [[alógrafo]]s do grafema (compárese co termo lingüístico [[alófono]]). Por exemplo, a letra minúscula "a" ten diferentes alógrafos cando se escribe en [[cursiva]] ou [[negra]], e nos distintos [[Tipografía|tipos de letra]]. A elección dun alógrafo está influenciada polo medio para o rexistro, o instrumento de escrita, a elección estilística do escritor, os grafemas anteriores e posteriores no texto, o tempo dispoñíbel para a escrita, a audiencia a quen vai dirixida, e unha gran cantidade de características inconscientes da [[escrita manual]] individual.
 
Os termos ''[[glifo]]'', ''[[signo]]'' e ''carácter'' úsanse ás veces para se referir ao grafema. A elección varía dunha disciplina a outra; compárese cando se fala dos signos [[Escrita cuneiforme|cuneiformecuneiformes]]s, dos glifos [[Escrita maia|maiamaias]]s ou dos caracteres [[Escrita chinesa|chineschineses]]es. Os glifos da maioría dos sistemas de escrita están feitos con liñas (ou trazos), polo que se lle chaman [[Escrita lineal|lineais]]. Porén, hai sistemas de [[Escrita non lineal|escrita non lineais]] nos que os glifos fanse con outro tipo de marcas como o cuneiforme e o [[Braille]].
 
Os sistemas de escrita son [[Sistema conceptual|sistemas conceptuais]], como tamén o son as linguas ás que se refiren. Os sistemas de escrita poden ser considerados como ''completos'' cando son capaces de representar toda a extensión dos significados expresados pola lingua falada.
 
== Historia dos sistemas de escrita ==
[[Ficheiro:Jiahu writing.svg|miniatura|100px|Algúns dos símbolos do sistema de escrita Jiahu.]]
 
Os sistemas de escrita foron precedidos pola [[protoescrita]], sistemas [[Ideograma|ideográficos]] e/ou símbolos [[Mnemotécnica|mnemotécnicos]]. Os exemplos mellor coñecidos son:
* [[Escrita Jiahu|Símbolos de Jiahu]], gravados en caparazón de [[tartaruga]] en [[Jiahu]] ([[China]]) cara [[-6600|6600 AC]].
* [[Escrita Vinča|Signos Vinča]] ([[Táboas de Tartaria]]), cara [[-5300|5300 AC]].
* [[Escrita hindú|Scripts hindús]] temperáns, cara [[-3500|3500 AC]].
 
A invención dos primeiros sistemas de escrita coincide aproximadamente co comezo da [[Idade do Bronce]], no [[Neolítico]] tardío a finais do [[-4000|4º milenio AC]]. A [[escrita cuneiforme]] do [[Lingua sumeria|sumerio]] arcaico e os [[Xeróglifo exipcio|xeróglifos exipcios]] son considerados comunmente como os sistemas de escrita máis antigos, os dous xorden dos seus ancestrais símbolos protoalfabéticos do período [[-3400|3400]]-[[-3200|3200 AC]] cos primeiros textos coherentes arredor de [[-2600|2600 AC]]. Está xeralmente aceptado que a escrita sumeria foi unha invención independente; porén se discute se a escrita exipcia desenvolveuse completamente independente da sumeria, ou se foi un caso de [[difusión cultural]].
Liña 41:
Hai un debate similar co [[Escrita chinesa|Script chinés]], que se desenvolveu arredor do [[-1200|1200 AC]].
 
Está xeralmente aceptado que os sistemas de [[escrita precolombina|escrita precolombinos]] de [[Mesoamérica]] (entre outros o scripts [[Escrita olmeca|olmeca]] e [[Escrita maia|maia]]) tiveron unha orixe independente.
 
Crese que o primeiro escrito baseado nun [[alfabeto consonántico]] apareceu antes do [[-2000|2000 AC]] como unha representación da linguaxe desenvolvida polas [[tribo]]s [[semitas]] da [[península do Sinaí]]. Moitos outros [[alfabeto]]s actuais quer evolucionaron desta innovación, moitos a través do [[alfabeto fenicio]], quer foron directamente inspirados polo seu deseño.
Liña 47:
O primeiro alfabeto auténtico é o [[Alfabeto grego|grego]] que representa [[vogais]] dun xeito consistente desde o [[-800|800 AC]]<ref>Coulmas (1996)</ref><ref>Millard (1986) páx. 396</ref>. O [[alfabeto latino]], descendente directo do grego, é con moito o máis común dos sistemas de escrita en uso<ref name=Haarmann>Haarmann (2004) páx. 96</ref>.
 
== Clasificación funcional dos sistemas de escrita ==
[[Ficheiro:Puyi's schoolbook - Forbidden City.JPG|thumb|dereita|Libro de texto de [[Puyi]] onde se observa o [[alfabeto]] [[Lingua inglesa|inglés]]. Aínda que as letras inglesas van de esquerda a dereita, as explicacións en [[Lingua chinesa|chinés]] van de arriba a abaixo, como tradicionalmente se escribe.]]
Téñense feito varias clasificacións dos sistemas de escrita. A máis común e básica delas é a que divide os sistemas en tres amplos tipos: '''logográficos''', '''silábicos''' e '''alfabéticos''' (ou '''segmentarios'''). Porén, os tres tipos poden atoparse en calquera sistema de escrita en diferentes proporcións, facendo con frecuencia difícil clasificar un sistema dun modo único. O termo '''sistema complexo''' úsase ás veces para describir aqueles sistemas nos que esta amálgama fai problemática a clasificación. Lingüistas modernos teñen en conta estas aproximación.
Liña 120:
|}
 
=== Sistemas de escrita logográficos ===
[[Ficheiro:日-oracle.svg|150px|miniatura|Carácter arcaico chinés para "sol" (''ri''), 1200 A.C.]]
[[Ficheiro:日-order.gif|thumb|150px|Carácter moderno chinés (''ri'') co significado ''sol'' ou ''día'']]
{{APArtigo principal|Logograma}}
As formas de escrita máis antigas que se coñecen foron primariamente de natureza logográfica, isto é, baseadas en elementos [[Pictograma|pictográficos]] e [[Ideograma|ideográficos]].
 
Liña 130:
Como cada carácter representa a unha palabra simple (ou, de xeito máis preciso, a un [[morfema]]), se necesitan moitos logogramas para escribir tódalas palabras dunha lingua. O vasto corpus de logogramas e a memorización do seu significado son as principais desvantaxes dos sistemas logográficos sobre os sistemas alfabéticos. Pola contra, como o significado é inherente ao símbolo, o mesmo sistema logográfico pode, en teoría, ser usado para representar diferentes linguas. Na práctica, isto é certo só para linguas fortemente relacionadas, como as [[linguas chinesas]], pois as restricións sintácticas reducen a posibilidade de portabilidade dun certo sistema logográfico. O [[Lingua xaponesa|xaponés]] usa profusamente [[Kanji|logogramas chineses]] no seus sistemas de escrita, tendo moitos dos signos os mesmos ou similares significados. Porén, as [[semántica]]s, e especialmente a [[gramática]], son o suficientemente distintas como para que un texto chinés longo sexa ilexíbel para un lector xaponés sen coñecementos básicos de gramática chinesa, se ben frases curtas e concisas como os signos e as cabeceiras das novas dos [[Xornal|xornais]] son moito máis fáciles de comprender.
 
Mentres que a maioría das linguas non usan totalmente sistemas logográficos, moitas usan algúns logogramas. Un bo exemplo de logogramas occidentais modernos son os [[números|números]] hindú-arábicos &ndash; calquera que use estes símbolos entende o que significa '''1''' independentemente que lle chame ''un'', ''one'', ''eins'', ''uno'', ''yi'', ''ichi'', ''ehad'', ''ena'' ou ''jedan'' &ndash;. Outros logogramas occidentais amplamente extendidos son o símbolo ''[[e comercial]]'' '''&''' usado en lugar da conxunción ''e'', a ''[[arroba]]'' '''@''' usada en moitos contextos como o [[Informática|informático]], o ''símbolo do tanto por cento'' '''%''', e moitos símbolos de moedas como o [[Dólar estadounidense|dólar]] ('''$'''), o [[euro]] ('''€'''), a [[Libra esterlina|libra]] ('''£'''), o [[ien]] ('''¥'''), etc.
 
Ás veces os logogramas son chamados ideogramas, unha palabra que se refire a símbolos que representan graficamente unha idea abstracta, pero os lingüístas evitan este uso pois, igual que os caracteres chineses son con frecuencia compoñentes semántico&ndash;fonéticos, os símbolos teñen un compoñente que representa o significado e un compoñente fonético complementario que representa a pronunciación. Algúns non lingüistas distinguen entre [[lexicografía]] e [[ideografía]], onde os símbolos lexicográficos representan palabras e os símbolos ideográficos representan palabras ou morfemas.
Liña 136:
O máis importante (e, e certa medida, o único supervivinte) dos sistemas de escrita logográficos modernos é o Chinés, cuxos caracteres foron ou son usados, con distintos graos de modificación, en Chinés, Xaponés, Coreano, Vietnamita, e outras linguas do [[Sueste asiático]]. Os xeróglifos do Exípcio Antigo e o sistema de escrita maia son tamén sistemas cunhas certas características logográficas, aínda que tamén estableceron características fonéticas e non teñen un uso cotián.
 
=== Sistemas de escrita silábicos ===
{{APArtigo principal|Silabario}}
Así como os sistemas de escrita logográficos usan un único símbolo para unha palabra enteira, un '''silabario''' é un conxunto de símbolos escritos que representan (ou aproximan) [[sílaba]]s, as cales forman palabras. Tipicamente, un símbolo dun silabario representa un son [[Consoante|consonántico]] seguido dun son [[Vogal|vogálico]], ou un son vogálico só.
 
Liña 150:
Outras linguas que usaban ou usan silabarios auténticos son o [[grego micénico]] ([[lineal B]]) e as [[linguas nativas americanas]] como o [[Lingua cheroqui|cheroqui]]. Algunhas linguas do [[Antigo Oriente]] usaban formas de [[cuneiforme]], que é un silabario con algúns elementos non silábicos.
 
=== Sistemas de escrita segmentarios: Alfabetos ===
{{APArtigo principal|Alfabeto}}
 
Un '''alfabeto''' é un pequeno conxunto de '''letras''' &mdash; símbolos básicos da escrita &mdash; cada unha das cales representa aproximadamente ou representaba historicamente un [[fonema]] dunha lingua falada. A palabra ''alfabeto'' deriva de [[Alfa (letra)|alfa]] e [[beta]], as dúas primeiras letras do [[alfabeto grego]].
Liña 159:
Alfabetos perfectamente fonolóxicos son de fácil aprendizaxe e uso, e as línguas que o teñen (por exemplo, o [[Lingua finesa|finés]]) posúen moitas menos barreiras á alfabetización que linguas como o inglés, que ten un sistema moi complexo e irregular. Como as linguas xeralmente se desenvolven independentemente dos seus sistemas de escrita, e na maioría das veces os sistemas de escrita foran importados de linguas con estruturas bastante diferentes, o grao en que as letras dun alfabeto corresponden aos fonemas varían grandemente dunha lingua a outra, ou incluso dentro dunha mesma lingua. Actualmente, os [[lingüista]]s teñen inventado sistemas de escrita para linguas orais, a meta xeralmente ten sido producir alfabetos perfectamente fonolóxicos.
 
==== Sistemas de escrita consonánticos: Abjads ====
[[Ficheiro:Abjad.svg|miniatura|A palabra ''abjad'' escrita en [[Lingua árabe|árabe]]]]
{{APArtigo principal|Abjad}}
O primeiro tipo de alfabeto en ser desenvolvido foi o '''abjad'''. Un abjad é un sistema de escrita alfabético onde hai un símbolo por [[consoante]]. Os abjads difiren dos alfabetos regulares no feito de que estes posúen caracteres apenas para sons consonánticos. As vogais xeralmente non son marcadas nun ''abjad''.
 
Liña 172:
A palabra abjad aínda é usada para nomear o alfabeto en [[Lingua árabe|árabe]], malaio e [[Lingua indonesia|indonesio]].
 
==== Sistemas de escrita con vogal inherente: Abugidas ====
{{APArtigo principal|Abugida}}
[[Ficheiro:Balinese writing on palm leaf.jpg|miniatura|250px|Manuscrito abugida balinés en folla de palmeira (cara 1800)]]
Un '''abugida''' é un sistema de escrita alfabético cuxos símbolos básicos denotan consoantes cunha vogal inherente, onde modificacións consistentes dun símbolo básico indican outras vogais alén da inherente.
Liña 185:
O nome ''abugida'' deriva dos catro primeiros caracteres da escrita etíope, tal como é usada nalgúns contextos relixiosos. O termo foi acuñado por Peter T. Daniels.
 
=== Sistemas de escrita trácicos ===
[[Ficheiro:A Elbereth Gilthoniel-teng.svg|miniatura| O himno ''A Elbereth Gilthoniel'' escrito en [[Tengwar]] por [[J. R. R. Tolkien]] na súa novela [[O Señor dos Aneis]].]]
Un script '''trácico''' representa detalles máis finos que un alfabeto. Os símbolos non representan fonemas completos, senón os elementos (trazos) que forman os fonemas, como a sonorización ou o seu lugar de articulación. Teoricamente cada trazo podería ser escrito cunha letra distinta; e abjads e abugidas, ou mesmo os silabarios, poderían ser trácicos, pero o único sistema prominente desta clase é o [[Lingua coreana|coreano]] [[hangul]]. En hangul, os símbolos trácicos se combinan para formar letras alfabéticas, e a unión destas forman bloques silábicos, de tal xeito que neste sistema se combinan tres niveis de representación fonolóxica. Moitos académicos, como John DeFrancis, rexeitan esta clase de escrita, ou alomenos etiquetar ao hangul como tal. O script coreano é un conciso script creado por instruídos expertos, ao que Daniels chama unha "sofisticada escrita artificial".
 
Son sistemas trácicos algunhas escritas [[Taquigrafía|taquigráficas]] e aqueles sistemas creados por aficionados e escritores de ficción como o [[Tengwar]], creado por [[J. R. R. Tolkien]]. Nestes sistemas artificiais, moitos dos trazos de avanzado deseño gráfico corresponden a propiedades fonolóxicas. A unidade básica de escrita destes sistemas pode representar desde fonemas ata palabras. Tense amosado que mesmo o script latino ten subcaracteres trácicos<ref>[http://www.uni-koeln.de/phil-fak/idsl/dozenten/primus/publikationen/Primus_Featural_Analysis_2004.pdf Primus, Beatrice. 2004. A featural analysis of the Modern Roman Alphabet. ''Written Language and Literacy, 7.2'', 235–274] {{En}}</ref>
 
=== Sistemas de escrita ambiguos ===
A maioría dos sistemas de escrita non son puramente dun tipo. Como xa se mencionou, os sistemas logográficos teñen compoñentes fonéticas, ben a través das liñas dun silabario, como no chinés ("logosilábico"), ou ben dun adjab, como no exípcio ("logoconsonático").
 
Liña 198:
O [[Zhùyīn fúhào]], script fonético resumido para o chinés, divide as sílabas en dous ou tres caracteres fonéticos máis que en consoantes e vogais. O similar [[Pahawh Hmong]] é equivalente a un abugida pero coas funcións de consoante e vogal invertidas. Outros scripts están a medio camiño dos alfabetos abjad e abugida polo que pode haber desacordo en como terían que ser clasificados.
 
== Clasificación gráfica dos sistemas de escrita ==
[[Ficheiro:Braille G7.svg|miniatura|A letra G escrita no sistema non lineal [[Braille]]]]
Se cadra, a primeira distinción que se fai ao clasificaren graficamente os sistemas de escrita sexa a ''linealidade''. Os sistemas lineais son aqueles nos que os caracteres están compostos de liñas, como o alfabeto latino e os caracteres chineses. Estes últimos considéranse lineais cando se escriben con bolígrafo ou pluma ou son fundidos en bronce. Analogamente, os xeróglifos exipcios ou os glifos maias foron con frecuencia representados con formas lineais, mais en contextos formais foron esculpidos en [[baixorrelevo]]. Os exemplos máis antigos de escrita son lineais: a escrita sumeria cara ao 3.300 AC era lineal, inda que os seus descendentes [[Escrita cuneiforme|cuneiformes]] non o foron. Pola contra, os sistemas non lineais como o [[Braille]], non están compostos de liñas, calquera que sexa o instrumento usado para escribilo.
Liña 208:
Hai tamén adaptacións non lineais transitorias do alfabeto latino, incluíndo o [[código Morse]], o [[alfabeto manual]] de varias [[Linguaxe de signos|linguaxes de signos]], e o [[Semáforo (comunicación)|semáforo]], no que as bandeiras ou as barras semafóricas se colocan formando ángulos preestablecidos. Así a todo, se se define a escrita como un medio potencialmente permanente de gravar información, entón estes sistemas de ningún modo poden ser calificados como escrita pois os símbolos desaparecen tan pronto como son usados.
 
=== Direccionalidade ===
[[Ficheiro:Writing directions of the world.svg|thumb|400px|Dirección dos sistemas de escrita mundiais.]]
 
Liña 217:
O [[alfabeto Uighur]] e os seus descendentes son únicos en seren escritos en sentido vertical descendente, de esquerda a dereita da páxina; esta dirección orixinouse a partir da ancestral dirección da escrita semítica ao rotar a páxina 90º no sentido contrario ao das agullas do reloxo para conseguir unha aparencia semellante á da escrita vertical chinesa. Algúns scripts usados nas [[Filipinas]] e [[Indonesia]], como o [[Hanunó'o]], tradicionalmente se escriben afastando as liñas do escritor en sentido vertical ascendente, mais se len horizontalmente de esquerda a dereita.
 
== Sistemas de escrita nos ordenadores ==
[[Ficheiro:Recycling symbol2.svg|miniatura|O punto de código en [[Unicode]] do símbolo internacional da reciclaxe é U+277B]]
Xeralmente, nos [[ordenador]]es e nos sistemas de [[telecomunicación]]s non se codifican os sistemas de escrita como tales, pero os grafemas e outras unidades similares que son necesarios para o procesamento de texto se representan por "caracteres" que se manifestan tipicamente en forma cifrada. Hai moitos estándares diferentes de [[Codificación de caracteres|cifrado]], como o [[ISO/IEC 8859-1]] (orientado ao script latino), os caracteres [[Caracteres CJK|CJK]] (chinés, xaponés, coreano), e o [[texto bidireccional]]. Hoxe, moitos de tales estándares están redefinidos nun estándar colectivo, o [[ISO/IEC 10646]] ou UCS (Universal Character Set), e no moi semellante e máis expandido Estándar Unicode. Ambos englóbanse xeralmente baixo a denominación [[Unicode]]. En Unicode, a cada carácter dun sistema de escrita de calquera lingua, se lle asigna (simplificando lixeiramente) un número único de identificación, coñecido como '''número''' ou '''punto de código''' (''code point''). Os [[Sistema operativo|sistemas operativos]] usan o punto de código para buscar os caracteres no arquivo de fontes de letra, de tal xeito que os caracteres poidan ser vistos na pantalla ou no papel.
 
O dispositivo máis común para a escrita por medio do ordenador é o [[Teclado de ordenador|teclado]]. Cada tecla está asociada cun código estándar que o teclado envía ao ordenador cando se preme nela. Mediante o uso simultáneo dunha tecla alfabética e outra especial como as teclas ''Ctrl'', ''Alt'', ''Shift'' e ''AltGr'', xéranse máis códigos de caracteres que son enviados á [[CPU]]. O sistema operativo intercepta e converte esos sinais nos caracteres axeitados e envíaos, xunto cos códigos convertidos, á aplicación de [[software]] activa, que busca o glifo apropiado no arquivo de fonte activo e require do sistema operativo a súa visualización na pantalla.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outras páxinas ===
* [[Escrita]]
* [[:Categoría:Sistemas de escrita|Sistemas de escrita]]
=== Bibliografía ===
* {{cite book|last=Coulmas|first=Florian|title=The Blackwell Encyclopedia of Writing Systems|year=1996|publisher=Blackwell Publishers Ltd.|location=Oxford|isbn=0-631-21481-X}} {{En}}
* [[Peter T. Daniels|Daniels, Peter T.]], and [[William Bright]], eds. 1996. ''The World's Writing Systems''. [[Universidade de Oxford|Oxford University]] Press. ISBN 0-19-507993-0. {{En}}
* DeFrancis, John. 1990. ''The Chinese Language: Fact and Fantasy''. Honolulu: [[Universidade de Hawaii|University of Hawaii]] Press. ISBN 0-8248-1068-6 {{En}}
* {{Cite book
| last = Haarmann
Liña 261:
* Smalley, W. A. (ed.) 1964. ''Orthography studies: articles on new writing systems''. London: United Bible Society. {{En}}
 
=== Ligazóns externas ===
* Cisse, Mamadou. 2006. [http://www.sudlangues.sn/spip.php?article101 Escritos e escritas en África do Oeste]. Sudlangues n°6 {{Fr}}
* [http://writsy.oxfordjournals.org/current.dtl/ Investigación dos sistemas de escrita] Primeiro asunto libre dun xornal adicado á investigación dos sistemas de escrita {{En}}
* [http://www.archchinese.com/ Arco Chinés (Tradicional e Simplificado)] Animacións de caracteres chineses de escritura e pronunciación de falantes nativos {{En}}